Un DCM plagado de baixas e mancados, deixou ata o último aliento no terreo de xogo para sacar algo positivo do encontro de hoxe; mereceuno, pero non puido ser. O equipo queda agora en terra de ninguén (prácticamente salvado e sen opcións de ascenso) pero cunha sensación de estar nun bo momento de xogo e coa intención de saír a por todas en cada partido para rematar a tempada da mellor maneira posible.
O deporte deixa moitas sensacións diversas a quen o practica. Hoxe ós dcmistas deixoulle unha sensación un tanto extrana, agridoce. E é que perderon o partido, caeron derrotados no último intre, pero de forma case incomprensible marcharon contentos para casa, e é que a súa entrega e o seu xogo no partido de hoxe (e sobretodo na segunda metade), fan estar orgullosos a calquera.
O partido ante o ACP, pintaba moi escuro para os branquiazuis, e é que as baixas dos seus dous dianteiros, deixaban ó equipo moi tocado en posicións ofensivas e ademáis Chape e Pali chegaban ó encontro renqueantes das súas mancaduras polo que o equipo presentábase con apenas 6 xogadores ó encontro.
Ante a escasez de efectivos, saíron ó campo na primeira metade coa intención de gardar forzas, de esperar un pouco atrás ó ACP e buscar algunha xogada illada para facer dano, pero a idea inicial complicouse un pouco co paso dos minutos e é que ACP mandaba demasiado no partido e os nósos apenas tiñan ideas para saír co balón xogado cara campo rival. Chape tivo que actuar por momentos como dianteiro para dar descanso a Pani e aínda que fixo bos movementos e pases tampouco foi quen de aportar perigo cara a meta rival. Pero o equipo defendía moi ordeado e tiña algunha ocasión en disparos lonxanos ou saques dende o curruncho, mais ACP dominaba, mandaba e merecía adiantarse no marcador e así o fixo nun erro na saída do balón dos dcmistas que perdían a súa orde defensiva e deixaban oco para que un atacante rival conectase un potente disparo que petaba no pau e colábase na portería de Jorge. Era o 0-1 pero os nósos sabían que estaban a facer o que podían. Mais as escasas ocasións que tiñan non conseguían superar a un moi entonado cancerbeiro visitante e os nosos comezaban a desesperar un chisco, e máis o farían cando nun novo erro de lentitude defensiva, de novo cun potente disparo e tras petar nun defensa, o balón entraba de novo na portería local. 0-2 e o partido comezábase a complicar.
Pero tralo descanso todo cambiou.
Os nósos saíron moi metidos e coa intención de deixar todas as súas enerxías no campo, e tras uns primeiros minutos de tanteo no que ACP botouse un chisquiño atrás, o DCM asumíu o mando do encontro. Comezaba a ter o balón e a chegar, e as cousas mellorarían cando Emi sacaba un maxistral pase cara un gran desmarque de Pani que facía o 1-2. Os nósos semellaban enrrabietados, querían o empate coma nunca. O equipo comezou a pelexar cada balón coma o último e diferencia doutras ocasións non se precipitaba na saída, senón que xogaba con moito criterio o balón. Emi e Pani aportaban moita movilidade o que permitía ós defensas tocar fácil e saír con paredes. Os de Ratckovic dispuxeron dun feixe de ocasións, mais o balón semellaba non querer entrar. Mans a mans que o cancerbeiro sacaba no último instante, balóns a madeira... Ademáis o partido púñase moi bonito para o escaso público asistente e é que os rivais con bo criterio comezaban a perder tempo, e o colexiado comezaba a coller protagonismos. Os nósos protestaban con amargura esas perdas de tempo e máis cando nunha falta sen aparente trascendencia o colexiado amosaba cartón amarelo a Vare ante as desmesuradas protestas do rival. Iso acabou de acender ós nósos que loitaban ata a saciedade, pero o gol non chegaba. Mais a falta de 5 minutos para o final, nun balón que saíra por saque de porta a favor do ACP, ningún xogador acudía a recollelo con intención de perder tempo, o colexiado comezaba a conta e pitaba infracción por perda de tempo a favor dos dcmistas. O disparo indirecto dende a frontal da área ía a ser introducido nas redes por Vare facendo o 2-2 e a ledicia dos homes dcmistas. O partido semellaba sentenciado a rematar en empate, pero ninguén quería perder. Os locais todavía tiñan forzas para buscar a victoria, pero nunha perda de balón os homes do ACP tiraban unha contra que remataba en falta contra a portería de Jorge. O disparo petaba na barreira pero o rexeite caía de novo a un home do ACP quen con moita fortuna conseguía introducilo no fondo das redes. Era o 2-3 e xa non había tempo para máis.
Remataba así un encontro vibrante, cunha metade para cada equipo, que mereceu rematar en táboas pero que o final foi para os rapaces do ACP. Ó final deportividade entre ambos equipos a pesares da tensión do partido e iso e digno de mención xa que da gusto xogar así.
Derrota que deixa ó DCM sen aspiracións clasificatorias, pero cun xogo e cunha entrega que ratifica o bo momento dos nósos, que agardemos que loiten así de aquí a final de tempada para acabar o máis preto da cabeza e non ter que volver a facer contas pola salvación.
Reciban un cordial saúdo, e noraboa polo traballo de hoxe: Jorge, Pali, Chape, Vare, Emi e Pani. Grandes rapaces!

1 comentario:
a verdade que nos tamen estabamos plagados de baixas, e é o terceiro porteiro que usamos este ano...pero foi un bo partido en xeral. moita sorte.
ACP
Publicar un comentario