miércoles, 11 de abril de 2012

"Sen presión ante o mellor equipo da 2ª volta" DCM-DEC.JESÚSCAO


O DCM regresa do parón vacacional coa tranquilidade que otorga o seu posicionamento clasificatorio, para afrontar un encontro de extrema dificultade, ó ter que enfrontarse ó mellor equipo da 2ª volta da competición (dato cedido por Xaime Estévez), un Dec.JesúsCao que chega tras 7 vitorias consecutivas, sendo o 2º equipo máis goleador e o 3º menos goleado, 5º clasificado da liga pero co obxectivo de rematar no podio da división (ten moi preto o terceiro posto).
As últimas informacións din que este clásico equipo da VigoEnXogo reforzou o seu plantel no mercado invernal, e semella que dende entón, ninguén foi capaz de arrincarlle nin un só punto en xogo.

O DCM será o próximo en tentalo, sen presión e coa intención de facer un bo partido, non só na búsqueda dun bo resultado, senón tamén de xogo e sensacións, xa que nas últimas datas o equipo non está a atopar coa tecla para saír satisfeito do traballo realizado (a pesares de que os resultados acompañan).
Na ida, Dec.JesúsCao venceu, pero o encontro foi moi igualado (2-1), e só se decantou por erros dcmistas, que por aquelas datas atravesaban un momento delicado de xogo e resultados.

A convocatoria será ampla, coas baixas de Quique e Yago, pero co regreso de Pani trala súa baixa no último encontro.

O pichichi do equipo, Pablo, tamén voltará a ser da partida, zanxando desta maneira os rumores e ofertas recibidas por outros equipos da cidade, que na loita final polos seus obxectivos, fixáronse na boa tempada do xogador dcmista e tentaron a súa contratación ata final de tempada con suculentas ofertas económicas, rexeitadas polo propio xogador, dando mostra do seu compromiso con este proxecto deportivo.

Será ademáis un partido especial, xa que estes dous equipos coñécense dende o debut dcmista na competición, e dende entón gardan moi boas relacións entre directivas, patentes na disputa de amigábeis veraniegos...

Agárdase polo tanto un partido moi interesante, no que ambos conxuntos tentarán acadar os seus obxectivos neste choque.
A resolución do mesmo o DOMINGO ÁS 19:00H NO PAVILLÓN DE LAVADORES (CALVARIO)

No hay comentarios: