Moi bos días/tardes/noites queridos lectores
En primeiro lugar temos que pedir excusas pola non previa da semana pasada, e pola tardanza e a curteza da de esta semana, pero outras obligacións fan que atopar un intre ó longo da semana para informar da actualidade DCM'ista fágase un pouco complicado. Aínda así na medida do posible intentaremos seguir co noso compromiso de informar do DCM.
Esta semana o equipo rosiña vai recibir ó Bar Secundino. Con este partido pecharase unha volta, que se pode calificar como positiva para o DCM, que foi quen de obter bos resultados ante os equipos que están por debaixo súa na táboa clasificatoria, pero que cos tres rivales da zona alta recibíu goleadas moi escandalosas, algo que terá que intentar cambiar na segunda volta, saíndo a xogar contra estes equipos sen complexos e confiado en que poden obter os 3 puntos.
Pero antes de todo isto, para manter as opcións de ascenso, faise preciso gañar ó resto dos equipos da táboa clasificatoria, comezando por un Bar Secundino, que non lle vai por nada fácil as cousas ós nosos. Un vistazo á clasificación fai ver que o equipo secundinense é un equipo que encaixa poucos goles (so leva 3 goles máis encaixados que os nosos), pero que pola contra cústalle facer gol na portería rival. Polo tanto o equipo do DCM debe saír coa máxima concentración posíbel para evitar recibir goles, xa que despois poderíaselle por o partido moi na contra, como xa aconteceu a semana pasada onde o equipo saíu cos brazos caídos. Ademais o Bar Secundino chega en racha, xa que a pasada fin de semana obtivo 4 puntos (dos 12 que leva) e que lle sitúan a un só punto de saír dos postos de descenso.
Polo tanto o DCM debe saír coa máxima intensidade, é intentando facer un partido solvente, como xa fixo semanas atrás. Saíndo a xogar sen complexos e con alegría, de seguro que o equipo será quen de facer un completo partido e desta forma ter moitas opcións de rematar a primeira volta coa nada desprezábel cifra de 26 puntos e con tan só 3 derrotas no seu casilleiro, as recibidas ante os 3 equipos que lideran a táboa. Para este partido a convocatoria do DCM será a formada por Jorge na porta, Selu, Vare e Xmon na defensa, Emi, Pani e Davo para as posicións defensivas e a dúbida de Chap, quen non está confirmado que por fin estea liberado dos seus compromisos estudiantís.
O partido será ás 18:30 no pavillón de Bembrive, agardemos que algún seareiro do DCM poida acuidir ó partido para evitar o vacío das gradas que se está a dar nos últimos partidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario