lunes, 30 de abril de 2012

"O temor a unha goleada maior, paraliza ó DCM" Hannover 8-3 DCM



O DCM cae derrotado ante o novo líder da categoría;
Dous obxectivos tiñan os dcmistas neste encontro; por un lado non recibir cartóns e por outro, desfrutar xogando á marxe do resultado.
Só se logrou o primeiro deles, e é que tras un inicio de encontro prometedor, 4 goles do Hannover en pouco máis de 5 minutos, meteron o medo no corpo dos dcmistas, e fixo que ata os minutos finais o equipo non se soltara de novo e desfrutara do partido.

Como diciamos, o encontro comezou bastante igualado. O DCM comezou xogando de ti a ti a un dos favoritos da liga, e incluso tivo dúas claras ocasións de pórse por diante no marcador. Pablo nunha xogada individual que desbarataba o gardamallas rival, e Emi nun contragolpe levado polo propio Pablo foron os protagonistas desas accións.
Pero tras perdoar esas claras oportunidades e transcorridos xa os primeiros cincos minutos, chegou o baixón dcmista e apareceu o rodillo do Hannover. Todo semellou comezar nunha acción, na que Jorge quedaría "tocado" para o resto do encontro. Un disparo potente do Hannover golpeaba no baixo ventre do cancerbeiro dcmista e o deixaba K.O. durante varios minutos.
Tralo parón, Hannover non perdoou. En catro xogadas consecutivas facía catro goles (totalmente evitables polos dcmistas) e decantaba o partido para o seu lado.
Co resultado de 4-0, Hannover baixou o ritmo, pero o DCM non soubo aproveitalo, e é que o equipo estaba algo asustado e dubitativo.

Tralo descanso, de novo Hannover sacaba a relucir a súa superioridade e as súas gañas de loitar polo título ligueiro e faría outros 4 tantos. Só nos minutos finais soltaríase de novo o DCM, sobretodo tras subir o primeiro gol ó seu casilleiro, nunha boa triangulación do equipo que acababa empurrando ó fondo da súa propia portería un defensa local.
Despois, Pablo deixaba outra boa xogada persoal e servía para que Pani chegando moi ben dende atrás empurrara facendo o segundo do equipo.
O definitivo 8-3 sería obra de Emi, tras un doble penaltie e dous rexeites do gardamallas que non podía evitar o terceiro disparo de Emi.

Maquillaba así o DCM o resultado nun partido un tanto extrano.
Destacar tamén que Yago voltou a vestir a elástica dcmista (agardemos que non por última vez esta tempada) e que David retirouse mediada a segunda parte por unha escordadura de nocello que non lle debería impedir estar no vindeiro partido ante Gamusinos.
Un encontro no que o DCM poderá sellar a súa permanencia matemática se consegue vencer.

No hay comentarios: