lunes, 29 de marzo de 2010

"O Acerón aférrase á permanencia a costa dun pésimo DCM" Acerón 6-3 DCM

Un DCM lento, fráxil, previsible e sen capacidade de reacción veuse superado en tódalas facetas por un Acerón que bailou ós nósos grazas a súa maior intensidade no xogo e a unha moi efectiva pegada de cara a porta.

A vixésimo segunda xornada de liga rencontraba a dous vellos coñecidos da 3ªC, Acerón e DCM. Como recollía Xaime na previa, nas 3 ocasións anteriores, Acerón non fora quen de vencer ós nósos e para hoxe agardábase un partido con poucos goles, pocas ocasións e as apostas falaban dunha clara victoria dcmista.

Pero ós cinco primeiros minutos de encontro, xa se víu que a cousa non ía ser así. O DCM saíu moi lento e moi pesado ó campo, e no primeiro minuto, nun corner a favor permitíanlle a Acerón montar unha contra cun dos seus homes máis desequilibrantes quen sen aparente dificultade facía o 1-0. Primeiro mazazo para o DCM pero a cousa non quedaría ahí, e é que o Acerón ía a mallar nos nósos nesta primeira metade. Só con estar máis rápidos, con máis chispa que os nósos, ían imporse en tódalas facetas do encontro. Anticipábanse nos roubos de balón, gañaban tódolos balóns divididos e ante a falta de velocidade dos dcmistas, montaban unha contra tras outra ante as que só quedaba recoller o balón do fondo das redes dos visitantes. Sería Karr en catro ocasións o que imporía unha losa case insalvable para os dcmistas, que conseguiran reducir distancias co 4-1, pero case sen tempo para crer nas súas opcións chegaría o 5-1 dos locais e antes do descanso para poñer un chisco de emoción ó que quedaba de encontro Quique facía o 5-2 tras gran pase de Emi.

O partido estaba máis igualado do que merecían os nósos, só tres goles de diferenza que en fútbol sala non son nada, pero hoxe o DCM non estaba no partido e trabucaríase na elección da forma de buscar recurtar diferenzas.
E é que a diferencia da xornada anterior ante ACP, onde os nósos buscaron o empate dende a paciencia, dende o xogo elaborado, rápido, de pases e paredes, no encontro de onte semellaba que o único recurso eran os balóns colgados sen ton nin son e os disparos lonxanos sen elaborar nada. O equipo estaba roto, uns defendían, outros atacaban pero non se facía como bloque, e así é moi difícil. Podería ter soado a flauta neses balóns colgados e nos disparos lonxanos pero houbese sido moi inxusto. A Acerón chegoulle con manter a súa intensidade defensiva e seguir asustando con contras para que o DCM nin sequera puidese meterlles un pouco de medo no corpo. Nesta segunda metade un goliño máis para cada equipo para rematar co definitivo 6-3.

Partido para esquecer dos dcmistas que non poden permitirse arrastrarse desta maneira nos encontros que quedan.

Felicitar dende aquí ó Acerón polo seu gran partido, dende o seu gardamallas, pasando pola gran intensidade defensiva mostrada por todo o equipo e polos seus homes de arriba que amosaron unha gran determinación. Agardemos que sigan así e poidan escalar posicións que lle aseguren a permanencia.
Agradecer á numerosísima afección dcmista presente hoxe a súa asitencia e paciencia co equipo que hoxe mereceu unha boa pitada en gran parte do partido.

Só queda erguerse de novo rapaces, peor que hoxe é dificil facelo, así que a descansar agora unha semaniña e a voltar con tódalas gañas que son as que nos permiten sacar os partidos adiante.

Un cordial saúdo e boa semana santa para todos!

No hay comentarios: