domingo, 28 de febrero de 2010

"O DCM volve vencer sobre o terreo de xogo mes e medio despois" Pizarro2-3DCM

O equipo branquiazul consegue unha victoria moi importante, que non só vale 3 puntos senón tamén confianza e tranquilidade para as vindeiras datas, ante un bo Pizarro.

Tras unha semana peculiar, pendentes do comité de competición tralo inusual final de partido na pasada xornada ante PersUnited, o DCM regresaba a competición con 3 puntos máis no seu casilleiro conseguidos nos despachos e que daban un pouco de osíxeno a un equipo que o viña pasando mal nas últimas datas e levaba dende o 16 de xaneiro sen vencer sobre o terreo de xogo.
O habitual baixón físico e mental dos nosos en época de exames unido a un calendario complicado nas últimas xornadas, pasou factura ó equipo que tivo que pasar de ver cara os postos de cabeza a voltar a preocuparse pola salvación. A 2ª déixalle moi claro ó DCM que é unha división na que para gañar partidos necesita estar moi preto da súa mellor versión, porque ó mínimo baixón, os rivais acaban por imporse ós nósos.

Os 3 puntos conseguidos frente ó Pers daban osíxeno sobre o papel, pero os nósos seguían necesitando unha victoria sobre a cancha, por méritos propios, para voltar a confiar en sí mesmos. E hoxe, nun traballado partido conseguíuse.

Ratckovic Varela contaba por primeira vez en toda a tempada co plantel ó completo para recibir a un Pizarro en liña ascendente que chegaba con 3 victorias nos últimos 3 partidos (datos que debería ter aportado Xaime Estévez aló polo venres ou sábado, pero semella que hai xente que prefire botar leña ó fogo nos momentos difíciles, antes que axudar ó equipo con análises do rival... xd). Aínda así, e aínda tendo compromisos na tarde-noite anterior ó partido que podían facer mella no rendemento dos nósos, o equipo saíu con moitas gañas e moita seguridade ó terreo de xogo.
E é que dende o asubío inicial do reaparecido Pousa, o DCM ía mandar no partido, impoñendo un ritmo de xogo rápido que os rivais non eran quén de seguir. Tras moitas xornadas pasándoo moi mal nos minutos iniciais, o DCM volvía mandar. E así desfrutaría de boas ocasións, chegando a enviar varios balóns á madeira ante un Pizarro que apenas era quen de respostar. E tras moitas ocasións erradas, sería nunha xogada con algo de fortuna na que chegaría o gol dos nósos. Emi sacaba rápido de banda cara Vare que golpeaba o esférico con potencia cara a porta rival e tras petar o balón nas costas dun defensa introducíase na portería significando o 0-1.
Os branquiazuis comezaban a crer nas súas posibilidades e estaban a xogar bastante cómodos. Tanto que trenzaron unha gran xogada inusual nos nósos en partidos con presión competitiva que acabaría nun golazo. Vare recuperaba en banda o esférico, servía para Yago no centro e este tocaba cara Emi en banda, quen cun fermoso taconazo devolvía a parede ó noso dianteiro, para que este definise a fermosa xogada. 0-2 e as cousas pintaban moi ben para os dcmistas.
Pero cando a primeira metade chegaba xa ó seu fin, nunha xogada illada na área defendida por Jorge, o dianteiro local revolvíase e o seu disparo ía rematar no 1-2. Gol dos chamados "psicolóxicos" que levaba ós equipos ó tempo de refrixerio.

Na segunda metade o DCM saíu con dúas marchas menos que no inicio do partido, e iso notouse. O Pizarro comezou a mandar no partido porque os nósos chegaban sempre un segundo tarde na presión, nos pases... e aínda que terían algunha ocasión á contra e de saques dende o curruncho sería o Pizarro o que marcaría o empate aproveitando unha concensión defensiva por falta de intensidade. 2-2 e o partido escomezaba de novo.
O encontro abríuse, a posesión estaba repartida e o gol podería caer para calqueira bando. Pero o DCM recobrou un chisco de agresividade positiva e comezou a xerar boas ocasións, ata que Quique en xogada persoal marcaría o 2-3 dende a frontal cun potente disparo.
De ahí ó final, o Pizarro tentouno con porteiro-xogador pero apenas inquedou a porta de Jorge, e o DCM sí tivo unha ocasión moi clara para sentenciar nunha contra de dous homes contra o porteiro na que Quique atoparíase co longueiro.

Así remataba un partido igualado e vibrante no que o DCM sacaba 3 puntos moi importantes de cara á salvación que xa está un pouco máis preto e conseguía rachar coa mala xeira de xogo e resultados.
Veremos se esta victoria serve para recuperar a mellor versión do equipo dcmista para as vindeiras xornadas nas que recibirá ó 2º clasificado e posteriormente ó pechacancelas da táboa clasificatoria.


Reciban un cordial saúdo e ata a vindeira semana!

viernes, 26 de febrero de 2010

Xornada 3 e Clasificación de VAI-Á PORRA

Partidos seleccionados para esta terceira xornada de VAI-Á PORRA

Pizarro F.S. Vs Deportes Carlos Miguel
Vinoteca a Laxe Vs Birraleal
Parquets Eloy Vs Hannover

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débeser por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos+5 puntos por acertar o resultado completo

Clasificación trala xornada 2
Como se pode observar houbo moi poucos acertantes esta xornada, ninguén acertou o resultado ó completo. E tano so houbo 3 persoas que acertaron ademáis do signo do partido os goles de algú dos dous equipos.

miércoles, 17 de febrero de 2010

2ª Xornada - VAI-Á PORRA

Xa está aquí a segunda xornada de VAI-Á PORRA agardamos que todos os que participastes na primeira xornada repitades experiencia, e que máis xente se sume a este xogo. Os 3 partidos seleccionados para a porra desta fin de semana son:

Deportes Carlos Miguel Vs Pers United
Frutas Nieves Vs Parquets Eloy
Aceron Vs A.C.P Sport

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débeser por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo
Sorte e a participar

lunes, 15 de febrero de 2010

Clasificación Xornada 1 - VAI-Á PORRA

Trala disputa desta primeira xornada de Vai-Á Porra, tan so dous participantes (Isma e Jorge) conseguiron acertar un resultado exacto dun partido, que foi o do Vinotecas - Aceron. Acerto que lles permite sumar 5 puntos e comandar a clasificación. Completa as posicións de Podio Nico,
quen sumou 3 puntos ó acertar o signo do Parquets Eloy Vs DCM e do Vinotecas- Aceron, ademáis dos goles que marcou o Vinoteca.

Polo demáis moi poucos puntos que se suman nesta xornada, xa que tan so Azp#7 foi quen de acertar o signo do partido de La Casita- Hannover.

Se notades algún erro na vosa puntuación non dubidedes en comunicalo. Sobre o mércores se publicarán os partidos da xornada número 2, de Vai-á porra. Moitas grazas ós que participastes e agardamos que moita máis xente se una a esta porra.

domingo, 14 de febrero de 2010

"O Cambio de rumbo tampouco deu resultado" ParquetsEloy 2-0 DCM

Ante as últimas tres derrotas consecutivas e ante a sangría de goles recibida neses encontros, o DCM tentou curtar de raíz os problemas defensivos cun novo plantexamento ante un Eloy que non tivo problemas en aceptar o tipo de encontro proposto polos dcmistas e agardar con paciencia para aproveitar dúas accións illadas do seu home de máis calidade e levar os tres puntos en xogo. Partido serio e traballado de ambos equipos pero unha vez máis a balanza cae do lado do Parquets.

Primeira xornada da segunda volta a desputada no campo de Manuel Antonio e dirixida polo colexiado Moreno. Os nósos chegaban ó encontro con importantes baixas pero con 6 xogadores na convocatorio, número que algúns entendidos destas competicións consideran como ideal para afrontar un encontro deste tipo.
A consigna era clara, esquecer a presión a todo o campo e defender en bloque para buscar as contras como forma de ataque. Un dos obxectivos do cambio de táctica conseguíuse, curtouse a sangría de goles que o equipo estaba a recibir nos inicios dos encontros, e non só iso senón que durante moitos minutos defendeu sen problemas a un Parquets Eloy que acumulaba moita posesión pero era incapaz de facer dano á tupida defensa Dcmista. Ademáis os homes de Ratckovic dispuxeron de boas ocasións en forma de saque de esquina nesta primeira metade na que ata en catro ocasións os seus dianteiros remataron en posición moi favorable pero sen atopar porta.
A falta de poucos minutos para o remate desta primeira metade, o Vasco, facía un gran movemento técnico para desfacerse da súa marca e tirar cruzado dende a frontal da área para marcar un primeiro gol a rentes do pau da portería defendida por Jorge. 1-0. O partido complicábase para os nósos, pero éstes sabían que non o estaban a facer de todo mal, a defensa era moi boa e as ocasións aínda que moi contadas pero estaban a chegar.

Así que saíuse á segunda metade coa mesma intención. O cansancio comezaba a facer mella nos branquiazuis, pero éstes aínda terían un par de boas ocasións con balóns en longo nos que erraba o defensor e Quique quedaba en mans a mans co gardamallas rival que mostrouse moi concentrado todo o encontro e solventou con rapidez ambas ocasións. No bando contrario, o Parquets non ía a perdoar, e de novo Vasco aproveitando un erro e resbalón do reconvertido a defensor Emi, batía a Jorge para facer o segundo. 2-0 pero aínda moito tempo por diante. O DCM tentou arriscar un chisco máis pero as forzas estaban xa moi xustas. Aínda así o equipo tería ocasións. A máis clara nas botas de Quique que lanzaría un penaltie a escadra da portería rival e tras petar no ferro o balón marchaba fora. Ahí esvaecíanse as esperanzas dun DCM que o tentou, deu imaxe de equipo serio pero ó que lle faltou chispa para acompañar as contras e crear máis perigo arriba.


En definitiva, o DCM recuperou a seriedade defensiva, pero agora necesita conxuntala con máis velocidade e máis frescura nas labores ofensivas. A tarefa e compricada e vai esixir moito ós xogadores, mais os retos están para superalos e de seguro que os nósos teñen gañas de superar este reto.

Na vindeira xornada o DCM recibe ó PersUnited, un dos candidatos ó ascenso, polo que será un rival moi complicado para romper esta racha negativa de catro derrotas seguidas, mais de seguro que o equipo o vai tentar con toda a súa alma.

Reciban un cordial saúdo e ata a vindeira semana!

sábado, 13 de febrero de 2010

Obxectivo: Mellorar a Primeira Volta

Boas tardes, benqueridos lectores, nesta xornada de sábado da comezo unha nova andaina nesta segunda división grupo "B" de Vigo en Xogo. Comeza a segunda volta con tódolos frontes abertos, non hai ningún equipo totalmente descolgado da loita pola salvación e aínda ningún equipo ten garantida unha praza que permita o ascenso a primeira división. O DCM comezará esta segunda volta fronte a un rival, o Parquets Eloy, ó que non foi quen de derrotar nos seus dous enfrontamentos anteriores, que se produciron no torneo de campión de campións, onde o DCM caeu nun partido con polémica arbitral, e no primeiro encontro desta liga onde o Parquets gañoulle 2-1 ó DCM, onde os DCM'istas pagaron o seu conservadorismo na segunda parte onde claramente renunciaron ó ataque para defender o empate.

A este partido o DCM chega tocado de moral tras 3 derrotas consecutivas, onde o equipo encaixou até 17 goles, unha cifra que da mostra do desorde táctico no que está a vivir inmerso o equipo branquiazul. Froito destes pobres resultados pola cabeza do adestrador DCM'ista, quen volve ó banco tras a súa semana sabática particular, pasa un xiro táctico. Xiro do cal descoñecemos as súas características, xa que no adestramento do xoves a prensa non puido dilucidar o senso deste xiro.

Ante o DCM chega un rival cuns números moi parellos ós do DCM, os dous actuais campións de terceira división, chegan ó encontro distanciados por 5 puntos, que son os que avantaxa o Parquets (26 puntos) ó DCM (21 puntos). Polo tanto é un partido de especial transcendencia, xa que se os DCM'istas perden este partido verán como o equipo amarelo afástase até 8 puntos na táboa clasificatoria, e tería que comezar a ver con preocupación a parte baixa da táboa onde o Parquets Corcoba (equipo que marca o inicio dos postos de descenso) ven dunha xeira moi boa de resultados, e recortoulle nas últimas 3 xornadas 9 puntos ó DCM.

O Parquets Eloy chega a este partido cheo de moral tras golear ó Decoraciones Costas por 7-2 e despois de gañar 4 dos últimos 6 partidos disputados, o que lle fixeron recuperarse dunha pequena crise de resultados que tiñan vivido con anterioridade. Nestas seis últimas xornadas os únicos tropezos que tiveron os homes de amarelo foron a derrota fronte ó Bar Kuvi por 1-3 e unha axustada derrota fronte ó ACP Sport por 1-2.

Para este partido o adestrador do equipo que actuará neste caso coma visitante (o DCM), contará con 6 homes na convocatoria. Ás baixas xa habituais de Chapela e Xmon, ós que agardamos poder ver nas vindeiras xornadas nos terreos de xogo (xa que é posíbel que Chapela consiga resolver os seus problemas burocráticos nas vindeiras semanas, e Xmon que volva a pisar a cidade olívica tralos exames de febreiro que na universidade compostelá sempre se dilatan máis que na viguesa) súmase a de Yago por unha mancadura no nocello. Polo tanto contará con Jorge na portería, Pali e Vare para as posicións defensivas, e Emi, Pani e Quique para os postos máis adiantados.

O partido xa o saben o sábado ás 20:00 h no pavillón de Manuel Antonio, unha moi boa hora onde agardemos que o DCM aprace á celebración do Entroido até que remate o partido, e na que se agarda unha boa presenza de seareiros de ámbolos dous equipos.

Reciban un cordial saúdo, e pasen un bo Entroido.


Posíbel Aliñación:

------Jorge------


-Vare----Pali----


------Pani-------


------Quique----

miércoles, 10 de febrero de 2010

¡¡¡VAI-Á PORRA!!!. PRIMEIRA XORNADA

O prometido é débeda, e xa está aquí a primera xornada de "VAI-Á PORRA"

As normas de participación son as seguintes:


- "VAI-Á PORRA" é un concurso aberto a todo aquel que queira participar

- Consistirá en prognosticar o resultado de 3 partidos da Segunda División grupo "B"

- A puntuación será a seguinte:
+1 punto por acertar o gañador do partido

+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos

+5 puntos por acertar o resultado completo

(estes puntos non son acumulables, é dicir si se acerta o resultado completo, súmanse 5 puntos, non 8)

- Para participar debedes poñer o voso prognóstico mediante un comentario nesta noticia(sempre baixo o mesmo nome para poder facer un correcto seguimento da clasificación)

Para calquer consulta podedes utilizar o Chat, pór un comentario nesta noticia, ou ben enviar un correo electrónico a deportescarlosmiguelfs@hotmail.com
ANIMAMOS A TÓDOLOS LECTORES DO BLOG A QUE PARTICIPEDES EN "VAI-Á PORRA"

Os partidos desta primeira xornada son:

- Parquets Eloy Vs DCM

- Vinoteca a Laxe Vs Aceron

- La Casita Vs Hannover

domingo, 7 de febrero de 2010

"O DCM continúa sen atopar o camiño". Parquets Corcoba 6-4 DCM

O DCM encadea a terceira derrota consecutiva mostrando unha imaxe pobre, ante un rival que si soubo que facer co balón.

O encontro correspondente á decimoquinta xornada da segunda división grupo "B" de vigoenxogo , que enfrontaría ó DCM ante un rival directo na carreira pola salvación, o Parquets Corcoba. O último encontro da primeira volta se presentaba como unha ocasión importante de abrir unha fenda case case definitiva cos postos de descenso, obxetivo polo cal loitan os nosos, e tralo visto hoxe sobre o terreo de xogo, obxetivo polo que terán que seguir loitando partido a partido, xa que os rivais comezan a apertar na táboa clasificatoria namentres o ekipo azulón encadea unha mala xeira de resultados, como xa adiantaba Xaime na súa tardía previa.

No puramente deportivo, o dcm presentabase ó encontro con 6 xogadores e coa única intención de acadala victoria. Para iso, saían ó terreo de xogo Jorge na porta, con Pali e Quique na zaga, Emi na medular e Yago, que finalmente si puido acudir ó encontro, na punta do ataque; no banco nesta ocasión comezaba Pani. Arrancaba o encontro cun Corcoba que trataba de facerse dono do esférico mentres os nosos ben prantados atrás, montanban contras rápidas collendo ó rival descolocado. Nunha delas chegaría o primeiro tanto, obra de Yago quen á segunda conseguía batir a un inspiradísimo porteiro rival. Non tardaría en chegar o 0-2, Quique marcaba por baixo na saída dun corner. Todo pintaba moi ben para os homes dirixidos hoxe por Arrigo, xogando moi ordeados e saíndo con moita intelixencia, incluso tivo a ocasión para facer o terceiro nos pés de Pali quen enviaba un balón ó longueiro. A partires de ahí, o equipo romperíase en ataque e defensa, algo imperdoabel cando se gaña con solvencia. Ante a incredulidade dos alí presentes, o Parquets Corcoba ía remontar o encontro antes do descanso, cicais con certa dose de fortuna nalgún deles, pero 3-2 incontestable pola fe e o xogo dos locais.

Así chegábase ao descanso, cos homes de Arrigo tendo que remar co partido en contra. Pero lonxe de pechar ó rival, caeron na precipitación co balón e ó desorde cando tocaba defender, o equipo non defendía nin atacaba en bloque e así resulta moi dificil gañar un partido e máis cando os amarelos marcaban dous goles nos primeiros intres da segunda metade. Co 5-2, transcorreron moitos minutos, hoxe non era o día dos nosos, que o tentaban con máis corazón que cabeza, pero unhas veces pola precipitación e outras polo porteiro rival, que sacou ata tres mans prodixiosas, evitaron que o dcm apertase o marcador. Nin tan siquera cando Quique puña o 5-3 con un lanzamento dende a frontal. Xa co encontro agonizando, chegarían dous goles máis, o primeiro nunha contra dos marelos, o segundo obra de quique que remataba un balón en longo.

Final, victoria xusta dos locais por 6-4, pero preocupante imaxe dos nosos, que hoxe non so se deixaron tres puntos, senón que non houbo rastro do xogo mostrado nas últimas datas. Ademais seguese a mostrar moita febleza defensiva, 17 goles encaixados nas tres ultimas xornadas, unha media escandalosa para un equipo que ten que basear o seu xogo no orde defensivo. Agradecer á sempre fiel afección que non parou de animar aos xogadores cando xa se daban por vencidos.

Por último, quero aproveitar a crónica para felicitar a Pali, que hoxe está de cumpre, lástima que o dcm non puidese brindarlle unha victoria.


Sen mais dilación, un saúdo Env. Especial

sábado, 6 de febrero de 2010

Un DCM escaso de efectivos recibe a un Corcoba en efervescencia

Moi boa semana, benqueridos lectores, atopámonos outra semana máis nas vésperas dun emocionante partido desta igualada e entretida segunda división grupo "B".

Por mor dos exames esta previa vai ser un pouco máis curta do habitual, se ben é necesario precisar que será a última previa afectada por estes contratempos, polo menos ata ben entrado Abril ou Maio.

Sen máis dilación vamos falar un pouco do partido que nos agarda esta fin de semana. Un DCM estancado que está a pasar a peor xeira de resultados dende que comezou a temporada, recibe a un Corcoba que está a resucitar neste fin da primeira volta, e está cada vez máis preto dos postos que garanten a salvación de categoría.

O Parquets Corcoba nos últimos 6 partidos ven de gañar 3 (Vinoteca a Laxe, Birraleal e Decoraciones Costas) empatar 1 (fronte ó ACP por 2-2) e perder 2 (precisamente contra os dous compañeiros de ascenso do DCM, caeu 2-9 co Aceron e 5-2 contra o Bar Kuvi). É dicir nos últimos 6 partidos disputados conseguiu 10 puntos de 18 posíbeis o que non está nada mal tendo en conta o inicio de campaña que protagonizou o Corcoba e é que perdeu os 7 primeiros partidos de liga (precisamente até o partido fronte ó Vinoteca a Laxe).

Para facer unha comparativa da evolución dos dous equipos vexamos os últimos 6 partidos do DCM. Pois ben os branquiazuis cravan as estatísticas do Corcoba, xa que gañaron 3 partidos (Bar Kuvi, Birraleal e Frutas Nieves), empataron un (contra o Decoraciones Costas) e perderon 2 (contra o Hannover e La Casita) é dicir 10 puntos de 18 posíbeis. A gran diferenza está en que nos dous últimos partidos o DCM perdeu os seus compromisos namentres que o Corcoba sumou 6 puntos de 6.

Polo tanto con estes estados de ánimo se presentan os dous equipos para competir mañá no Pavillón de Manuel Antonio. Un pavillón onde o DCM vai ter serias dificultades para obter unha vitoria xa que chega ó partido moi tocado polas baixas e é de prever que tan só conte con 5 xogadores para afrontar ó partido. Ademais as baixas non afectan a todas as liñas por igual xa que a máis castigada e a defensa onde o equipo DCM'ista tan so contará con 1 xogador que é Pali. As baixas que ten o equipo polo tanto son, as xa habituais de Chap e Xmon, a de Vare (de viaxe) e a estas 3 é posíbel que se lle engada a de Yago por motivos profesionais, é dicir 4 baixas nun equipo de xogadores, algo que comeza a ser xa bastante habitual nestas alturas do ano, xa que o pasado ano o equipo tamén tivo serios problemas para pechar as convocatorias, e é que o DCM está a xogar con fogo e algún imprevisto pode facer que se queime e gravemente.

Todo isto fai que o 5 inicial sexa bastante predicíbel, pero non tanto as posicións que van a ocupar os diversos xogadores, en principio parecía probábel que Quique ocupase un posto na defensa, pero ante a ausencia de Yago e probábel que Arrigo Ruiz (encargado de dirixir o encontro ante a baixa de Ratckovic Varela) prefira xogar cun 9 nato, e retrasar a posición de Emi. Para que Pani ocupe a medular. Tamén non é descartábel que haxa variación de postos ó longo do partido, especialmente se as cousas non funcionan.

Amigos xa o saben, mañá ás 13:00h en Manuel Antonio (Meixoeiro) P.Corcoba - DCM, na derradeira xornada da primeira volta e que pode afundir moralmente ó DCM se non é quen de vencer, pero que en caso de obter a vitoria pecharía unha primeira volta para enmarcar na que o equipo cumpriría de lonxe as perspectivas máis optimistas e comezaría a segunda volta instaurado na zona nobre da táboa clasificatoria.

Aliñación Probábel

-------Jorge-------

--Emi-------Pali---

------Pani---------

------Quique------

Banco: Yago ou ninguén

miércoles, 3 de febrero de 2010

O DCM estáncase na zona morna da táboa antes de recibir a un Corcoba en crecemento


O DCM cae ata a sétima posición tras unha bagaxe moi negativa nas últimas xornadas, nas que o equipo branquiazul tan só foi quen de conseguir 1 vitoria nos 4 últimos partidos disputados, onde tamén rescatou un empate ante o Decoraciones Costas, equipo ó que precede na táboa clasificatoria.


Zona Alta: Trala xornada do pasado fin de semana, os 4 primeiros distáncianse un chanzo dos seus perseguidores aproveitando as súas vitorias. O Hannover venceu con contundencia no seu compromiso fronte ó Frutas Nieves o que lle fai rematar a primeira volta (xa que na vindeira xornada descansa) coa frioleira de 35 puntos, ó tan so ceder dous empates e unha derrota. Séguelle de preto o Ponte a Pintar que tras derrotar a un rival directo como o ACP está en disposición de rematar a primeira volta con 32 puntos, é dicir, tan só 3 menos que o Hannover. tan so un punto do Ponte está La Casita, quen aproveita a súa vitoria ante o DCM para afianzarse na terceira praza e abrir unha distancia de máis de un partido respecto ó 5º clasificado. Cuarto é o Pers quen tamén se afianza na zona nobre da táboa ó gañar ó Bar Kuvi.


Zona Morna - Alta: Un chanciño por debaixo atópanse o ACP Sport, o Parquets Eloy e o DCM. Destes 3 equipos so foi quen de gañar o seu partido o Parquets Eloy, que conseguir desfacerse do Birraleal por 2-5. Tanto o ACP como o DCM que tiñan enfrontamentos con rivais da zona alta da táboa non foron quen de puntuar o que lles afasta un pouco, aínda que non definitivamente, dos postos máis sobranceiros.


Zona Morna - Baixa: A máis dun partido do DCM que é quen pecha esa segunda parte da táboa clasificatoria (zona media - alta), atópanse os equipos da zona medio- baixa que son o Decoraciones Costas, o Frutas Nieves, o Bar Kuvi e o Pizarro. Destes equipos so foi quen de puntuar e gañar o seu partido o Pizarro que grazas a súa vitoria ante un rival directo como o Aceron, pon terra de por medio cos postos de descenso ós que avantaxa en 5 puntos.


Zona Baixa: Uns postos de descenso que comanda o Parquets Corcoba que está a remontar a pasos axigantados postos na táboa clasificatoria, cunha traxectoria que xa analizaremos máis polo miúdo na previa, e que esta semana desfíxose dun duro rival como é o Decoraciones Costas no tempraneiro partido que disputaron ambos o Domingo ás 9 da mañá. Debaixo do Parquets Corcoba aparece o Aceron que tras perder o seu partido co Pizarro ve como se afastan os postos que garanten a permanencia na segunda división "B", e terá que pisar o acelerador na segunda volta (e no partido que queda da primeira) se quere salvar a categoría. Tamén perdeu o seu partido o Birraleal (como xa dixemos con Parquets Eloy) e pecha a táboa clasificatoria un Vinoteca A Laxe ó que lle tocaba descansar esta xornada.


Así está a táboa clasificatoria a tan so unha xornada do remate da primeira volta, unha clasificación que aínda que perdeu igualdade segue a estar moi apertada, xa que en menos de dous partidos calquera equipo pode trocar de grupo na táboa clasificatoria.