sábado, 6 de noviembre de 2010

“Non foi o día” DCM 2-6 Wapichi



O DCM desengánchase da cabeza do pelotón tras este tropezo ante un Wapichi que sabe ó que xoga e que conseguíu levar ó DCM ó seu terreo para despois gañarlle con autoridade.
Toca pasar páxina e centrarse na vindeira xornada na que de novo haberá partidazo ante un Acerón que pode enviar ós nósos á escura zona media da táboa da que é moi complicado saír.


Nova xornada de liga que deparaba un gran encontro, no que xa Xaime prevía que o vencedor do mesmo asaltaría o liderado da división e sen dúbida gañaría moitos boletos para manterse nos postos de honra ata final de tempada.
O vencedor foi Wapichi, que cuns números que asustan, convírtese en claro aspirante ó ascenso.
O DCM foi o vencido, e só lle queda traballar para recurtar diferenzas.

O partido, en contra do que pode parecer polo abultado do marcador, foi moi igualado durante moitos minutos, e o DCM foi por diante no marcador durante case todo o primeiro periodo.
Como prevíase, Wapichi saíu defendendo na súa cancha e deixando ó DCM o dominio do esférico. Os de Ratkovic Varela aceptaban o agasallo do balón pero non de moi boa gaña. Xogábase no campo do Wapichi pero sen perigo real para a súa portería.
O rival semellaba algo relaxado, deixaban recibir ós nósos que comezaban a soltarse, e nunha desas accións Quique recibía na frontal e conectaba un potente disparo que supuña o 1-0.
Mellor arranque imposible. Por delante no marcador e sen que o Wapichi levase perigo sobre a portería de Jor. Ademáis este resultado invitaba ó DCM a xogar con máis cautela e obrigaba ó Wapichi saír algo máis do seu campo.
Pero o Wapichi sabe ó que xoga e non se puxo nervioso. Con moita calma foise estirando, e o DCM non soubo xogar o partido. Nin decidíanse a atacar nin decidíanse a pecharse. Transcurrían os minutos e a cousa seguía pintando ben para os nósos.
Pero nunha falta moi lonxana, o dianteiro rival buscaba a portería con potente disparo directo e superaba a Jorge que laiábase do gol encaixado.
1-1 e o descanso estaba preto, pero Wapichi sen facer demasiado esforzo ía a atopar
unha nova ocasión e marcar un gol psicolóxico antes do tempo de refrixerio para facer o 1-2.

Todo por decidir na segunda metade que de novo comezaría ben para os intereses dcmistas, e é que nun saque de esquina botado por Vare e rematado por Quique, os nósos empataban de novo o partido. 2-2.
E cando o máis difícil parecía feito, o equipo descompúxose. O partido rachouse e Wapichi saíu beneficiado.
Pronto facía o 2-3. O DCM comezaba a entrarlle a ansiedade de non saber como atacar unha defensa posicional. As ocasións non chegaban e só nun disparo de Vare que petaba nun defensa levaron o Ui! á bancada.
Wapichi tiña o partido onde quería e non ía perdoar. 3 contragolpes e partido sentenciado co 2-6 final.

Pouco máis que engadir. O DCM venceu os seus partidos contra os equipos da zona media e baixa pero os enfrontamentos directos ante Parquets e Wapichi remataron en goleada na nosa contra.
As aspiracións quedan no aire. A pensar na vindeira xornada.
Un cordial saúdo e a polo Betis!

No hay comentarios: