Moi boas tardes queridos lectores, tras moitas xornadas sen previa, volvemos outra vez a ocupar un espazo neste crecente blog, para desta maneira dar cobertura ó partido que disputarán Acerón e DCM.
Partido que se mostra interesante, aínda que ambos equipos preséntanse no partido con situacións dispares na liga, un DCM ó que salvo hecatombe lle resta un final de temporada plácido no que non ten outro obxectivo que o de tratar de xogar ben ó fútbol e divertirse durante as xornadas que restan de competición. Pola súa banda o Acerón atópase nunha situación moito máis apertada e necesita gañar para recortar distancias co Pizarro, co Frutas Nieves e co Bar Kubi, que son os equipos que ten máis tiro para tratar de saír dos postos que obrigan a perder a categoría de cara a vindeira temporada.
O Aceron chega a este partido despois de unha xornada de descanso que tratarán que non curte a súa xeira positiva de resultados. E é que tras un comezo de liga irregular, o equipo amarelo cada vez saca mellores resultados o que lle permiten ver con esperanzas o final da liga. Se comparamos o comezo da primeira volta co que vai de segunda, o Aceron desta segunda volta sae claramente gañador, xa que na primeira volta a estas alturas tan so tiña sumado 4 puntos (a vitoria fronte ó Vinoteca a Laxe e o empate contra o Bar kubi) mentres que agora suma 9 puntos de 12 posibles, e é que gañoulle ó Vinotecas, ó A.C.P e ó Birraleal e tan so caeu derrotado contra o Bar kubi. Polo tanto un Acerón en franca progresión que quere aferrarse con unllas e dentes á segunda división e parte desa segunda división pasa por gañar partidos como o que o domingo lle enfrontará ó DCM, un equipo ó que sempre lle pon as cousas complicadas, non hai máis que recordar os enfrontamentos entre ámbolos dous equipos na pasada temporada. Na ida o DCM se impoñía case que no derradeiro instante tras remontar no Calvario un 0-2 na contra, e pola súa banda na volta Acerón e DCM empataban tras un emocionante partido. O precedente desta temporada é favorable os azuis xa que gañaron no partido de ida por 4 a 1.
Pero ademais da igualdade se algo hai que resaltar nos enfrontamentos entre estes dous equipos, é a deportividade que se soe respirar durante os 50 minutos de xogo. Non en van ambos equipos foron os gañadores da deportividade en dous dos últimos 3 anos na terceira división "C" (o DCM na temporada 2006/2007 e o Aceron na 2008/2009) e ademais neses anos ambos equipos se fixeron co galardón de campións de campións da deportividade. Polo tanto o domingo ás 16:30 horas no pavillón de Bembrive agárdase un partido disputado pero por enriba de todo limpo e deportivo.
O DCM chega a este partido tras caer a pasada fin de semana fronte ó A.C.P. nun partido onde a pesar da derrota o equipo dirixido por Ratckovic Varela fixo un bo partido en especial tendo en conta as numerosísimas baixas coas que contaban os DCM'istas quen acudiron ó partido con 4 xogadores sans e dous semi-mancados. Para o partido desta fin de semana a convocatoria está aínda polo aire. É segura (salvo imprevistos de última hora) a presenza de Jorge, Pali, Vare, Pani, Emi, Yago e Quique, mentres que Chap é dúbida e Xmon perderase o partido por mor dunha viaxe á capital española. Polo tanto 7 xogadores será previsibelmente cos que conte o adestrador DCM'ista para afrontar o derby deste domingo. O equipo azul ten que saír coa intensidade dos últimos partidos se quere obter os 3 puntos e afianzarse na quinta praza, posición que está moi ameazada por equipos como o ACP que ten dous partidos menos ou o Parquets Eloy que leva unha xornada menos disputada.
A cita xa o saben o domingo á unha hora novidosa ás 16:30 nun dos mellores pavillóns, por non dicir o mellor, nos que se disputa a competición local "Vigo En Xogo". Un pracer volver a estas páxinas para poder contarvos os pre-partidos do DCM
Aliñación Probábel

----------Jorge--------
---Vare----------Pali--
----------Emi---------
---------Quique-------
Banco: Pani, Yago e quizáis Chap
AVISO IMPORTANTE: RECORDEN QUE DURANTE A MADRUGADA DO SÁBADO PARA O DOMINGO HABERÁ UN CAMBIO HORARIO. ÁS 2:00 A.M. PASARÁN A SER AS 3.00 A.M.
No hay comentarios:
Publicar un comentario