lunes, 30 de abril de 2012

"O temor a unha goleada maior, paraliza ó DCM" Hannover 8-3 DCM



O DCM cae derrotado ante o novo líder da categoría;
Dous obxectivos tiñan os dcmistas neste encontro; por un lado non recibir cartóns e por outro, desfrutar xogando á marxe do resultado.
Só se logrou o primeiro deles, e é que tras un inicio de encontro prometedor, 4 goles do Hannover en pouco máis de 5 minutos, meteron o medo no corpo dos dcmistas, e fixo que ata os minutos finais o equipo non se soltara de novo e desfrutara do partido.

Como diciamos, o encontro comezou bastante igualado. O DCM comezou xogando de ti a ti a un dos favoritos da liga, e incluso tivo dúas claras ocasións de pórse por diante no marcador. Pablo nunha xogada individual que desbarataba o gardamallas rival, e Emi nun contragolpe levado polo propio Pablo foron os protagonistas desas accións.
Pero tras perdoar esas claras oportunidades e transcorridos xa os primeiros cincos minutos, chegou o baixón dcmista e apareceu o rodillo do Hannover. Todo semellou comezar nunha acción, na que Jorge quedaría "tocado" para o resto do encontro. Un disparo potente do Hannover golpeaba no baixo ventre do cancerbeiro dcmista e o deixaba K.O. durante varios minutos.
Tralo parón, Hannover non perdoou. En catro xogadas consecutivas facía catro goles (totalmente evitables polos dcmistas) e decantaba o partido para o seu lado.
Co resultado de 4-0, Hannover baixou o ritmo, pero o DCM non soubo aproveitalo, e é que o equipo estaba algo asustado e dubitativo.

Tralo descanso, de novo Hannover sacaba a relucir a súa superioridade e as súas gañas de loitar polo título ligueiro e faría outros 4 tantos. Só nos minutos finais soltaríase de novo o DCM, sobretodo tras subir o primeiro gol ó seu casilleiro, nunha boa triangulación do equipo que acababa empurrando ó fondo da súa propia portería un defensa local.
Despois, Pablo deixaba outra boa xogada persoal e servía para que Pani chegando moi ben dende atrás empurrara facendo o segundo do equipo.
O definitivo 8-3 sería obra de Emi, tras un doble penaltie e dous rexeites do gardamallas que non podía evitar o terceiro disparo de Emi.

Maquillaba así o DCM o resultado nun partido un tanto extrano.
Destacar tamén que Yago voltou a vestir a elástica dcmista (agardemos que non por última vez esta tempada) e que David retirouse mediada a segunda parte por unha escordadura de nocello que non lle debería impedir estar no vindeiro partido ante Gamusinos.
Un encontro no que o DCM poderá sellar a súa permanencia matemática se consegue vencer.

jueves, 26 de abril de 2012

"Visita a un Hannover enrabietado coa vista posta na deportividade" Hannover-DCM




O DCM visita nesta 25º xornada ó máximo goleador da categoría, un equipo feito para ser campión e que tras unha tempada máis complicada do agardado, semella nas últimas datas, estar enrabietado, xogar ó seu mellor nivel e arrasar ós rivais que teñen enfronte. 8-2, 9-2 e 10-2 son os resultados das súas tres vitorias nas últimas tres xornadas.

Por fortuna, os Dcmistas chegan ó encontro sen grandes necesidades de puntuar, o que lles permitirá xogar sen presión, e a través da tranquilidade e de disfrutar do encontro, tentar exprimir as súas opcións no partido. Tamén na ida o Hannover era claro favorito, pero non lle resultou sinxelo superar a un DCM que tivo opcións de puntuar.

Á marxe do resultado, e coa permanencia tan preto, os nósos centraranse de aquí ó final de liga no seu outro gran obxectivo, a deportividade. E é que o equipo tamén goza de moitas opcións de acadar de novo dito galardón, e máis ó coñecer que Acerón, outro gran favorito, xa recibíu o 4º cartón marelo da tempada, polo que as cousas están máis igualadas que nunca (a falta de coñecer se existe algún outro candidato polas distintas divisións).

Ambos conxuntos coñécense xa de tempadas pasadas. O Hannover, chega coa baixa dun dos seus referentes, Migui, pero coa incorporación dun xogador descoñecido para os DCMistas, incorporado no mercado invernal e que dende a súa chegada non fai máis que sumar sacos de goles para a súa conta particular (sae prácticamente a catro tantos por partido). 

Pola súa banda, o DCM presentará unha convocatoria moi similar á da semana pasada.
Jorge estará baixo paus, nun deses encontros no que terá traballo arreo. Na ida, ó Hannover custoulle superar a defensa Dcmista e acabou atopando a maneira de facer gol con disparos lonxanos, potentes e colocados, que farán necesario que Jorge saque a súa mellor versión para que non acaben no fondo das redes. 

En defensa, de novo Chape será dúbida, e é que tras entregarse de cheo ó equipo no tramo de campionato que máis o necesitou e ter que desputar moitos máis minutos do agardado, as súas dores de costas voltaron a aparecer dúas xornadas atrás solicitando descanso. 
Non deberían ter problemas para estar no encontro Vare, Xmon e David, nun partido no que terán unha oportunidade única para mellorar aspectos defensivos, con continuas xogadas nas que os rivais os encaren, pero sempre tendo presente a prioridade de non facer faltas susceptibles de cartón amarelo.

A parecela ofensiva será para un Emi en estado de gracia de cara o gol, Pablo, quen na ida ante Hannover tivo unha das súas actuacións máis discretas co equipo e seguro buscará resarcirse, e Pani, quen nestes encontros onde o rival leva o peso do partido e ataca moito máis que o DCM, ten que multiplicarse no seu traballo defensivo e acaba deixando un traballo encomiable para o equipo. A gran sorpresa podería ser a entrada na convocatoria de Yago, pero non hai confirmación oficial ó respecto.

Agárdase un partido entretido, con moitas ocasións, co liderado en xogo para uns e a permanencia definitiva e a deportividade para outros, non o perdan!

DOMINGO ÁS 17H NO PAVILLÓN DE LAVADORES (CALVARIO)

lunes, 23 de abril de 2012

"Unha vitoria de primeira" Wapichi 2-7 DCM



 
A mellor versión Dcmista das últimas datas, logra unha vitoria con sabor a primeira, xa que deixa moi moi preto o obxectivo da permanencia. O equipo cumpríu co que se decía na previa, saíu convencido das súas opcións, realizou un gran encontro, sentíuse superior ó rival e gozou xogando.

Ás 12:00h do domingo, no pavillón de Lavadores e con arbitraxe dun novo colexiado, Juanjo, disputouse un novo encontro entre vellos coñecidos. Wapichi loitaba por saír do pozo e o DCM por alonxarse, case definitivamente do mesmo.
Os nósos saíron con gañas, e comezaron dominando o esférico. Wapichi deixaba xogar e agardaba ós Dcmistas no seu campo. Nestes primeiros minutos, o rival, non tiña en portería ó seu gardamallas habitual, pero o DCM non atopaba a forma de chegar con claridade para poñer a proba ó improvisado porteiro. Só cando xa estaba a piques de producirse o cambio e entrar o porteiro habitual (que chegou con retraso), os nósos teceron unha bonita xogada de parede entre Vare e Emi, que o defensor Dcmista convertía en gol. Era o 0-1.
O DCM conseguía así aproveitar esa oportunidade que concedía o rival ó non ter o porteiro titular sobre o campo. Con ese gol, Wapichi perdeu un pouco o posicionamento defensivo (xa non agardaba tan metido atrás) e as ocasións dcmistas multiplicáronse. Emi e Pablo terían as máis claras, pero enfronte xa estaba un cancerbeiro de garantías, que sacaba dous balóns que xa cheiraban a gol.
Os nósos gozarían tamén de ocasións dende o curruncho, logrando rematar en posición franca en moitas ocasións ó longo do encontro pero sen atinar no lanzamento a portería.
En defensa o equipo mostrábase moito máis serio que nas últimas semanas, e o Wapichi non era quen de inquedar a Jorge. Sen apuros en defensa, os nósos soltáronse aínda máis e a base de paredes e bo xogo seguiron chegando á portería rival.
David faría o 0-2 (ó desviar o xusto un tiro de Pablo), sendo o seu primeiro gol co equipo. E Emi facía o 0-3 de disparo cruzado co que se chegaba ó descanso.

Na segunda metade, Wapichi saíu a explotar as súas últimas opcións. Adiantou moito as liñas e buscou presionar en toda a cancha. Pero hoxe o DCM estaba pletórico, e non perdeu a tranquilidade para sacar o balón dende atrás. Ademáis contraatacou esta estratexia rival con saques en longo de Jorge (quen cada xornada que pasa está máis preciso nos mesmos, e crea claras ocasións de gol cos seus saques de portería). Emi facía así o 0-4 de falta indirecta na frontal, e o intento de reacción do Wapichi esfumábase. O 0-5 foi obra de Pablo nun man a man co cancerbeiro. Recurtaría distancias o Wapichi nunha contra 1-5, pero de novo o DCM recuperaba a vantaxe co segundo hattrick consecutivo de Emi 1-6 ó rematar un pase da morte de Pablo. Wapichi faría o segundo da súa conta nunha falta que coábase por debaixo de Jorge 2-6 e Emi redondeaba o electrónico facendo o 2-7 definitivo cun potente disparo. De ahí ó final, máis ocasións para os Dcmistas, moitas delas protagonizadas por Pani, que aínda que non marcou, tamén fixo un gran encontro, ó igual que Xmon que mostrouse moi firme en defensa. 

Gran vitoria antes de recibir na vindeira xornada a un Hannover que recuperou sensacións (tras un inicio ligueiro algo irregular), e está a arroiar ós seus rivais nos últimos encontros, cun único obxectivo en mente, lograr por segundo ano consecutivo o título ligueiro (de momento en mans do Matamá).
Os nósos cos deberes case feitos, tentarán poñer en apuros ó candidato ó título e buscarán de novo, a base de boas combinacións desfrutar do partido.
Coa permanencia tan preto, volve a ser obxectivo prioritario non recibir cartóns de aquí a final de tempada.
Despois do Hannover haberá unha semana de descanso pola celebración do día da Nai.

Noraboa rapaces!!

AS FOTOS DO PARTIDO NO SEGUINTE ENLACE:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120422WapichiDCM?authuser=0&authkey=Gv1sRgCMHUx5ymurekHg&feat=directlink

(Están tódolos goles recollidos, agás o primeiro do Wapichi, noraboa tamén á fotógrafa! e moitas grazas a afección que soubo da importancia do encontro e non fallou ó equipo!)

jueves, 19 de abril de 2012

"A demostrar que se está á altura" Wapichi - DCM



O DCM visita nesta 24º xornada ó Wapichi, equipo que con 22 puntos marca o límite entre o descenso e a permanencia.
É o momento no que os nósos teñen que demostrar que merecen estar en primeira división unha tempada máis. O encontro é unha oportunidade para refrendar o traballo feito ata o momento. En caso de non aproveitala, o equipo terá máis oportunidades de aquí a final de liga para pechar a permanencia, pero éste semella o mellor momento para achegarse moito a ese obxectivo, xa que logo a presión podería xogar en contra dos nósos.

Por iso, o equipo debe saír convencido das súas opcións. É certo que os nósos teñen problemas nalgúns aspectos do seu xogo, pero tamén moitas virtudes, e son esas as que deben facer que o DCM saia dende o pitido inicial cun único obxectivo en mente, a vitoria.

Enfronte estará un rival moi complicado. A súa tempada non está a ser boa, pero os tres puntos sumados na pasada xornada pola non presentación do seu rival, dan ó Wapichi unha magnífica oportunidade para tomarse os partidos que restan como unha nova liga, na que teñen moitas opcións de salvar a categoría.
A crise dos celestes comezou xustamente fai unha volta coa derrota ante o DCM. Ata ese momento o equipo estaba a facer méritos suficientes para estar lonxe do descenso, pero dende ese momento sumaron 11 xornadas sen vencer (con tan só 2 puntos de 33 posibles)
Pero nas últimas datas, unha vitoria ante BarOCruce e a non presentación de Flipper déronlle de novo vida, e agora loitarán cada encontro como unha final.
Contan con xogadores de calidade, sobretodo no aspecto ofensivo, pero dada a súa xeira negativa de resultados, os tempos do partido serán decisivos. Se o DCM comeza mandando no campo e sobretodo no marcador, iso pode pasar moita factura ó Wapichi. Porén, se os locais comezan gañando, defenderán con unllas e dentes o resultado e poden matar á contra.

Sabe por tanto o DCM o que ten que facer. Se cada un dos seus xogadores dá o seu mellor nivel e deixan no campo ata a última gota de esforzo, as posibilidades dcmistas son moi altas. Jorge, Chape (dúbida por mor das súas dores nas costas tras moitas xornadas seguidas xogando), Xmon, David, Vare, Pani, Emi e Pablo son os convocados. Cada un deberá dar o seu mellor nivel neste encontro. Trátase dunha oportunidade única. Aproveitémola!!

DOMINGO ÁS 12H NO PAVILLÓN DE LAVADORES (CALVARIO)

lunes, 16 de abril de 2012

"O frouxo bagaxe defensivo dilapida as opcións Dcmistas nun vistoso encontro" DCM 5-7 Dec.JesúsCao



O DCM cae derrotado ante un Dec.JesúsCao que deu máis opción das agardadas ós Dcmistas.
O Decoracións saíu moi metido no partido, cunha presión adiantada, movendo ben o esférico e buscando o gol en cada acción. O DCM viuse superado e apareceron os problemas defensivos que o equipo arrastra nas últimas datas. O rival chegou a acadar un 0-4 (1-4 ó descanso), pero na segunda metade o DCM logrou converter máis ocasións que na primeira parte (e é que a perda de nivel defensivo estase contrarrestando no aspecto ofensivo, onde os nósos son quen de crear moitas ocasións a calqueira rival) e lograría empatar 5-5 a falta de escasos sete minutos para a conclusión. O DCM non se conformou e foi a pola vitoria, chegou a reclamar dous penaltis que Eladio non asubiou e o Dec.JesúsCao non perdoou á contra logrando o 5-7 final.

Derrota asumible antes do encontro da vindeira semana ante o Wapichi que adquire tintes de decisivo. A non comparecencia do rival do Wapichi nesta xornada, permitíulle ó vindeiro rival dcmista sumar 3 puntos que lle dan opcións na loita pola permanencia (é a segunda vez esta tempada que o Wapichi suma 3 puntos por unha non presentación do rival). Unha vitoria Dcmista significaría case asegurar á salvación para os rosiñas, pero unha derrota, daría moito osíxeno ó Wapichi e devolvería ós nósos á loita pola permanencia.

No encontro ante Dec.JesúsCao, o DCM seguíu na liña das últimas xornadas; o equipo é quen de xerar moitas ocasións claras en ataque, pero ten dous problemas importantes, erra moitísimo na definición e non está nada cómodo en defensa, onde concede demasiados disparos sinxelos ós rivais. Así, os partidos dos nósos estanse convertendo en encontros de moitos goles, onde case cada posesión dun ou doutro equipo tradúcese nunha clara ocasión de gol.
Nesta lotería, ás veces o equipo sae vencedor e noutras, coma onte, na que o rival non perdoa as súas ocasións, o equipo sae derrotado.
O positivo de todo isto é que os rosiñas teñen posibilidades en todos os encontros, e sobretodo que o problema do equipo está detectado, o traballo defensivo non esta a funcionar nas últimas datas (19 goles encaixados nos últimos 3 partidos, así o confirman), e é ahí onde deben aplicarse os nósos, centrar os seus esforzos na defensa, pór máis intensidade en cada acción, sabedores de que en ataque as ocasións chegarán, porque o equipo ten xogadores que as crean con moita facilidade.

Iso foi o que ocorreu no encontro de onte. O Dec.JesúsCao quixo mostrar a súa superioridade nos primeiros minutos cunha presión moi avanzada, que dificultaba moito a saída dos dcmistas. Pero cando os nósos conseguían saír, tamén eran quén de crear claras oportunidades. Pani tenía a máis clara nestes primeiros minutos, nun balón rexeitado en área pequena que o cancerbeiro lograba sacar ata en dúas ocasións. Pola contra, os visitantes non perdoaban e ben tras combinación ou con potentes disparos lonxanos, comezaron a facer goles. O 0-4 era demasiado castigo para os dcmistas, que sí merecían encaixar tantos goles, pero tamén é certo que estaban a facer méritos para ter anotado algún tanto. Este chegaría nas postrimerías da primeira metade. Nunha falta indirecta dende a frontal da área que Vare tocaba para que Emi convertese con algo de fortuna tras tocar o esférico no porteiro e coarse por debaixo das pernas dun defensor. 1-4.

Os visitantes saíron algo máis relaxados na segunda metade. A presión xa non era tan abafante e concedían moito máis en defensa. Pronto chegaría un gol dcmista que daba emoción ó partido, pero de novo un gol do Decoraciones semellaba acabar co encontro. Pero o DCM non se rendeu e pouco a pouco foron chegando máis goles. Pablo e Emi (que conseguía un hattrick) recurtaban distancias 2-5,3-5, 4-5 e Vare facía o 5-5 a falta sete minutos. Non se conformaron os DCmistas e seguiron loitando a pola vitoria. Tiveron opcións, pero nin eles nin o colexiado estiveron acertados nestes últimos minutos.
JesúsCao non perdoou e en dúas contras levou os tres puntos 5-7.


Mellorar o nivel defensivo será vital para o encontro ante Wapichi. Imos rapaces!

miércoles, 11 de abril de 2012

"Sen presión ante o mellor equipo da 2ª volta" DCM-DEC.JESÚSCAO


O DCM regresa do parón vacacional coa tranquilidade que otorga o seu posicionamento clasificatorio, para afrontar un encontro de extrema dificultade, ó ter que enfrontarse ó mellor equipo da 2ª volta da competición (dato cedido por Xaime Estévez), un Dec.JesúsCao que chega tras 7 vitorias consecutivas, sendo o 2º equipo máis goleador e o 3º menos goleado, 5º clasificado da liga pero co obxectivo de rematar no podio da división (ten moi preto o terceiro posto).
As últimas informacións din que este clásico equipo da VigoEnXogo reforzou o seu plantel no mercado invernal, e semella que dende entón, ninguén foi capaz de arrincarlle nin un só punto en xogo.

O DCM será o próximo en tentalo, sen presión e coa intención de facer un bo partido, non só na búsqueda dun bo resultado, senón tamén de xogo e sensacións, xa que nas últimas datas o equipo non está a atopar coa tecla para saír satisfeito do traballo realizado (a pesares de que os resultados acompañan).
Na ida, Dec.JesúsCao venceu, pero o encontro foi moi igualado (2-1), e só se decantou por erros dcmistas, que por aquelas datas atravesaban un momento delicado de xogo e resultados.

A convocatoria será ampla, coas baixas de Quique e Yago, pero co regreso de Pani trala súa baixa no último encontro.

O pichichi do equipo, Pablo, tamén voltará a ser da partida, zanxando desta maneira os rumores e ofertas recibidas por outros equipos da cidade, que na loita final polos seus obxectivos, fixáronse na boa tempada do xogador dcmista e tentaron a súa contratación ata final de tempada con suculentas ofertas económicas, rexeitadas polo propio xogador, dando mostra do seu compromiso con este proxecto deportivo.

Será ademáis un partido especial, xa que estes dous equipos coñécense dende o debut dcmista na competición, e dende entón gardan moi boas relacións entre directivas, patentes na disputa de amigábeis veraniegos...

Agárdase polo tanto un partido moi interesante, no que ambos conxuntos tentarán acadar os seus obxectivos neste choque.
A resolución do mesmo o DOMINGO ÁS 19:00H NO PAVILLÓN DE LAVADORES (CALVARIO)

lunes, 2 de abril de 2012

"Moito máis preto do obxectivo tras vencer nun extrano partido" BarOCruce 5-6 DCM



Un BarOCruce baixo mínimos facilita unha nova vitoria dcmista que achega moito ó equipo á permanencia. O DCM agardaba un partido moi complicado e otorgábase poucas opcións de vitoria ante un equipo que fora moi superior ós nósos na ida e tras coñecer que Jorge chegaba moi tocado ó partido por mor de dores de garganta e febre.
Mais o rival presentou só cinco xogadores, dos cales ningún era cancerbeiro habitual, e en consecuencia as opcións dcmistas no choque incrementáronse exponencialmente.

Aínda así, custoulle ós nósos trocar o chip e observar que a situación os convertía en claros favoritos do partido. O DCM tiña unha oportunidade para vencer con claridade e facilidade a un moi mermado rival, pero non foron quen de asumir ese favoritismo e fixeron moitos deméritos para complicarse o encontro.

Os minutos iniciais foron dunha extraneza inusual. Tres chegadas de cada equipo á portería rival e seis goles. O nivel de ambos conxuntos era moi pobre, impropio de dous equipos da zona media da 1ª división. Jorge acusou nestes primeiros minutos o seu malestar físico, pero o resto do equipo estivo todavía peor, concedendo opcións de gol difíciles de explicar. Polo bando local, o improvisado gardamallas rival, non se facía co posto e cada disparo dcmista acababa na súa porta.
Emi facía o 0-1, na xogada seguinte empataba o rival, 1-1, e intres despois chegaba o 2-1, Chape tras un centro-chut devolvía as táboas 2-2, Pablo convertía o 2-3, pero de novo 3-3 con outro centro con dirección á portería.
O 3-4 chegaría nunha das poucas xogadas combinativas do DCM (que acusou non só o seu baixo nivel senón tamén o esvaradizo estado do campo). Emi tiraba unha parede con David (que tivo que actuar en labores ofensivas ante a baixa de Pani) e servía ó segundo pau para que Vare convertira o gol.
Co 4-3 no electrónico, Jorge comezou a sentirse máis cómodo na portería e curtou de raíz a sangría de goles que estaba a sufrir o seu equipo. O encontro enfriouse e chegouse ó descanso.

Na segunda metade máis do mesmo. O DCM era incapaz de tomar o mando do encontro a pesares do precario estado do BarOCruce. E nada máis principiar estes segundos 25 minutos, o rival facía o 4-4.
Chegaron entón os mellores minutos do rival, e os peores dos xogadores dcmistas, pero non do seu porteiro Jorge, que se converteu no heroe do partido ó repeler un, dous, tres e ata dez disparos dende a frontal dos atacantes de BarOCruce.
O nivel defensivo dcmista era moi frouxo, incapaz tan sequera de tapar os tiros rivais, pero ofensivamente o equipo tampouco estaba mellor, e a pesares de ter ocasións moi claras, non as convertía.
Por fortuna, nunha xogada algo embarullada, Emi conseguía conectar un tiro en área pequena que tocaba en Chape antes de acabar no fondo das redes. Era o 4-5.
Jorge seguía parando disparos rivais, e os irmáns Santos conseguían ampliar a vantaxe, tras un gran pase de David que deixaba a Pablo no man a man e o pichichi dcmista non erraba. 4-6.
Optou entón BarOCruce por situar porteiro-xogador, e na primeira ocasión facían o 5-6.
O DCM solicitou tempo morto e aclarou as ideas defensivas. Grazas a iso o marcador non se movería de ahí ó final do partido.

Tres puntos de gran importancia nun partido para esquecer por parte de ambos conxuntos. O DCM alcanza a oitava posición. O equipo conseguíu máis puntos nos 7 encontros desputados desta segunda volta que en toda a primeira (16 puntos por 15 da primeira metade de campionato). Sitúase 12 puntos por riba do descenso con 8 partidos por desputar.
Chegan rivais moi complicados nas vindeiras semanas, pero co colchón de puntos obtidos, rabuñando un par de vitorias máis, o obxectivo debería estar cumplido.
Vémonos despois da Semana Santa!