A mellor
versión Dcmista das últimas datas, logra unha vitoria con sabor a primeira, xa
que deixa moi moi preto o obxectivo da permanencia. O equipo cumpríu co que se
decía na previa, saíu convencido das súas opcións, realizou un gran encontro,
sentíuse superior ó rival e gozou xogando.
Ás 12:00h
do domingo, no pavillón de Lavadores e con arbitraxe dun novo colexiado, Juanjo, disputouse un novo encontro entre vellos
coñecidos. Wapichi loitaba por saír do pozo e o DCM por alonxarse, case
definitivamente do mesmo.
Os nósos
saíron con gañas, e comezaron dominando o esférico. Wapichi deixaba xogar e
agardaba ós Dcmistas no seu campo. Nestes primeiros minutos, o rival, non tiña
en portería ó seu gardamallas habitual, pero o DCM non atopaba a forma de
chegar con claridade para poñer a proba ó improvisado porteiro. Só cando xa
estaba a piques de producirse o cambio e entrar o porteiro habitual (que chegou
con retraso), os nósos teceron unha bonita xogada de parede entre Vare e Emi,
que o defensor Dcmista convertía en gol. Era o 0-1.
O DCM
conseguía así aproveitar esa oportunidade que concedía o rival ó non ter o
porteiro titular sobre o campo. Con ese gol, Wapichi perdeu un pouco o
posicionamento defensivo (xa non agardaba tan metido atrás) e as ocasións
dcmistas multiplicáronse. Emi e Pablo terían as máis claras, pero enfronte xa
estaba un cancerbeiro de garantías, que sacaba dous balóns que xa cheiraban a
gol.
Os nósos
gozarían tamén de ocasións dende o curruncho, logrando rematar en posición
franca en moitas ocasións ó longo do encontro pero sen atinar no lanzamento a
portería.
En defensa
o equipo mostrábase moito máis serio que nas últimas semanas, e o Wapichi non
era quen de inquedar a Jorge. Sen apuros en defensa, os nósos soltáronse aínda
máis e a base de paredes e bo xogo seguiron chegando á portería rival.
David faría
o 0-2 (ó desviar o xusto un tiro de Pablo), sendo o seu primeiro gol co equipo.
E Emi facía o 0-3 de disparo cruzado co que se chegaba ó descanso.
Na segunda
metade, Wapichi saíu a explotar as súas últimas opcións. Adiantou moito as
liñas e buscou presionar en toda a cancha. Pero hoxe o DCM estaba pletórico, e
non perdeu a tranquilidade para sacar o balón dende atrás. Ademáis contraatacou
esta estratexia rival con saques en longo de Jorge (quen cada xornada que pasa
está máis preciso nos mesmos, e crea claras ocasións de gol cos seus saques de
portería). Emi facía así o 0-4 de falta indirecta na frontal, e o intento de
reacción do Wapichi esfumábase. O 0-5 foi obra de Pablo nun man a man co
cancerbeiro. Recurtaría distancias o Wapichi nunha contra 1-5, pero de novo o
DCM recuperaba a vantaxe co segundo hattrick consecutivo de Emi 1-6 ó rematar
un pase da morte de Pablo. Wapichi faría o segundo da súa conta nunha falta que
coábase por debaixo de Jorge 2-6 e Emi redondeaba o electrónico facendo o 2-7
definitivo cun potente disparo. De ahí ó final, máis ocasións para os Dcmistas,
moitas delas protagonizadas por Pani, que aínda que non marcou, tamén fixo un
gran encontro, ó igual que Xmon que mostrouse moi firme en defensa.
Gran
vitoria antes de recibir na vindeira xornada a un Hannover que recuperou
sensacións (tras un inicio ligueiro algo irregular), e está a arroiar ós seus
rivais nos últimos encontros, cun único obxectivo en mente, lograr por segundo
ano consecutivo o título ligueiro (de momento en mans do Matamá).
Os nósos
cos deberes case feitos, tentarán poñer en apuros ó candidato ó título e
buscarán de novo, a base de boas combinacións desfrutar do partido.
Coa
permanencia tan preto, volve a ser obxectivo prioritario non recibir cartóns de
aquí a final de tempada.
Despois do
Hannover haberá unha semana de descanso pola celebración do día da Nai.
Noraboa
rapaces!!
AS FOTOS DO
PARTIDO NO SEGUINTE ENLACE:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120422WapichiDCM?authuser=0&authkey=Gv1sRgCMHUx5ymurekHg&feat=directlink
(Están
tódolos goles recollidos, agás o primeiro do Wapichi, noraboa tamén á
fotógrafa! e moitas grazas a afección que soubo da importancia do encontro e non fallou ó equipo!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario