O único equipo da categoría capaz de xogar cun ritmo diferente ó resto, sorprendeu e recordou ó DCM cal é o seu verdadeiro nivel neste deporte.
Co recurso máis sinxelo, básico e efectivo do fútbol sala; as paredes (que moi poucos equipo saben empregar), o Cocedero superou unha e outra vez ós nósos que abraiados dende o primeiro minuto non souberon reaccionar.
Ó final, goleada que volve a internar ó equipo dcmista na espesura da zona morna da táboa e obrígalle a traballar duro para tentar ter outra nova oportunidade de estar entre os de arriba. Ata o de agora, cada vez que o equipo asomou a cabeza polos postos altos da clasificación sufriu un duro correctivo que o baixou de novo a posicións intermedias.
A sétima xornada de liga presentaba ó DCM unha nova oportunidade de instalarse cos mellores da liga. Para iso tería que gañar no pavillón de Moledo a un BarCocedero que non presentaba uns números que asustaran, e ante a falta de información de primeira mano, o DCM confiaba hoxe en sacar adiante este partido.
Pero dende o pitido inicial do Señor Arango, o Bar Cocedero arrollou ós nosos no campo. Unha, dúas, tres, catro… innumerables ocasións sucedíanse nos primeiros minutos a favor dos visitantes ante un DCM incapaz de reaccionar a un xogo ó que non está acostumado a ver nesta liga. O Cocedero non é o equipo prototipo da VigoEnXogo, e os nósos fabricáronse a sí mesmos para sobrevivir nesta competición, polo que onte, ante un rival diferente, que sorprendeu, o equipo foi incapaz de reaccionar.
Aínda así, e a pesar de que as sensancións no campo xa eran de asoballamento absoluto, o DCM ía a manterse no encontro durante moitos minutos. E é que adiantábase o equipo visitante nunha desas múltiples chegadas facendo o 0-1, pero nun zarpazo illado dun inspirado Quique ía a facer o 1-1. Duraría pouco xa que na xogada seguinte erro defensivo no despexe de Vare e 1-2 para o rival. De novo igualarían os nósos por mediación de Yago cunha falta lonxana 2-2.
Pero os zarpazos remataron ahí, ter un 100% de efectividade ante a portería rival é imposible e o DCM xa non marcarían máis goles antes do descanso. Pero sí Cocedero que seguía a crear contras nas que cunha sinxela parede superaban á defensa dcmista e plantábanse na área para facer un gol tras outro. 2-3, 2-4, 2-5 e 2-6 nesta primeira metade.
Pouco había que dicir. O regreso ó campo, deu un atisbo de esperanza á afección dcmista co 3-6 convertido de novo en acción persoal de Quique, pero ahí remataría o encontro dos nosos. Nesta segunda metade defenderon algo máis e crearon máis ocasións, pero erraron de cara a porta rival e o Cocedero aínda que xa non marcaba en tódolos seus aproximamentos si o facía nalgúns deles. Ademáis, Pali e Vare sumáronse á festa goleadora dos rivais con sendos goles en propia porta chegando así ó 3-10 definitivo.
Haberá opinións de tódolos gustos, pero para un servidor, o DCM xogou a un nivel similar ó que está amosar esta tempada, e ese nivel non chega para vencer a ParquetsEloy, a Wapichi e a BarCocedero. Pódese dicir que hoxe xogouse fatal e botar as mans á cabeza, mais para este redactor, os nosos dan case sempre un nivel similar no campo con fluctuacións positivas ou negativas, pero similar ó fin e ó cabo, e hoxe ese nivel foi moi inferior ó do rival. Isto tampouco significa que o BarCocedero sexa un equipo inalcanzable para o DCM, pero cicáis con outro tipo de plantexamento e con outra mentalización previa por parte dos nósos, que semellan acomodados co que están a facer e non se esixen máis en cada encontro.
Queda moita liga, e se o equipo quere, disporá de novo de oportunidades para engancharse á cabeza da clasificación, pero para iso haberá que poñer de novo o mono de traballo e loitar cada partido como unha final.
Reciban un cordial saúdo e boa semana para todos!
PD: Deixar constancia de que BarCocedero xoga de vermello ó igual que os nósos, polo que no partido de volta haberá que empregar a segunda equipación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario