domingo, 14 de noviembre de 2010

“O derby cae do lado Dcmista” Acerón 3-7 DCM



Por primeira vez na tempada o DCM sae victorioso dun enfrontamento directo cun dos galos da competición. Tralas abultadas derrotas ante Parquets Eloy e Wapichi United, un novo tropezo hoxe alonxaría moitísimo ó equipo da cabeza da clasificación, pero por fortuna o DCM acertou co plantexamento e puido levar os 3 puntos.


No ano da celebración do Bicentenario da cidade olívica, o noso equipo decidíu sumarse ós actos conmemorativos de tan fermoso evento e estreou hoxe a nova equipación da tempada que presenta as cores da bandeira de Vigo, o vermello e o branco.
A ocasión o merecía, un dos partidos máis agardados da tempada, o derby da deportividade, o derby ante Acerón que ademáis nesta ocasión ó igual que na 3ªdivisiónC tiña atractivo tamén pola boa posición clasificatoria de ambos equipos.

Os nósos chegaban ó encontro con importantes baixas, xa que a Emi e a Xmon uníase a de Pani con proceso gripal. Por fortuna Chape puido reaparecer nos terreos de xogo e cunha boa actuación.
O DCM plantexou un encontro rácano no xogo pero moi efectivo, baseado no traballo defensivo e na espera da inspiración dos seus homes de arriba e todo saíulle ben.
Aprendeu o equipo na súa última derrota ante o Acerón, que o equipo amarelo se ten espazos non perdoa, a por iso, os nósos cederon o peso da posesión ós rivais e agardaron no seu campo. Nestes primeiros intres o Acerón non estaba cómodo coa idea de ter que levar o peso do partido e apenas creaban perigo sobre a portería de Jorge. O DCM limitábase a agardar que os rivais perdesen o balón para saír un pouco do seu campo e crear as primeiras ocasións con disparos moi lonxanos pero que puñan a proba ó gardamallas rival.
E así chegarían os primeiros tantos dcmistas. Dúas xogadas totalmente illadas, de inspiración e mostra de calidade dos nosos dianteiros. Primeiro Quique de disparo potente e despois Yago tras unha xogada na que tivo que facelo todo el só, convertían o 0-1 e 0-2.
O Acerón semellaba noqueado, non atopaba a fórmula para atacar ó DCM e vía como o rival sen facer demasiado marchaba no marcador con dúas xenialidades illadas.
Pero nun dos escasos erros defensivos dos hoxe branquivermellos, Karr marchaba de Vare e outro atacante visitante gañaba as costas a Pali para tocar o suficiente e transformar o 1-2 antes do descanso que metía de novo ó Acerón no partido.

Pero tralo descanso, o DCM saíu moi metido e de novo un Quique tocado cunha variña máxica hoxe faría dous golazos que puñan o partido moi de cara para os visitantes; 1-3 e 1-4 e novo hattrick para o noso 9. Pero quedaban moitos minutos todavía, e Karr non ía desaproveitar as escasísimas ocasións que hoxe lles deixaron os homes dcmistas, moi pendentes del durante todo o partido.
Primeiro nun balón ás costas da defensa dcmista que aproveitaba moi ben tras un exceso de confianza de Vare e a media saída de Jorge, 2-4. E en poucos minutos, tras unha contra na que superaba a Pali e cruzaba perfectamente para facer o 3-4.
Non faltaba a súa cita co gol Karr e metía ó seu equipo de novo no partido. Pero de novo Quique ía a refrendar o seu magnífico día cun novo gol que mataba o partido 3-5. E é que de ahí ó final, o Acerón tivo que arriscar con porteiro-xogador e sufríu dos novos golazos dos Dcmistas dende propio campo. Primeiro Yago 3-6 e logo Quique 3-7 (que marcaba a súa particular manciña).

Remataba así o derby da deportividade, con tan só 7 faltas en todo o encontro (1 do Acerón durante todo o partido e 3 dos dcmistas en cada periodo)
O DCM sacaba 3 puntos de ouro, xa que unha derrota descolgaría moito ó equipo dos postos altos e levaría sen dúbida algo de pasotismo ó plantel, pero por fortuna, a estratexia de traballar en defensa e agardar a inspiración illada en ataque funcionou e o equipo volve a ter ansias de vitorias. Haberá que ver se lle duran nas vindeiras semanas.
O Acerón pola súa parte suma a primeira derrota da tempada, pero ten todavía un partido menos que os nósos polo que seguen nunha posición privilexiada.
Agardemos que ambos equipos poidan facer unha gran tempada.
Iso foi todo, tan só agradecer hoxe a súa presenza ós 3 afeccionados do equipo na bancada.

Reciban un cordial saúdo. Ata a vindeira semana.

No hay comentarios: