domingo, 30 de mayo de 2010

“ O autobús dcmista abríu as portas ó final” LaCasita 5-3 DCM

Se non hai sorpresa na última xornada, LaCasita será o campión da 2ªB. O DCM tentou hoxe plantar cara a un dos dous mellores equipos da división ó igual que o fixera na última xornada, pero a diferenza foi que só o conseguíu durante 43 dos 50 minutos do encontro.

Conseguírase contra Hannover, ¿por qué non contra LaCasita?. Esa era a consigna do DCM para hoxe, volver a augala festa ó outro equipo que ocupará un dos dous postos de ascenso da clasificación.
A fórmula, a mesma que o outro día. Equipo moi pechadiño atrás e a aproveitar as oportunidades á contra. De novo semellou funcionar durante moitos minutos, pero ó final, por sorte para o espectáculo, venceu o equipo que máis buscou a portería rival.
Houbo diferenzas respecto á semana pasada. E é que contra Hannover o DCM defendía igual que hoxe, moi metido no seu campo e aguantando moi ben as posicións, pero en ataque as cousas cambiaron. O outro día, non só defendíase senón que tentábase facer algo cando o balón estaba en posesión; hoxe, o balón non duraba nos pés dos nósos. As reducidas dimensións do pavillón de Balaídos, facilitaban moito a presión a toda a pista do rival. A semana pasada cando Hannover presionaba ós nósos, corría o risco de que o DCM atopase un oco e os collese fóra de sitio; hoxe iso era case imposible, xa que nun campo tan pequeno apenas hai ocos e incluso sendo capaces de superar a primeira liña de presión rival, é moi fácil recuperar a posición, por iso, o DCM non tivo nin un segundo de respiro en todo o partido, houbo que defender os 50 minutos.

As cousas poñeríanse pronto de cara para os nósos co 0-1, tras un balón roubado en medio campo que Emi servía en bandexa para Quique e este non perdoaba. E minutos máis tarde co 0-2, tras un saque de banda moi preto da liña de fondo que Yago mandaba ó fondo das redes tras un rexeite. O resultado comezaba a desesperar ó rival e fortalecía as ideas e a táctica dos nósos. LaCasita movía o balón pero non atopaba ocos, tivo só un par de boas ocasións antes de que no último minuto da primeira metade, tras un balón aéreo rexeitado por Jorge, un dos atacantes aproveitaba que o gardamallas estaba fóra de sitio para recurtar distancias. Daquela xa Pali tíñase retirado do encontro por unha mancadura o que obrigaba ó reposicionamento de Quique ou Emi coa consecuente perda en termos ofensivos e de entendemento en tarefas defensivas.1-2 e descanso.

LaCasita víñase arriba con este gol psicolóxico, pero ó pouco de principiar durísimo mazazo dos dcmistas que facían o 1-3. Quique servía un preciso balón en longo para un bo desmarque de Yago que desfacíase da súa presión e tocaba o xusto para superar a media saída do cancerbeiro. Tres saídas dos dcmistas e tres goles. O partido estaba saíndo á perfección, pero o DCM non estaba facendo méritos para levar semellante vantaxe.
Quedaban moitos minutos, e LaCasita non quería renunciar a súa posibilidade de facerse co campionato de liga. Cada vez gañaba máis metros e posesión e cada vez o DCM víase máis incapaz de ter a posesión máis de dous segundos. O lóxico era que os goles acabaran chegando, e así foi.
2-3, 3-3 e 4-3 a falta de 7 minutos para acabar de dála volta ó electrónico e amosar méritos para ser o líder da división ó remate da mesma. Co 4-3 retrocederon posicións, o que aproveitou o DCM para espertar, o partido virou por completo. Agora os nósos tiñan a posesión e atacaban e o rival defendía (pero non tan atrás e con maior intención de robar balóns e facer algo ofensivamente que anteriormente o DCM). Yago primeiro e Quique despois tirarían sendos balóns ó pau, e aínda chegaría unha clara ocasión máis, pero o empate non chegou e LaCasita sentenciou nunha contra facendo o 5-3.

Escapábase o encontro, escapábase a segunda badalada da que falaba Xaime na previa. Estivo preto, pero escapou ó final.
Non puido ser, o equipo tentouno, amosou profesionalidade unha vez máis (queríase devolver ó Hannover o que se lle tiña quitado o outro día) pero ó final LaCasita venceu, asegura a súa praza de ascenso e se vence na derradeira xornada ó FutasNieves será campión da división.

O DCM debe sacar en limpo que a idea defensiva é moi boa, pero para gañar os partidos hai que facer algo máis que defender. É a base do xogo, pero unha vez recuperado o balón hai que tentar chegar á portería rival.
De tódolos xeitos, moi boa imaxe do equipo nestas últimas dúas xornadas ante futuros “primeiras división”, o que semella un intento de presentar candidatura para pelexar polo ascenso a próxima tempada.

Felicitar a Hannover e LaCasita polo ascenso e a afección por voltar a acompañar ós nósos nestas últimas xornadas.
A competición remata cun DCM – ParquetsCorcoba que agardemos sirva para deixar un bo sabor de boca e facer de guinda para unha gran primeira tempada nesta 2ªdivisión.

Reciban un cordial saúdo!

viernes, 28 de mayo de 2010

Na Procura da Segunda Badalada

Boas tardes, benqueridos lectores, hoxe vos informaremos do que vai a ser a penúltima xornada desta segunda división grupo "B" de Vigo en Xogo, unha división onde aínda non hai nada decidido especialmente na zona alta da táboa clasificatoria. Tras os resultados da pasada fin de semana, onde o DCM deu a badalada ó conseguir un empate fronte ó Hannover, nun partido no que soubo aproveitar ó máximo as súas fortalezas, todo queda aberto a falta de dúas xornadas para o final, tanto o campionato de liga como os postos de ascenso. Esta semana o rival que lle agarda ó DCM non é máis sinxelo que o Hannover, e é que La Casita está a callar unha segunda volta perfecta, sumando tódolos seus partidos por victoria. O DCM quererá truncar esta xeira, como foi quen de truncar a do Frutas Nieves, que non tiña gañado ningún partido na segunda volta, ata que se enfrontou co DCM ó que superou por 4-3 no marcador. Precisamente será o Frutas Nieves o rival do Hannover, un Hannover que ten que gañar o seu partido do sábado e agardar que La Casita perda un dos dous partidos que lle restan por disputar.

Na ida o DCM caeu contra La Casita por 3-5, nun partido no que Lino titulaba o seguinte: "O intento de xogo alegre converte ó DCM nun equipo fráxil" DCM 3-5 La Casita " e onde o autor da crónica buscaba similitudes entre o xogo proposto por Eusebio Sacristán no Real Club Celta e o proposto polo adestrador DCM'ista neste partido. Porén o DCM chega a este partido nunha situación diferente á da ida, e ante un rival que está nun intre de forma superior ó da primeira volta, e por iso pode que o prantexamento sobre o campo troque algo con referencia a primeira volta. De todos modos sempre é moi complicado adiviñar as intencións do DCM antes de un partido de liga. Cabe destacar que se o DCM consegue puntuar fronte a La Casita, sería quen de ter puntuado cos 3 primeiros clasificados nesta segunda volta, 3 equipos que case que con toda seguridade ascenderán a vindeira temporada a primeira división (cabe destacar que contra o Pers United puntuouse por temas administrativos, pero na primeira volta conseguiuse un empate sobre o terreo de xogo). E é que o DCM se consegue puntuar nos dous vindeiros partidos haberá sido quen de puntuar con tódolos seus rivais agás contra o Parquets Eloy, equipo que foi quen de superar a escuadra DCM'ista na primeira e na segunda volta.

O partido desta fin de semana, disputarase nun pavillón peculiar, que non é outro que o pavillón do Estadio Municipal de Balaídos (neste caso na pista 2 en lugar da 1, na que xogouse o partido contra o Birraleal), pavillón que caracterízase polas súas reducidas dimensións, o que soe obstaculizar o xogo creativo e provoca partidos pouco vistosos e con continuos choques. Tras o fracaso do partido anterior, é posíbel que o Ratckovic Varela busque algunha alternativa ó xogo do DCM co fin de adaptarse ben ó terreo de xogo, e é que se o DCM quere obter algún punto do partido deberá explotar ó 100% as súas fortalezas. Como obxectivo no horizonte do DCM conseguir a sexta praza, mellor posición a que opta o DCM, que conseguirá no caso de gañar os dous partidos e que o ACP teña sendos tropezos nos seus. A sétima praza xa está garantida.

Para este partido a convocatoria é toda unha incógnita, se ben todo fai pensar que o adestrador do DCM poderá contar para pór en práctica o seu esquema de xogo, con 8 xogadores, que serán Jorge para a portería, Pali, Vare e Chap para a zona defensiva e Pani, Emi, Quique e Yago para os postos con vocación máis ofensiva. A baixa habitual a protagonizará con case toda seguridade Xmon que terá que quedarse en Santiago de Compostela por motivos persoais. Dentro de esta convocatoria de 8 xogadores cabe destacar que Chap segue coas súas molestias nas costas e tan so poderá xogar algúns minutos, minutos moi importantes para dar refrixerio ós compañeiros que estean sobre o terreo de xogo.

A cita xa o saben no Estadio Municipal de Balaídos, na porta 18, na pista 2 e ás 13:00 horas, un perfecto aperitivo para gozar dun soleado domingo, como nos prognostican as previsións meteorolóxicas. Isto é todo, nos vemos na previa do DCM Vs Parquets Corcoba, no que será a derradeira previa desta temporada.

Aliñación Probábel


-----Jorge------

-Vare-----Pali--

------Emi------

-----Yago------

Banco: Chap, Pani e Quique

Xornada 14 de Vai-á Porra

Estes son os partidos seleccionados para a décimocuarta xornada de VAI-Á Porra

La Casita F.S. Vs Deportes Carlos Miguel
Ponte a Pintar Vs A.C.P. Sport
Pizarro F.S. Vs Acerón

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo

Na entrada de Abaixo tedes a clasificación das dúas últimas xornadas

Clasificación Xornadas 12 e 13 de Vai-á Porra

miércoles, 26 de mayo de 2010

O DCM Entra nas Redes Sociais


O DCM xa está presente nas redes sociais. No noso afán por achegarnos a todos os nosos seareiros e interactuar con eles, o DCM decidíu abrir unha páxina na rede social "Tuenti", rede social maioritaria entre os xogadores do equipo. Nesta páxina iremos informando puntualmente das novidades do equipo, e trasladaremos as novas que publiquemos neste "blog". Se tedes tuenti e queredes agregar a páxina, tan so tedes que buscar no tuenti a páxina do Deportes Carlos Miguel FS.

domingo, 23 de mayo de 2010

“O DCM recupera a súa mellor cara e evita o alirón” DCM 4-4 Hannover

Fermoso partido o vivido esta xornada entre o líder da división e un DCM sen aspiracións e que presentábase co papel de vítima para este encontro.

Os malos resultados das últimas xornadas, a imaxe de equipo sen ambición, as críticas ó corpo técnico dende algúns sectores que reman na dirección contraria e unha celebración de aniversario dunha afeccionada que limitou as horas de sono a menos das oito recomendadas antes dun encontro, facían prever unha derrota abultada a mans dun Hannover que quería aseguralo ascenso e proclamarse campión de liga a falta de dúas xornadas para o remate.
Pero o DCM segue a dar sorpresas, os quinielistas teñen unha cruz con este equipo, e é que xa van moitas veces que o equipo non é quen de superar a equipos netamente inferiores e sen embargo saca o mellor de si mesmo ante rivais superiores.

E iso que o partido comezou moi de cara para o Hannover. Nos primeiros minutos, pequeno erro defensivo dos nósos e Migui non perdoaba clavando o esférico na escadra. 0-1 e todo facía indicar que sería o inicio da goleada; pero hoxe o plantexamento táctico do encontro foi perfecto por parte dos de Ratkovic Varela, e a pesar de ir por detrás no marcador, non cambiaron a súa idea de defender moi xuntiños en poucos metros para non deixar opcións ós desmarques e a velocidade do Hannover que sufriría moito ante este plantexamento. Ademáis pronto Quique faría o empate e levaría a ilusión ó conxunto branquiazul que xogaría ó 200% ó comprobar que tiña opcións de sacar algo positivo do encontro.
O tempo transcorría sen demasiados sobresaltos, o Hannover semellaba sorprendido ante a boa colocación defensiva dos dcmistas e custáballes moito crear ocasións claras; de feito a máis clara chegou nun despexe defectuoso de Vare que Jorge sacou de maneira incrible a córner. E o partido todavía melloraría para os intereses dcmistas e é que nada máis regresar dun tempo morto, o equipo collería descolocado ó rival e Emi aproveitaba un rexeite para facer o 2-1; ledicia nos nósos e présas no rival.
Quedaba pouco para o descanso, pero o DCM non puido evitar o empate do equipo máis goleador do campionato, foi nun disparo lonxano que petaba en Pali e colábase nas redes da portería. 2-2 e tempo de refrixerio.

O DCM sabía das súas opcións, pero non ía a cambiar nada. Gustábanse, as cousas saían ben, e alomenos xa recuperaran a boa imaxe durante 25 minutos. Só quedaba seguir igual.
Hannover pola súa parte seguiría acumulando posesión pero sen perigo real; tan só un par de boas intervencións de Jorge, ata que nun rexeite os líderes farían o 2-3. Incriblemente o DCM non cambiaría, semellaban ata satisfeitos coa derrota por só un gol, pero niso consistía a táctica… calquera pequeno desorde, calquera pequeno risco de máis significaría un novo gol do mellor equipo da división, así que tocaba seguir madurando o partido. Hannover ofrecíalle ós nósos saír da cova, pero éstes sabían que todavía non era momento para iso, e así foi, o equipo aguantou e a falta de 7 minutos con algo de fortuna Vare entregaba o balón a Quique quen case sen ángulo pero co porteiro descolocado levaba o empate a 3-3 no electrónico. Ledicia dcmista e desesperación do Hannover que viríase arriba con todo para buscar o 4º, pero iso foi aproveitado polo DCM para trenzar unha gran contra que Pani culminaría facendo o 4-3. Quedaba pouco, 5 minutos para o final; os nósos contaron con algunha contra máis que erraron e finalmente Hannover nun córner levaría de novo a igualada ó taboleiro, 4-4. Os líderes non conformábanse, pero agora tampouco o facía o DCM que ía desfrutar da última ocasión clara do partido na que o balón acabou petando no pau ó tempo que o colexiado asubiaba o final deste fermoso partido.

Os nósos marcharon moi satisfeitos coa imaxe ofrecida. Houbo loubanzas para os xogadores e para o prantexamento táctico, e no bando contrario, o Hannover laiábase pola ocasión perdida para proclamarse campións da 2ªB, e é que agora tan só teñen dous puntos de vantaxe sobre LaCasita e cun partido máis, polo que LaCasita depende de si mesmo para arrebatar o posto de campión a un Hannover que levaba moito tempo ocupando a 1ª praza da clasificación; para iso deberán vencer na vindeira xornada a un DCM que sairá motivado tras este último encontro e coa intención de devolver ós seus novos compañeiros de adestramento o que hoxe lle quitaron, e posteriormente tería que gañar a Frutas Nieves.

Destacar por último o gran ambiente de deportividade entre os dous conxuntos que fai que así desfrútese moito máis dun partidazo como o de hoxe.

Ata a vindeira semana!

viernes, 21 de mayo de 2010

O DCM Invitado a Festa do Ascenso do Hannover

Ola a todos, hoxe nunha previa máis reducida do habitual por mor da época de exames vamos a comentar o que vai a ser o partido desta fin de semana para o Deportes Carlos Miguel.

O rival do DCM será o todopoderoso Hannover, que chega ó partido coa aspiración de pechar o ascenso matemático nesta xornada, obxectivo que logrará se consegue gañar o seu partido desta fin de semana. Nada fai pensar que o DCM, un equipo que baixou os brazos da competición e que non está a saber gozar da tranquilidade e culminar o ano despregando un bo xogo favorecido pola falta da presión clasificatoria, poida ser quen de arruinarlle a festa ó líder da segunda división grupo "B".

O Hannover parece que vai chegar a este partido con todo o seu arsenal, o que supón unha seria ameaza para os nosos, que na primeira volta cando se quixeron espertar xa ían perdendo por 3-0. Os adestramentos co Hannover servíronlle ó DCM para comprobar a velocidade coa que este equipo é quen de mover o balón nas accións de ataque e a calidade dos disparos a porta. Polo tanto se o DCM quere ter algunha opción de puntuar neste partido deberá saír conectado ó 100% dende o inicio do partido.

Para este encontro Ratckovic Varela vai poder contar con todo o seu plantel ó completo agás Xmon que estará outra semana máis de baixa na capital galega. O Adestrador que se está a xogar a súa credibilidade nesta recta de fin de liga (cousa que non nos deixa de asombrar cando é un adestrador que en dous anos levou ó equipo a segunda división e consolidouno na categoría) terá que intentar construír un sistema defensivo-ofensivo que sexa quen de contrarrestar en todo o posible o caudal ofensivo do Hannover.

O partido xa o saben se disputará ó Domingo ás 09:00 horas no pavillón de Manuel Antonio, un partido no que o DCM tratará de quitarse o mal sabor de boca que deixou nos seareiros os últimos partidos, e intentará retrasar unha semana a festa do ascenso do Hannover, para facelo os nosos deben saír 100% motivados ante un rival que a vindeira temporada será de primeira división.


Aliñación probábel


------Jorge------

-Vare------Pali--

------Emi-------

------Yago------


Banco: Chap, Pani e Quique

Vai- á Porra, Xornada 13ª

Estes son os partidos seleccionados para a décimoterceira xornada de VAI-Á Porra

Deportes Carlos Miguel Vs Hannover
Acerón Vs Pers United
Bar Kuvi Vs Parquets Eloy

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo

A clasificación da xornada pasada publicarase a vindeira semana, xunto coa clasificación da xornada 13ª.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Ánimo a Antonio González e a súa Familia

Dende o DCM queremos mostrar o noso apoio ó árbitro de Vigo en Xogo, Antonio González, que onte foi atropelado por un conductor que triplicaba a taxa de alcoholemia, na rúa de Ramón Nieto. O Conductor atropelou a Antonio e a súa familia (a súa muller, os seus 2 fillos, os seus cuñados e os seus sobriños). Por sorte xa todos están fora de perigo. Antonio sufríu unha factura de tibia e peroné.

Vaia dende aquí os nosos desexos dunha pronta recuperación, para Antonio e a súa familia.

Fotografía sacada de http://www.farodevigo.es/ , onde poderán obter máis información.

sábado, 15 de mayo de 2010

"O DCM empéñase en ser un equipo mediocre" F.Nieves 4-3 DCM

Tras case un mes de parón por descansos e festivos o DCM regresou á competición para deixar unha imaxe de equipo "maliño" e permitíu que un rival case desauciado pasáralle por riba e levara os 3 puntos.

Superado o periodo de adaptación á división, superado o medo de non estar á altura da competición e superado o perigo do descenso (tendo a permanencia no peto a falta de 5 xornadas), semellaba a situación perfecta para que o DCM acabase a tempada ó grande e mostrase a súa intención de codearse cos mellores a vindeira tempada.

Pero nada máis lonxe da realidade. Coma ven sendo habitual, a 2ªvolta dos nósos é para esquecer. O equipo perde esa intensidade competitiva dos primeiros encontros que lle levan sempre a cumprir os obxectivos, esquécese do seu xogo e acumula xornada tras xornada sen acadar victorias.

Hoxe ademáis o equipo rachou en defensa e ataque e convertíuse nun digno seguidor de Pepe Murcia, patadón e a competir.

Os rapaces xa cumpriron o obxectivo, non queda máis que aplaudir, pero tiñan ante sí a oportunidade de presentar unha candidatura para os postos máis altos na vindeira tempada, e están deixando pasar a ocasión, estanse empeñando en ser un equipo mediocre, un equipo da zona media da 2ª división. A oportunidade segue ahí, pode rematarse a tempada deixando unha gran imaxe xa que os rivais son propicios para iso, pór en apretos ós dous equipos que seguramente para o ano militen na máxima categoría da Vigo en Xogo, é todo un reto, e pode ser todo un premio para rematar unha tempada na que cumpríuse co esixido.

Pero para iso, hai que xogar tan ben coma sempre e sen cometer erros.

Hoxe xogouse mal e cometéronse moitos erros. Jorge non estivo fino no primeiro gol, Pali confiouse nun balón sinxelo que quixo deixar saír de banda no terceiro, Quique non acertou na forma elixida de querer axudar ó equipo e Vare e Emi tampouco foron quén de remar cara diante e mellorar en nada a imaxe do equipo. Completou a convocatoria un mancado pero entregado sempre co clube, Chape.

E o peor de todo é que por momentos tiveron ó Frutas Nieves entregado e contra as cordas, e é que o partido comezaría ben para os nósos, 0-2 nos primeiros minutos e con ocasións para rachar o marcador. Pero o partido trocou cando os rivais viron que o DCM deixáballes chegar arriba con certa facilidade, e é que os nósos pronto racháronse en dous, nin se defendía nin se atacaba en conxunto, e iso xa quedou claro moitas veces que acaba levando á derrota. Falta de forzas, falta de concentración... da igual o motivo, pero sempre que non defenden os 5 e non atacan polo menos 3... nunca conséguese nada, e iso foi o que ocurríu hoxe.

Houbo entrega, gañas e esforzo, iso non se lle pode negar a ninguén, pero foron malgastadas no senso equivocado.

O Frutas recurtou distancias antes do descanso co 1-2 e a pesares de que o partido complicábaselle de novo na 2ª metade cun penaltie en contra que significaba o 1-3, non se renderon, aproveitaron as ás que lles deu o DCM e acabaron levándose o encontro ó transofrmar un penaltie que significaba o 4-3.

O Frutas Nieves toma aire tras esta victoria (a primeira en toda a segunda volta) e loitará ata o final por quedarse nesta 2ª división aínda que non o terá sinxelo.

E os nósos a pensar xa na vindeira xornada. Recibirán ó líder da categoría, que amosoulles este xoves no adestramento que cando xogan ó 100% son moi superiores ós nósos, porén, no deporte, todo pode pasar.

Un cordial saúdo.

viernes, 14 de mayo de 2010

28 Días Máis Tarde Volve a Liga para o DCM

28 días tiveron que pasar para que volva a competición para o Deportes Carlos Miguel, xa que o equipo azulón tivo que descansar 3 fins de semana de maneira consecutiva, debido ás coincidencias do calendario. A fin de semana do 25 de Abril descansou por mor da expulsión da competición do Decoraciones Costas, o seguinte fin de semana pola festividade do día do traballo e do día da nai, e por último o pasado fin de semana porque regulamentariamente lle tocaba a súa xornada de descanso. Nestas 2 xornadas de liga na que o equipo descansou perdeu dúas posicións xa que observou como tanto A.C.P. como o Parquets Eloy lles superaban na táboa clasificatoria.

Nesta volta a competición o DCM terá que afrontar a recta final do campionato fronte a 4 rivais de moi diversa índole. En primeiro lugar recibirá a un Frutas Nieves que loita por escaparse dos postos de descenso, posteriormente recibe a Hannover e La Casita, co que o equipo DCM'ista pode converterse en Xuíz do campionato, e por último xogará contra ó Parquets Corcoba, partido no que seguramente ningún dos dous equipos se xogue nada.

Como ben dicimos, o primeiro rival co que vai a ter que enfrontarse o DCM non é outro que o Frutas Nieves, equipo que xa lle puxo moi complicadas ás cousas na primeira volta pero ó que o DCM conseguiu vencer por 4-2. Porén o Frutas Nieves chega nunhas circunstancias moi diferentes ás da primeira volta, o equipo fruteiro logrou facer unha primeira volta media que o situaba na metade da táboa e cun colchón de puntos importante respecto ós postos de descenso (tiña 11 puntos máis que o Acerón, equipo co cal está empatado a puntos nestes intres na táboa clasificatoria a pesar de que o Acerón ten un partido menos). Porén unha segunda volta catastrófica na cal o Frutas non foi quen de acadar nin unha soa victoria afundírono na clasificación e agora ten que intentar puntuar nos 3 partidos que lle restan para evitar caer na terceira división. Nembargante a papeleta é moi complicada para o equipo fruteiro xa que dos tres rivais que lle restan o máis asequible sen dúbida é o Deportes Carlos Miguel, xa que os outros dous rivais son o Hannover e a Casita, equipos que seguramente se estean a xogar o título. Polo tanto o Frutas Nieves sairá a dar ó máximo ó terreo de xogo para gañar ó DCM e agardar un tropezo do Acerón que lle permita rematar a xornada fora dos postos de descenso. O Frutas Nieves está a sufrir moitas baixas nos derradeiros partidos o que fai máis complicado o obxectivo de rematar a competición por riba dos 4 últimos postos.

Pola súa banda o DCM chega ó partido sabedor de que non se xoga demasiado, tan so quedar o mellor clasificado posible para presentar as credenciais para poder loitar por algo máis na vindeira temporada. O equipo dirixido por Ratckovic Varela intentará non acusar a inactividade e seguir mostrándose como un equipo compacto e ademais mostrar maiores folgos que nos últimos partidos de liga onde o equipo perdeu 4 puntos nos últimos intres, e onde deu a sensación de que ó equipo lle faltaba moitos puntos de ambición, que provocaban unha relaxación inaceptábel cando a escuadra situábase por diante no marcador. Esta semana, e despois de varias semanas de adestramento centradas no aspecto físico, o equipo de Ractkovic Varela volveu ós adestramentos baseados en amigábeis. Enfronte tiña ó mellor equipo da liga, o Hannover, o que unido a "oxidación" máis que evidente do equipo fixo que o comezo do adestramento fora un auténtico baño do equipo rival, porén co paso dos minutos, e grazas tamén a unha baixada de intensidade por parte do Hannover, conseguiu trenzar algunhas xogadas interesantes, e os xogadores deron mostras de volver a coller o ton da competición. Porén este adestramento de vital importancia para retomar o fío da competición, non foi de moita utilidade xa que dos 6 xogadores que estiveron no adestramento, 2 non poderán acudir esta fin de semana ó partido. Yago causará baixa por motivos laborais e Pani por compromisos familiares. Estas dúas baixas, unidas a de Xmon, farán que o equipo DCM'ista teña que afrontar este partido con 6 xogadores, dos cales Pali e Chap non asistiron ó adestramento por problemas físicos, e Quique, que si que acudiu, non atópase na plenitude das súas facultades.

Polo tanto partido moi complicado o que se lle presenta ó equipo dirixido por Varela, xa que enfronte atopará a un rival moi motivado xa que sabe que o derradeiro tren para a salvación pasa pola Mina o sábado ás 16:00 h, e polo tanto van a facer todo o posible para subirse a el. Enfronte estará un DCM que é toda unha incógnita, despois das 3 fines de semana de descanso e da mala imaxe que deixou sobre o terreo de xogo nos 4 últimos partidos nos que tan so foi quen de obter 2 puntos, é dicir sumou 2 derrotas e 2 empates. A capacidade de motivación do equipo está baixo o punto de mira duns seareiros que xa fai moito que lle deron ás costas ó DCM, xa que ó xa habitual aburrido estilo de xogo de equipo agora se lle suma que está na zona morna da táboa sen posibilidades de optar a nada, nin ó ascenso nin ó descenso.

O partido xa o saben, disputarase o Sábado no Monte da Mina, pavillón que os nosos fai moito que non visitan. Agardámoslles a todos o sábado ás 16:00.

miércoles, 12 de mayo de 2010

Xornada 12 de Vai-á Porra

Estes son os partidos seleccionados para a duodécima xornada de VAI-Á Porra

Frutas Nieves Vs Deportes Carlos Miguel
Pers United Vs A.C.P. Sport
Parquets Eloy Vs Acerón

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo

Se queren ver a clasifición, so teñen que baixar un pouco no blog, xa que a seguinte entrada contén a clasificación trala disputa da xornada 11.

Clasificación Xornada 11 de Vai-á Porra

Xornada con dous claros favorecidos polos resultados. En primeiro lugar o gañador desta xornada, DCM#5, sumou 6 puntos grazas ó acerto do resultado entre o Bar Kubi e La Casita, o que fai que sume en total 26 puntos, 13 dos cales foron conseguidos nas tres últimas xornadas, o que demostra unha clara línea ascendente. Outro dos beneficiados é Chap que sitúase como líder en solitario, aínda que podería ter puntuado máis, xa que no outro prognóstico que emitiu (emitiu dous por erro) acertara por completo o resultado do partido entre o Bar Kubi e La Casita.

Cabe destacar que ninguén acertou o signo do ACP Vs Parquets Eloy

viernes, 7 de mayo de 2010

Xornada 11 de Vai-á Porra

Estes son os partidos seleccionados para a undécima xornada de VAI-Á Porra

A.C.P. Sport Vs Parquets Eloy
Bar Kubi Vs La Casita F.S.
Ponte a Pintar Vs Pizarro F.S.

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo

Se queren ver a clasifición, so teñen que baixar un pouco no blog, xa que a seguinte entrada contén a clasificación trala disputa da xornada 10.

miércoles, 5 de mayo de 2010

Clasificación Xornada 10 de Vai-á Porra


Xornada con moi poucos puntos xa que ninguén foi quen de acertar o resultado exacto de ningún dos 3 partidos que entraban na porra. O máis destacable é que DCM#3 culmina a súa remontada e xa se sitúa no primeiro posto empatado a puntos con Migui, quen repite na primeira posición por segunda xornada consecutiva. Jorge segue coa súa crise particular e ve peligrar os postos de pódio.