lunes, 30 de enero de 2012

“A melloría Dcmista tradúcese nunha gran vitoria” Navia Fs 1-6 DCM


O DCM confirma na decimo-terceira xornada a súa gran melloría nas últimas datas cun contundente triunfo ante un rival directo pola permanencia. Os nósos foron superiores ó Navia e consiguen alonxarse temporalmente dos postos de descenso.

Este DCM é outro. Sae ós encontros confiando de cheo nas súas posibilidades. Xa non se conforma con sacar puntos senon que quere tamén mandar e dominar. Onte o conseguíu dende o primeiro minuto ante un Navia que se víu superado e sorprendido ante o gran partidos dos nósos.
Proba desa autoconfianza é o primeiro gol do equipo no día de onte, onde tras pasar o balón por todo o equipo, os dous homes defensivos do equipo encargáronse de culminar a xogada.

Todo o mundo atópase máis confiando e iso tradúcese en máis movementos e máis desmarques. Así, explícase que Quique se atopase desmarcado en liña de fondo e Vare tras recibir no centro do campo, tirase con él unha fermosa parede que Quique devolvía convertida nun pase da morte ante a chegada dende atrás do 5 Dcmista. 0-1. Tamén ten gran parte de culpa destes goles que están chegando de xogada, o traballo nos adestramentos, que aporta gran sincronización entre homes como Quique, Vare, Emi e Pablo á hora de efectuar estas xogadas en partidos ligueiros.
O equipo xa estaba por diante no marcador, pero quería máis. Intres despois, Emi servía un bo pase dende atrás para Vare, quen de costas tocaba o esférico deixando a Pani nun man a man co cancerbeiro, que éste transformaba no 0-2.
Non se conformou o DCM e seguíu buscando a porta rival. Chegou algún pequeno erro defensivo que non soubo aproveitar o rival, pero a maior parte das ocasións foron dos rosiñas, que lanzaron á madeira, viron como lle curtaban un contragolpe letal a Pablo por falta previa e mereceron aumentar a súa conta, pero o electrónico non se moveu.

Pouco cambiou o decorado na segunda metade. Emi facía o terceiro gol Dcmista, Pani o 4º tras gran asistencia de Jorge de saque de porta, de novo Emi o quinto e Yago redondeaba o resultado co sexto gol.

Entretanto, Pani errara unha pena máxima a favor e o Navia marcaba o da honra tamén dende o punto de penalti despois de que un disparo rival petase no brazo de Vare.

O partido servíu tamén para que Yago se acoplase de novo o equipo e o fixese cunha boa actuación e un gol.
Tamén Chape regresaba tras un longo parón, e respostou fantásticamente a pesares de acusar algo de falta de ritmo.
As únicas notas negativas, os dous fortes golpes sufridos por Pablo (un deles tras unha dura entrada dentro da área que o colexiado asubiou fóra da mesma, recibindo numerosos apupos dende a bancada; agradecemos dende aquí a presenza das nosas afeccionadas nesa fría mañán de domingo)

e a lesión de Vare en dúas falanxes do pé, que lle impiden de momento caminar con normalidade pero que xa está a tratar coa intención de chegar ó vindeiro encontro.

Con estes tres puntos, o DCM chega ós 14 en 13 xornadas, e agarda xa o vindeiro encontro ante Novo Vidal (un dos equipos punteiros da clasificación) coa intención de prolongar a boa xeira de xogos e inciar tamén unha xeira de resultados positivos consecutivos.


AS FOTOS DO ENCONTRO NO SEGUINTE ENLACE CORTESÍA DA NOSA FOTÓGRAFA OFCIAL:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120229NaviaDCM?authkey=Gv1sRgCMa15eGyrIiW2wE#

jueves, 26 de enero de 2012

“Oportunidade para alonxarse do pozo” Navia FS – DCM


Esquecidos xa os parabéns recibidos polo equipo tralo seu último bo partido ante o líder da categoría, a táboa clasificatoria devolve ós nósos á terra e amosa a dura realidade de atoparse moi preto do pozo.
Nesta decimoterceira xornada, agárdonos un choque ante outro rival directo pola permanencia, o Navia FS, penúltimo clasificado a un só punto dos nósos.

Quen consiga levar os tres puntos escapará un chisco do perigo e terá alomenos unha semana de tranquilidade. Quen saia derrotado mercará moitos boletos para permanecer nos derradeiros postos da clasificación durante bastante tempo.

O DCM agarda trasladar as boas sensacións das últimas xornadas ó seu casilleiro, e é que necesita aproveitar o seu bo momento e facerse cun colchón de puntos para poder afrontar posibles a adversidades futuras (lesións, baixas...).

Para este partido o equipo podería contar con tódolos seus homes, xa que Yago regresa a terras galegas e de seguro que trae gañas de fúbol sala.

O rival é un descoñecido para os nósos, pero que seguro dará guerra ata o final.

Moitísimo en xogo nesta xornada. Tres puntos vitais para ambos conxuntos. A cita, o domingo ás 12:00horas no fermoso pavillón de bembrive. Vémonos!

lunes, 23 de enero de 2012

“O DCM codéase cos mellores”

A duodécima xornada deixounos unha derrota dos nósos ante o líder da división pero con moitos matices positivos que deben axudar ó equipo nos vindeiros partidos.
O mellor DCM da tempada mantivo o encontro moi igualado ata os últimos cinco minutos, onde a maior pegada do Matamá decantou o resultado.

O DCM tomoulle definitivamente o pulso á división. O equipo recuperou a orde defensiva e por momentos déixanos accións de primeiro nivel en ataque. Iso non foi suficiente no encontro de onte ante o equipo máis sólido da división, pero debería chegar na gran maioría de partidos para sacar resultados positivos. O vindeiro bloque de encontros debe servir como pedra de toque para saber se o nivel mostrado estas últimas semanas é o verdadeiro nivel do equipo ou é un mero espellismo. NaviaFS (equipo que loita pola permanencia como os nósos), Novo Vidal (equipo da zona alta) e o derbi contra Parquets Eloy pecharán a primeira volta e darán comezo a unha segunda volta que inicia con PescaderíaFlipper, Piedrajoya e Cahersa, tres equipos que venceron ós nósos na ida grazas en parte á falta de adaptación do equipo, pero será este o momento de demostrar que o DCM evolucionou nestes meses.
Para iso, o equipo deberá reincorporar tamén a Yago na dinámica do equipo.

O encontro ante o Matamá tivo dúas partes diferenciadas. Na primeira metade o líder actuou como tal e asumíu o dominio do esférico e da posesión, pero non foi quen de superar á defensa dcmista, polo que só lle quedou o recurso do disparo lonxano. Conseguíu facer o 0-1 moi cedo cun deses disparos que petaba nas costas de Quique antes de entrar na portería, pero a partires de entón, Jorge desbaratou todos e cada un dos lanzamentos do rival con grandes intervencións.



O DCM, a pesares de que priorizaba o traballo defensivo, non se conformaba só con iso, e cada vez que tiña o esférico buscaba chegar ó ataque rival con intención. Así, os nósos gozaron dalgunha boa ocasión para empatar o encontro, e o conseguirían cunha gran triangulación. Emi tocaba para Vare e este atopaba no segundo pau a Quique, quen case sen ángulo anotaba un gol moi importante. 1-1.






Chegaba o descanso e os nósos tiñan moitas opcións de sacar algo de proveito contra o líder.

E esas opcións incrementáronse moito na segunda metade, e é que nestes segundos vintecinco minutos foi o DCM quen levou o peso do partido. Matamá semellaba noqueado ante as dificultades que estaban a ter nun partido que seguramente agardaban levar con moita máis facilidade, pero o electrónico reflexaba un empate que lles comezaba a pesar.
Pero en contra do que puidera parecer, Matamá Vel´Arte é un equipo que non lle importa ceder o dominio do partido ó rival e adicarse a xogar á contra. O DCM sabía do perigo do contragolpe rival e non podía permitir perdas tontas de balón. Pero caeu neses erros imperdoables en máis dunha ocasión. Así chegaría o 1-2 e o 1-3. Pero o equipo non se rendeu e sacou os seus mellores minutos da tempada.
Pablo, refíxose deses erros defensivos cun gol moi aplaudido dende a bancada, tras deixar sentados ó seu defensor e ó gardamallas e marcar a portería baleira. 2-3.



E despois, fermosísima xogada,

similar á do primeiro gol Dcmista, esta vez, Quique abría cara Vare en banda esquerda, quen dende tres cuartos de campo tiraba un gran pase para a chegada de Emi no segundo pau que anotaba con solvencia levando as táboas ó marcador. 3-3.





O DCM desfrutaba e facía desfrutar dos seus mellores minutos de xogo e deixaba tocado ó líder. Puideron facer o 4-3 os nósos en un par de ocasións, sobretodo nun man a man de Pablo co gardamallas rival que lle gañou a partida.

Quedaban escasos oito minutos para o final cando o Matamá atopouse cunha xogada illada que lles deu vida cando peor o estaban a pasar e convertían o 3-4.
Tiña tempo por diante o DCM para volver a empatar, pero o equipo cometeu os mesmos erros que no 1-2 e no 1-3. En lugar de seguir movendo o esférico como ata o momento, empeñouse de novo en pases arriscados que otorgaron dúas novas ocasións ó líder para que sentenciara o partido co 3-5 e 3-6. Pablo era amonestado na recta final do encontro.

Remataba así un encontro vibrante que gustou e moito ó público asistente.

Toca esquecer xa o acontecido e pensar no enfrontamento directo ante o Navia Fs do vindeiro fin de semana.

Ata entón un cordial saúdo.

Desfruten das imaxes do encontro cortesía dos nósos fotógrafos CarGil e LúaGil.

https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120121DCMMATAMA?authkey=Gv1sRgCISS7ODazaGCXA#


jueves, 19 de enero de 2012

“Posibilidades reais” DCM – Matamá Vel´Arte


Dixerida xa a vitoria ante Gamusinos e dende a relativa tranquilidade que otorga estar fóra dos postos de descenso directo, o DCM recibe nesta duodécima xornada de liga ó líder da división, o Matamá Vel´Arte, único equipo que todavía non coñece a derrota nesta tempada.

O rival, é un equipo completamente descoñecido para os nósos, 9º clasificado con 34 puntos na pasada tempada, formado por xente nova pero que leva moitos anos xogando nesta liga que reforzouse este ano e marcouse como obxectivo estar entre os tres mellores da liga. Outros equipos que xa se enfrentaron a eles esta tempada, falan dun conxunto moi ordeado, que defende moi pechado atrás e busca os seus goles en contragolpes letais. Que sexa o equipo menos goleado da división con tan só 19 goles encaixados nos 11 partidos desta tempada, ven a demostrar que se trata realmente dun equipo moi traballado na parcela defensiva. Só cedeu 2 empates e o resto de encontros os conta por vitorias que o aúpan á primeira posición da clasificación.

Números que impoñen, pero que non significan que o DCM non teña posibilidades de sumar neste encontro.
Os nósos, atópanse nun bo momento, non teñen tantas dúbidas no seu xogo como nas primeiras xornadas e necesitan coller unha xeira de partidos consecutivos sumando para afianzarse na categoría.
Como diciamos, o equipo sufríu durante as pasadas xornadas problemas de adaptación á categoría e a cambios internos no plantel, pero aínda así, os nósos tiveron opcións en tódolos partidos desputados, nalgúns máis e noutros menos, pero sempre gozaron dunha mínima posibilidade para sumar puntos.
Esta xornada non é distinta, e a pesares de que recibiremos a un líder moi sólido, o equipo debe saír pensando que ten posiblidades reais de sumar e apurar ditas opcións coa intención de sacar un importante botín moral e clasificatorio.

Para iso, o equipo contará co mesmo bloque da xornada pasada (Chape segue a ser dúbida polos seus problemas fisicos e por mor dos exames, e Yago está a piques de reincorporarse ó plantel para xogar tres encontros consecutivos). Así, Jorge formará baixo paus, Quique, Xmon e Vare tentarán evitar que os rivais fructifiquen as súas contras coa axuda en primeira liña de Emi, Pani e Pablo, quenes ademáis levarán o peso ofensivo do equipo.

Non perdan este encontro!!

LUGAR: Pavillón Monte da Mina
DATA E HORA: Sábado 21 ás 20:00h

lunes, 16 de enero de 2012

“Gran comezo de ano” LosGamusinos 1-5 DCM


O DCM retoma a competición cun triunfo fundamental para a permanencia do equipo. Os nósos amosaron intensidade e ansias de vitoria, e así impuxéronse en todo momento ó rival, aínda que non sería ata a segunda metade cando se decantaría o encontro.
Con estes tres novos puntos, o equipo suma xa once en outros tantos partidos e afronta con optimismo o recén iniciado 2012.

A undécima xornada de liga achegábanos un encontro entre os dous últimos clasificados da división. Gamusinos, quen xa ocupa esa posición dende varias xornadas atrás, chegaba con bos números nas últimas datas e o DCM a pesares da derrota ante o Hannover, era consciente de que merecían algo máis que esa penúltima posición.
E saíron os nósos con gañas de demostralo. Presión bastante avanzada e dominio do esférico e das ocasións, aínda que sen fortuna de cara a porta.
Dous balóns á madeira tras xogadas embarulladas con Pani e Quique como protagonistas, un disparo fóra de Vare cando atopábase só ante o cancerbeiro, unha fermosa xogada individual de Emi e un lanzamento forte, cruzado e abaixo de Pablo que facía empregarse ó gardamallas rival a fondo foron as mellores ocasións dos dcmistas nesta primeira metade.


O gol era esquivo, pero ó final chegaría tras outro barullo na área, que Pablo aproveitaba para facer o 0-1.


O DCM estaba por diante e mandaba no partido, pero o resultado era moi curto. Tan curto que en calqueira aproximación o rival podía empatar. E así foi, nos últimos minutos antes do descanso, unha falta lanzada polos Gamusinos que petaba na barreira, caía rexeitada nos pés doutro atacante que facía o empate. 1-1.

Chegábase ó intermedio con todo por decidir. Pero ó DCM en lugar de afectarlle negativamente ese gol psicolóxico, saíu con máis gañas na segunda metade, conscientes de que podían e merecían levar os tres puntos.




E así, nada máis principiar o equipo anotaría por mediación de Emi tras servizo preciso de Pablo. Era o 1-2.










Non se conformou o DCM e seguíu coa súa presión avanzada. E noutro despexe erróneo dos locais, Vare aproveitaba para facer o 1-3.







Gozaría de máis ocasións o equipo nos pés de Pani, Emi e incluso Xmon animouse a sumarse ó ataque do equipo e estivo preto do gol.
Paro non se rendíu o colista, e tivo os seus mellores minutos neste instante de partido, no que superou varias veces a presión dcmista e chegou a ter, aínda que algo escorados, un par de mans a mans con Jorge, quen foi quen de resolvelos. Un tempo morto solicitado polos dcmistas apagou o ímpetu dos rivais quenes xa non voltarían a inquedar ó noso cancerbeiro.
E tras voltar do tempo morto, fermosísima xogada do equipo que remataría co 1-4. Triangulación perfecta entre Emi, Pani e Quique, e gol deste último.
Buscaría mellorar ese fermoso gol Pablo cunha xogada propia dos cracks de primeira división da liga BBVA, pegado a liña de fondo e marchando nunha baldosa do seu defensor e enviando o balón ó fondo das redes, pero o colexiado entendeu que o esférico tiña rebasado a liña de fondo e non concedeu o tanto (nas fotografías colgadas no link que se recolle ó final da crónica pode observarse como o balón non rebasa a liña).
Si conseguiría Pablo redondear o marcador nos últimos minutos facendo o 1-5.



Con esta vitoria o DCM respira e á espera de todos os resultados da xornada, o equipo subirá alomenos dous postos na clasificación.
A peor noticia e que agora os nósos recibirán ó líder da categoría, un Matamá Vel´Arte que todavía non coñece a derrota nesta tempada. Sen dúbida un partido moi complicado para seguir sumando, pero os nósos deberán tentalo con todas as súas forzas e pensar que ata o momento plantaron cara a todos os rivais da categoría.

Despedímonos ata a previa. Reciban un cordial saúdo. Grazas a afección que acompañou ó equipo neste vital encontro e grazas tamén á fotógrafa oficial.

Quedan coas instantáneas do partido

https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/140112DCMGamusinos?authuser=0&authkey=Gv1sRgCK-PvPKv77ix2wE&feat=directlink#

miércoles, 11 de enero de 2012

“Prato forte para principiar o ano”


O DCM reinicia a competición ligueira neste 2012 cun enfrontamento ante o colista, vital para o seu obxectivo da permanencia, non tanto no aspecto matemático (xa que quedan moitísimos puntos en xogo) pero sí no aspecto moral, e é que son este tipo de encontros os que o equipo non debe deixar pasar para sumar puntos de aquí a final da tempada.

Este enfrontamento, ademáis da vital importancia clasificatoria que ten para ambos conxuntos, trátase dun duelo entre dous equipos que comparten patrocinador. Ambos conxuntos enfrontáronse nun amigábel na pretempada, onde o DCM saíu vencedor, pero cabe destacar que o rival contaba coa baixa dun dos seus principales referentes ofensivos.
Nese partido, observouse que é un equipo que sabe facer gol con facilidade, pero tamén que comete erros defensivos que deberán aproveitar os dcmistas.
É o colista da división (aínda que cun partido pendente, que desputará xusto 24horas despois de enfrontarse ó DCM), pero iso non debe enganar ós nósos. O DCM non pode esperar un encontro sinxelo, senón que debe afrontalo como o máis complicado da tempada ata o momento, xa que ésta é realmente a súa liga. De feito, Gamusinos foi de menos a máis na tempada, e nas últimas datas acadou os 5 puntos que ostenta no seu marcador, tras vencer a Xestas e empatar con Urba e BarOCruce, obtendo así idénticos resultados que os dcmistas ante estes tres equipos, o que dá idea da igualdade entre ambos planteis.

O equipo contará para este encontro con todos os seus homes agás Yago e probablemente Chap. Jorge estará en portería, a parcela defensiva quedará en mans de Quique, Xmon e Vare, e o ataque será responsabilidade de Emi, Pablo e Pani.
Dende o clube sinálase a importancia de que todos os convocados puidesen asistir ó adestramento deste xoves, para ir creando un ambiente e unha mentalización de que este partido é moi importante para os dcmistas. Sumámonos tamén dende aquí a esa petición do clube, agardando que todos poidan facer ese pequeno esforzo. Aproveitamos tamén para recordar ós xogadores que mañá finaliza o plazo establecido pola presidencia para aboar as tasas en concepto de pavillón.

Así que xa saben, moito máis que tres puntos en xogo nesta primeira xornada de 2012. Non a perdan!!


LUGAR: Pavillón de Moledo
DATA E HORA: Sábado ás 19:00h

martes, 3 de enero de 2012

O DCM, campión da Copa Loiola por primeira vez na sua historia

Como xa é habitual nestas datas tan sinaladas do ano, o DCM acudiu ó torneo de inverno que se desputa no Colexio Apóstol. Dito torneo resistíaselle ó conxunto dcmista, pero tras 6 participacións, por fin conseguíu alzarse co título. Non partían os nosos coma favoritos para alzarse co torneo, equipo con moitas baixas, incluidas as de Quique e Pablo, que participaron con outro equipo, moi xusto de efectivos e sobretodo, sen porteiro.

Sen embargo, finalmente puidose contar con algún xogador que estaba en dúbida, co que o equipo (vermello onte) puido xuntar a Xmon, Pani, Emi e Yago coma representantes do DCM e Sebas coma gran fichaxe, aínda que descoñecido para a maior parte dos demais equipos.

Comezaba o torneo cun sorteo a priori benévolo para os nosos na fase de grupos. Tódalas cábalas o colocaban nas semifinais, pese a estar todavía por decidir se coma primeiros ou segundos. O sorteo deparaba o enfrontamento estrela do grupo, enfronte, unha selección de adestradores das diferentes categorías do Colexio Apóstol, porén, xa dende un principio quedou ben ás claras quén ía na búsqueda da victoria. O equipo vermello pasou por riba dos seus rivais. Foi superior en tódalas liñas, dominou o partido de principio a fin, pero non puido plasmalo no marcador. Unha auténtica exhibición sen gol, Sebas convertíase na auténtica sensación do torneo, partindo dende a posición de peche, chegando arriba. Así chegaría o único gol do partido para os nosos, tirando unha parede incluida dentro do área, e batindo por fin a Dani, un dos grandes porteiros que deu a canteira colexial. Porén, a poucos minutos do final, un erro defensivo rematou co gol do empate definitivo.

Tras este primeiro partido, o conxunto vermello tería que fixarse na golaveraxe para tratar de rematar na primeira plaza, pero as sensacións eran boas e o equipo víase superior. Así pois, o segundo encontro serviu para plasmar esa superioridade, vencendo 6-0 ó que ata ese momento era o líder do grupo A, 4 goles de Emi e 2 de Yago. O terceiro partido do dcm non chegou a desputarse debido a unha incomparecencia do equipo que non conseguirá acadar ningún punto, pero que serviu para clasificarse na primeira posición.

As semifinais foron se cadra o encontró mais igualado que tivo que desputar o conxunto dcmista, pero este equipo sabía das súas cualidades e aproveitaron que o rival saíu ó campo pensando que ían gañar fácil. Cando se quixeron dar de conta, o equipo vermello xa ía 3-0 arriba (2 de Yago e 1 de Pani) e a partires de ahí, o equipo tratou de aguantar o resultado. Recortou Pedrito con dous goles, pero mataron os nosos á contra con outro tanto de Yago.

Con cansazo acumulado por todos, chegouse á final, enfronte, outros dous integrantes do conxunto dcmista (Pablo e Quique) quenes sufriron moito para chegar á final nos penaltis e tras sete penaltis errados de maneira consecutiva por ambos conxuntos. O encontro comezou moi igualado e lento, pero tras un auténtico golazo de pani a reviravolta e de maneira acrobática marcaba o primeiro gol que aceleraba o partido. Comezou así unha sucesión de goles por ambos lados no que se amosou superior o DCM e sempre foi por diante, 10-7 o resultado final (3 de Sebas, 3 de Emi, 2 de Yago e 2 de Pani). Destacar que Quique sufríu constantes apupos da afección por vestir a camisola do rival Dcmista nesta gran final.

Ata aquí a crónica dun 2 de xaneiro de 2012 que trouxo a primeira Copa Loiola para as vitrinas Dcmistas.

Agardemos que sexa tan só o primeiro éxito do ano. Agora a pensar xa na liga regular e na permanencia.

Despedímonos ata a previa do primeiro encontro ligueiro de 2012! Boas Festas!


Crónica de"Enviado Especial"