A mellor versión do DCM pasa por riba do 2º clasificado nun encontro no que todo saíulle a pedir de boca, o que permitíu ós nósos implicarse de cheo no partido e acabar saboreando e desfrutando esta victoria moito máis que noutras ocasións.
Nesta xornada o DCM recibía ó Ponte Pintar, un rival que só perdera dous partidos ata a data, aínda así e debido a que os nósos reencontráranse coa victoria nun bo partido ante Pizarro, as apostas estaban moi repartidas e eran moitos os que crían nas posibilidades dos branquiazuis de bater ós difíciles pintores.
Para o encontro e como ben dicía Enviado Especial, Ratckovic Varela contaba con todos os seus homes agás Xmon e por parte dos visitantes presentábase un enorme plantel de 11 xogadores. O colexiado do encontro sería o Sr. Arango.
O partido comezaría moi igualado, con posesión repartida e chegadas por ambos bandos que as defensas e gardamallas desbarataban sen demasiados problemas. Pero como se di pola nosa terra, quen da primeiro da dúas veces, e desta vez foi o DCM o primeiro en golpear, e o golpe foi dobre porque o gol chegou tras un grave erro de concentración dos rivais. O colexiado asubiaba unha falta na frontal da área do Ponte a Pintar, momento que os rivais aproveitaban para facer un cambio en bloque de ata 3 xogadores, nese intre Vare atento a situación, apuraba unha carreira ata dentro da área rival e pedía rápidamente o esférico ós seus compañeiros quen sen pedir barreira servían cara este para que no man a man co porteiro non errase e marcase o primeiro gol tras petar o balón no pau. Era o 1-0 e o erro faría dano nos visitantes. Foi un momento importante xa que dende entón os nósos deixaron de ter problema en centrarse en defender e saír á contra. Ademáis o rival comezou a riscar un chisco máis e comezaba a deixar moitos ocos en defensa. Un deses ocos o aproveitaría Pani que tras recibir un bo pase de Vare e con moito tempo para pensar dentro da área ante a pasividade da defensa visitante facía o 2-0. Gol moi importante para o DCM e gol moi importante para Pani, que a pesares de non estar a ter o seu mellor ano, este domingo fixo un dos seus mellores partidos coa elástica dcmista. As cousas todavía pintaban mellor para os nosos, que se vían con opcións de bater a un dos cocos da categoría. Aínda así, o equipo aínda cometería un erro antes do descanso, un dos poucos que cometeu en todo o partido e que o Ponte aproveitaría para recortar distancias tras un rexeite en área pequena, 2-1. Antes do descanso, destacar un gran remate de cabeza de Yago tras un bo pase longo de Pali que remataba no longueiro, e outro disparo lonxano de Yago que a piques estivo de sorprender ó gardamallas rival.
Chegábase así ó descanso. Os nósos nese intre déronse conta de que estaban a facer as cousas ben e tiñan opcións de vencer a un dos cocos da categoría. Pero para levar a victoria, o equipo non só debía seguir igual de ben, senón que tiña todavía que mellorar.
E o inicio da segunda metade trouxo consigo a razón para que os nósos metéranse de cheo no encontro e xogaran un partido moi serio e ó 100% todos os minutos. E é que ó pouco de principiar e cando o Ponte buscaba o empate, un erro de entendemento entre a defensa e o gardamallas rival que acababa de facer unha boa parada a lanzamento de Pani, era aproveitado por un moi activo Vare no encontro de onte, que recollía o balón dentro da área, xiraba e sacaba un forte disparo que tocaba o porteiro rival pero sen poder detelo convertíndose no 3-1. Agora sí o equipo vía os 3 puntos na súa man, e só necesitaban defender moi ben para levalos. E así foi, unha defensa en conxunto dende o home máis ofensivo ata o gardamallas acabaron por desesperar a un Ponte a Pintar que buscou reducir distancias de tódolos xeitos, pero hoxe os Dcmistas eran un auténtico muro. Os homes de arriba traballaban arreo para dificultar a chegada dos atacantes rivais, pero cando estes conseguían superar a primeira liña de presión, enseguida atopábanse cunha parella defensiva (completada cos respiros aportados por un reaparecido Chape que regresaba ós terreos de xogo cunha gran actuación) impecable no día de hoxe que formou un auténtico muro ante os disparos rivais, e se aínda así algún balón superaba tamén a defensa, Jorge respostaba moi atento en todo momento. E defendendo así de ben e sacando varios balóns baixo paus, o equipo foise crecendo cada vez máis en cada xogada ben defendida.
Desta maneira o equipo atopouse máis cómodo que en toda a tempada nesta situación, con dous goles de vantaxe, e defendendo con unllas e dentes todos e cada un dos ataques rivais. E non só iso senón buscando a contra adecuada para sentenciar o partido, e esa chegaría para rematar nos pés de Emi que faría o 4-1. Aínda que o partido xa estaba sentenciado, os nósos non baixaron nin un ápice a súa intensidade e continuaría da mesma maneira ata o pitido final. A pouco de rematar Quique aproveitaría que o porteiro rival atopábase apoiando o ataque do seu equipo para facer o 5-1 dende o seu propio campo.
Remataba así un partido perfecto para o DCM, no que todo saíulle ben, e que conseguíu enganchar a todos e facerlles xogar ó 100% tódolos minutos de encontro, e xogando así, o DCM demostrou unha vez máis que pode vencer a calqueira.
Un servidor e dos que pensa que a actitude inicial dos nósos é sempre a mesma, sempre saen a gañar e sempre saen a pelexar polo equipo, pero cando a situación acompaña e moito máis fácil render a este nivel, de feito o partido podería ter sido moi diferente se fose o rival o que marcase primeiro.
Sen máis, felicitar ós nósos por este gran encontro, a Chape pola súa reaparición, a afección por acompañarnos, e agardando que os nósos aprendan a lección de que aínda que as cousas noutros partidos non estean de cara, con toda a intensidade pódese vencer calquer partido.
Reciban un cordial saúdo e grazas pola súa lectura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario