domingo, 2 de febrero de 2014

Non máis Erros. Cafetería Zaida vs DCM

Boas tardes queridos lectores.

Esta tarde o DCM disputa un importante partido ante o Cafetería Zaida, un dos dous únicos equipos que na primeira volta conseguiu sacarlle un empate ó DCM. Naquel partido xogado no pavillón do Calvario, o equipo rosiña adiatábase no marcador por 2-0, pero en un par de minutos fatídicos preto do final deixábase empatar polo equipo visitante.

Actualmente o Cafetería Zaida sitúase na novna posición da táboa clasificatoria, con 4 partidos gañados, 4 empatados e 5 perdidos, polo que podemos ver que se trata dun equipo bastante equilibrado no seus números, incluso na golaveraxe onde conta con 36 goles a favor e 39 na contra, un balance de menos tres goles.

O DCM pola súa banda chega ó partido tras unha dolorosa derrota a pasada fin de semana ante o Cafetería Danais, que deixa ó equipo sen marxe de erro para manterse próximo ás posicións que dan dereito ó ascenso á primeira división. O equipo debe recuperar o seu mellor nivel esta fin de semana para seguir demostrando que é un dos equipos fortes deste grupo de Vigo En Xogo.

Para este partido o equipo recupera a Yago, que tamén estivo na primeira volta ante o Cafetería Zaida, e co cal o DCM conseguiu bos resultados cunha referencia ofensiva clásica. O resto da convocatoria á conforman Jorge, que deberá facer esquecer a súa mala actuación da semana pasada, Vare, Xmon e Selu para as posicións defensivas e Davo, Pani e Emi para as posicións ofensivas.

A hora (18:00)  e o terreo de xogo non podería ser mellor, xa que o partido xogaráse no pavillón de Candean, un campo cunhas condicións diametralmente opostas ó lamentable estado das pistas do Estadio Municipal de Balaídos. Un campo moderno e cun terreo de xogo cómodo e que non causa lesións por si só, como poden ser A Mina, Balaidos, Fronton e Vermella, campos que non deberían estar a disposición de ningunha liga, ata que se solventen os seus problemas estruturais, que poden ser moi periogosos para os xogadores.


Se non recordan como acceder ó pavillón de Candean, aquí van as indicacións:

- Coller a Avenida do Aeroporto
- Avanzar nela ata chegar ó cruce de subida ó Vigozoo.
- Seguir as indicacións do zoo ata que chegue o cruce dos campos deportivos (Veranse os campos despois do cruce a esquerda) nese cruce seguir recto, ata que uns metros máis adiante verase a asociación de veciños detrás da cal se atopa o pavillón de Candeán.
(máis abaixo indicacións gráficas)

 - XaimeRuta dende a Avda do Aeroporto

- Cruce na Avda do Aeroporto (coller a subida á esquerda)

 - Cruce cos campos deportivos do Celta (seguir recto)

  - Chegada a Asociacións de Veciños de Candeán (O Pavillón está detrás)

- Fachada e Interiores do Pavillón

Fotos Cortería de Faro de Vigo, Google e Estudios Naos Arquitectura


No hay comentarios: