O DCM
visita nesta 25º xornada ó máximo goleador da categoría, un equipo feito para
ser campión e que tras unha tempada máis complicada do agardado, semella nas
últimas datas, estar enrabietado, xogar ó seu mellor nivel e arrasar ós rivais
que teñen enfronte. 8-2, 9-2 e 10-2 son os resultados das súas tres vitorias
nas últimas tres xornadas.
Por
fortuna, os Dcmistas chegan ó encontro sen grandes necesidades de puntuar, o
que lles permitirá xogar sen presión, e a través da tranquilidade e de disfrutar
do encontro, tentar exprimir as súas opcións no partido. Tamén na ida o
Hannover era claro favorito, pero non lle resultou sinxelo superar a un DCM que
tivo opcións de puntuar.
Á marxe do
resultado, e coa permanencia tan preto, os nósos centraranse de aquí ó final de
liga no seu outro gran obxectivo, a deportividade. E é que o equipo tamén goza
de moitas opcións de acadar de novo dito galardón, e máis ó coñecer que Acerón,
outro gran favorito, xa recibíu o 4º cartón marelo da tempada, polo que as
cousas están máis igualadas que nunca (a falta de coñecer se existe algún outro
candidato polas distintas divisións).
Ambos
conxuntos coñécense xa de tempadas pasadas. O Hannover, chega coa baixa dun dos
seus referentes, Migui, pero coa incorporación dun xogador descoñecido para os
DCMistas, incorporado no mercado invernal e que dende a súa chegada non fai
máis que sumar sacos de goles para a súa conta particular (sae prácticamente a
catro tantos por partido).
Pola súa
banda, o DCM presentará unha convocatoria moi similar á da semana pasada.
Jorge
estará baixo paus, nun deses encontros no que terá traballo arreo. Na ida, ó
Hannover custoulle superar a defensa Dcmista e acabou atopando a maneira de
facer gol con disparos lonxanos, potentes e colocados, que farán necesario que
Jorge saque a súa mellor versión para que non acaben no fondo das redes.
En defensa,
de novo Chape será dúbida, e é que tras entregarse de cheo ó equipo no tramo de
campionato que máis o necesitou e ter que desputar moitos máis minutos do
agardado, as súas dores de costas voltaron a aparecer dúas xornadas atrás
solicitando descanso.
Non deberían ter problemas para estar no encontro Vare,
Xmon e David, nun partido no que terán unha oportunidade única para mellorar
aspectos defensivos, con continuas xogadas nas que os rivais os encaren, pero
sempre tendo presente a prioridade de non facer faltas susceptibles de cartón
amarelo.
A parecela
ofensiva será para un Emi en estado de gracia de cara o gol, Pablo, quen na ida
ante Hannover tivo unha das súas actuacións máis discretas co equipo e seguro
buscará resarcirse, e Pani, quen nestes encontros onde o rival leva o peso do
partido e ataca moito máis que o DCM, ten que multiplicarse no seu traballo
defensivo e acaba deixando un traballo encomiable para o equipo. A gran sorpresa podería ser a entrada na convocatoria de Yago, pero non hai confirmación oficial ó respecto.
Agárdase un
partido entretido, con moitas ocasións, co liderado en xogo para uns e a
permanencia definitiva e a deportividade para outros, non o perdan!
DOMINGO
ÁS 17H NO PAVILLÓN DE LAVADORES (CALVARIO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario