O DCM suma a 4ª victoria consecutiva nun partido moi traballado que os branquiazuis dominaron por completo por fases, pero a falta de puntería e a seriedade defensiva do equipo rival deixou un marcador igualado e perigoso ata o pitido final. Os Dcmistas saborean xa a permanencia.
Ambos conxuntos chegaban ó encontro coa moral alta tras resolver os seus últimos encontros con sendas victorias. Aínda así, Vinoteca seguía a ser o pechacancelas da división e un crecido DCM tras vencer con solvencia ó 2º clasificado, non quería oír falar de nada máis que dunha victoria nesta xornada.
E así saíu ó campo coa intención de mandar no partido. Vinoteca pechábase ben atrás e saía con ataques directos e perigosos, pero o DCM comezou máis agresivo, cunha presión máis adiantada e pouco a pouco fíxose co dominio e coas ocasións. E pronto íase a poñer o partido moi de cara para os de Ratckovic con dous grandes goles que á postre serían decisivos.
O primeiro nunha longa xogada de ataque que acababa cun balón para Emi en banda dereita quen atopaba un oco onde ninguén o vía para poñer un preciso pase horizontal en liña de gol a un incorporado ó ataque Vare que empurraba con perna esquerda para facer o 0-1. Xa mandaba no marcador ó DCM e iso tranquilizáballe un pouco. Tivo máis ocasións o equipo pero a acumulación defensiva de homes dos locais, facían difícil chegar con claridade á portería rival. O partido compricaríase un chisco coa lesión de Yago que tiña que abandonar o encontro mancado. Pero intres despois o DCM ía aproveitar un corner botado polos rivais que caía en pés de Vare e sacaba un pase para que Emi montase a contra e ante a saída do gardamallas tocara o xusto dende medio campo para facer o 0-2. Pintaban moi ben as cousas para o DCM que vencía 0-2 e con dous grandes goles, pero o equipo non sería quen de matar o encontro e o Vinotecas recurtaría diferencias. Sería por medio do seu dorsal número dous, un tipo de dianteiro que os nósos cústalle moito defender, e é que a experiencia, os movementos e os contactos permítenlle abrirse ocos na seria defensa dcmista, e así nun balón colgado, faríase un oco entre o defensa e o gardamallas dcmista para peinar o esférico coa cabeza e facer o 1-2. A partir de ahí o DCM sufríu ata o remate da primeira metade e os locais, buscaron o gol con disparos lonxanos ós que Jorge respostou con grandes reflexos.
Así chegábase ó descanso con todo por decidir.
Mais na segunda metade non subiría ningún tanto ó electrónico. O DCM dominaría durante todos os minutos a posesión e tería ocasións moi claras pero entre o porteiro rival, os paus e a mala puntería dos branquiazuis, o marcador seguiría moi axustado e calquer erro podería custar o empate. Por sorte, estiveron moi acertados en defensa e o Vinotecas apenas inquedou a porta dos dmistas. Destacar o bo traballo do equipo que tamén sufríu a lesión de Pali e acabou tendo que forzar ó tocado Chape, reposicionar a Emi a labouras defensivas, e esixir a Quique e a Pani un sobreesforzo, mais todos respostaron moi ben para superar os contratempos.
Remataba así o partido, o DCM sumaba tres puntos que o achegan á 4º posición e o alonxan case definitivamente dos postos de descenso. Dende o corpo técnico do equipo falábase desta cifra de 32 puntos como mínimo ó principio de tempada para non pasar apuros e agora están conseguidos con moitas xornadas por diante.
Agardemos recuperar ós homes mancados para a vindeira xornada.
Un cordial saúdo e ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario