Xornada con poucos acertos en Vai-á porra onde ninguén foi quen de acertar un resultado completo. Con todo o máis beneficiado foi DCM#3 quen consegue situarse na segunda praza tras sumar 6 puntos, os que acadou grazas a acertar o signo dos tres partidos e os goles que marcaron o DCM, o Birraleal e o Ponte a Pintar. Un dos damnificados pola boa xornada de DCM#3 foi Migui quen cedeu un posto na táboa clasificatoria, pero que segue a estar no podio de Vai-á Porra. Mentres Jorge sigue a liderar a clasificación pero ve reducida a súa marxe a 6 puntos de vantaxe, distancia curta se temos en consideración o gran momento de forma de DCM#3 que sumou 13 puntos nas dúas últimas xornadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario