Pero ben, pasemos xa a falar do que vai a ser o partido desta fin de semana. O rival co que se vai enfrontar o DCM non e outro que o Wapichi United terceiro clasificado o ano pasado na terceira división grupo C (fai dous anos noveno en cuarta). O equipo no seu debut na segunda categoría conta cuns números moi positivos xa que é segundo, empatado co líder, con 10 puntos ou o que é o mesmo 3 partidos gañados e 1 empatado. Partido que empatou precisamente co líder co cal empata a puntos. En canto a súa golaveraxe conta con 20 goles a prol (1 máis que o DCM, o que fai unha media de 5 goles por partido) e 11 encaixados (1 máis tamén que o DCM, o que implica unha media de 2,75 goles encaixados por partido). O seu máximo goleador, segundo os datos facilitados na súa páxina web, e o número 14 "Mera", que leva case a metade dos goles do seu equipo (9). Polo tanto moi bos números os do Wapichi United que busca nesta temporada o seu terceiro ascenso consecutivo.
Para tratar de dificultar ese obxectivo, diante estará un DCM, que tras o borrón da primeira xornada onde caeu goleado por 5-0 ante o Parquets Eloy, acumula 3 vitorias consecutivas, o que fai que os nosos puidesen remontar posicións e atópese instalado na terceira praza. Os DCM'istas levan unha xeira goleadora moi positiva xa que nos últimos 3 partidos acumula 19 goles a favor é dicir unha media superior á dos 6 goles por partido (6,33). E tamén fortaleceu ós seus números defensivos, aínda que na última xornada encaixara 4 goles, leva 5 goles encaixados nas 3 últimas xornadas (1,67 goles encaixados por partido). Polo tanto podemos dicir que o DCM atopábase en plena forma antes do parón ligueiro, e agora terá que demostrar que segue na mesma liña e intentar obter os 3 puntos ante o Wapichi United. As sensacións do adestramento desta semana son contraditorias, por unha banda nos deixa a preocupación de que o equipo acumulou 3 baixas (a de Emi por lesión, a de Yago por precaución e a de Pani) pero por outra banda nos deixa a boa nova de que a pesar de que o equipo chegaba son con 4 efectivos ó encontro (o equipo tivo que pedir cedido a un xogador do Galecoi) mostrouse como o equipo sólido e combativo que demostrou xa nalgúns momentos da súa historia e que normalmente fixo que o equipo, agora adestrado por Ratkovic Varela, obtivera bos réditos.
Para este partido o adestrador DCM'ista poderá contar seguro con Vare, Pali, Xmon, Pani e Quique. Jorge tamén estará no partido, pero cabe a posibilidade de que por mor dos seus compromisos estudantís chegue con certo retraso aínda que dende o club conta con que chegue a tempo para iniciar o encontro aínda que sexa con pouca carga de quecemento. A outra dúbida e Yago, en principio debería estar, pero esta semana tivo unhas molestias nunha das súas pernas o que pon algunha incertidume sobre a súa participación. Baixa segura e a de Emi que segue a recuperarse tralo último partido da súa rotura fibrilar e despois coma sempre está o caso de Chap que coma sempre está a disposición do club, aínda que sabemos que prefire de momento gardar repouso para fortalecer as súas costas e así evitar as molestias que lle están impedindo participar con normalidade.
O partido chega a un horario novidoso esta temporada, e é que os nosos xogarán o sábado ás 14:00 h, co cal evitan contraprogramar o Celta - Betis desta xornada. Agardemos que debuten co bo pé neste horario dominical e que os seareiros acudan ó partido, un bo aperitivo para a comida do sábado, e que non tódolos días se pode gozar dun enfrontamento entre o segundo e terceiro clasificado. A resolución a teremos este sábado ás 14:00 no máxico pavillón do Monte da Mina, onde veremos se por fin os nosos conseguen recuperar o balón que quedou atrapado na primeira xornada de liga.
Un saúdo, e agardemos que Lino poida contarnos unha vitoria DCM'ista.
Aliñación Inicial Probábel:
------Jorge-------
--Vare-----Pali---
------Pani--------
------Quique-----
Banco: Xmon, Yago e Chap.
No hay comentarios:
Publicar un comentario