A octava xornada de liga deparábamos un encontro ante un vello coñecido, o BarKubi, que esta tempada perdeu ó seu mellor home e está a atravesar momentos complicados na clasificación, aínda que todavía mantén no plantel a dous homes de calidade que poden sacar partidos adiante e saír dos últimos postos da táboa (ata o momento enfrontáronse principalmente a equipos da zona alta da clasificación).
Os nósos chegaban ó encontro moi necesitados de boas sensacións trala abultada derrota ante BarCocedero da última xornada e algo presionados pola prensa sensacionalista que semella antepoñer os seus intereses comerciais creando un excesivo alarmismo e tamén presionados por certos membros directivos do clube que parecen querer asumir máis protagonismo tras moito tempo na sombra aínda que sexa a costa dos intereses do clube, do equipo e sobretodo da afección .
Por sorte, o equipo soubo illarse de todo iso e arroupado por uns siareiros que responderon en masa nun momento vital da tempada sacou o partido adiante.
O encontro non foi sinxelo. O equipo semellou saír xeado ante as baixas temperaturas do pavillón e non daba carburado. Aínda así e a sabendas de que non se atopa no seu mellor momento nin de forma nin de xogo, soubo ter o partido controlado en todo momento. A sensación era que mantendo as posicións defensivas, os goles acabarían chegando. E así foi, tras uns primeiros dez minutos nos que o equipo estivo ben plantado atrás e que tentou combinar pero sen acerto en ataque, o gol chegaría tras un erro rival. O último home de Bar Kubi erraba no seu pase e o DCM montaba un dous para un con Pani e Yago como protagonistas para que este último fixese o primeiro gol da noite. 0-1.
O partido semellaba encarrilado, pero Bar Kubi non ía desesperar, e o DCM sabedor da necesidade destes tres puntos, decidía non arriscar nin un ápice a vantaxa conseguida e seguir traballando en defensa á espera dun novo erro rival.
A primeira metade remataría sen grandes ocasións para ambos equipos, cicáis máis chegadas por parte dos dcmistas que non eran quen de abrir máis distancia no electrónico.
A segunda metade foi máis do mesmo, aínda que o DCM cedeu máis protagonismo ó rival e pechouse atrás en busca das contras. Así, o pouco de reiniciarse o encontro, Yago faría un novo gol, 0-2 levando a tranquilidade á bancada.
Pero o rival non se rendía e tiraba de calidade para desbancar a defensa dcmista nunha gran xogada que convertían de tacón á espaldas da portería defendida por Jorge. 1-2.
Pero os nósos sabían da importancia destes tres puntos e mantendo a compostura foron quen de sentenciar o encontro con dous goles de Pani. O primeiro tras un pase longo de Pali que Pani recibía, o seu disparo era rexeitado polo gardamallas pero no rexeite Pani enviaba ó fondo das redes. 1-3. E o cuarto gol chegaría preto do final nun saque de esquina que de novo convertía Pani 1-4, aínda que o seu maior mérito na xogada estivo en osixenar a saída de balón dos defensas cun desmarque que permitía a Pali apoiarse co noso centrocampista, tirar a parede e sacar un corner que él mesmo sacaría cara o citado Pani.
Finalizaba así un encontro no que o DCM xogou moi lento pero serio e con poucos
riscos. 3 novos puntos que permiten seguir loitando por recurtar distancias.
Ó final do encontro seareiros e xogadores felicitábanse mutuamente, namentres algún dos directivos antes citados, non cesaban nas súas críticas ó equipo e especialmente ó seu máximo artilleiro ata o momento que onte non tivo fortuna de cara ó gol.
O equipo ten que recuperar tono físico urxentemente para poder aumetar o nivel de xogo das últimas semanas nas que os nósos non son quén nin de ofrecer desmarques en ataque nin de chegar con rapidez ás axudas defensivas.
A actitude e o compromiso mostrado polo equipo ante Acerón é o que ten que existir en cada partido para sacar adiante os encontros ante rivais de máis entidade. Hoxe o nivel foi suficiente para vencer a BarKubi, pero non o será nos vindeiros encontros.
Agora un fin de semana de descanso pola ponte festiva e despois enfrontamento ante un Bar Lobis Home do que o equipo sacou informes de que será un equipo moitísimo máis perigoso e complicado do que indica a táboa clasificatoria.