miércoles, 27 de enero de 2010

O DCM Perde Dúas Prazas Trala Derrota desta Fin de Semana. O Hannover Campión de Inverno. Escándalo no Europeo de FS


Trala disputa da 13ª Xornada da segunda división “B” de fútbol sala de Vigo En Xogo, a clasificación segue estando igual de apertada, se ben é certo que déixanos un par de novidades.
En primeiro lugar cabe salientar que a vitoria acadada polo Hannover permítelle conseguir a falta de dúas xornadas para o final da primeira volta (aínda que terán que descansar na derradeira xornada) o campionato de inverno, xa que supera en 6 puntos ó segundo clasificado o Ponte a Pintar, quen aínda ten opcións de empatar a puntos co Hannover ó fin da primeira volta sempre que gañen os seus dous partidos e o Hannover perda o que lle falta por disputar. Aínda así o Hannover estaría por diante xa que ten unha golaveraxe moito máis positiva que o Ponte a Pintar (+ 43, por +7).

Seguindo de preto a estes dous equipos atópanse La Casita, ACP Sport (que parece ter superada a súa crise de resultados) e Pers United, estes 3 equipos están a tan só un partido de poder abordar a segunda praza clasificatoria. Tan só un chanzo por debaixo atópanse o DCM e o Parquets Eloy que tralos resultados das derradeiras xornadas perden un pouco de forza (no caso de DCM nas últimas 4 xornadas tan so conseguiu 4 puntos, 1 vitoria, 1 empate, 1 derrota e máis a xornada de descanso) pero seguen a estar moi cerca do vagón perseguidor e están a dous partidos da segunda praza, polo que as dúas xornadas que quedan serán determinantes para ver en que zona pelexarán na segunda volta, xa que ademais o DCM ten un partido contra La Casita, rival que nestes intres ocupa a terceira posición na táboa clasificatoria).

Pola zona morna aparece o Bar Kuvi que está a finalizar con moita forza a primeira volta e grazas ós bos resultados estase afastando dos postos baixos nos que se tiña instalado por mor dun mal comezo de liga, xa son 10º e están 7 puntos por riba dos postos de descenso e ademais veñen nunha dinámica moi positiva, xa que das súas 4 vitorias 3 conseguiunas nas 3 últimas xornadas onde venceu a equipos tan complicados como o vindeiro rival do DCM (La Casita).

Xa nos postos de descenso atópase o Aceron que na vindeira xornada terá unha oportunidade moi importante de acercarse ós postos de salvación, xa que terán que xogar fronte ó Pizarro F.S. rival que lle avantaxa na táboa clasificatoria con 5 puntos máis. Xusto por debaixo do Aceron prodúcese unha tripla empate a 7 puntos, e o Parquets Corcoba grazas a súa vitoria fronte ó Birraleal consigue saír por primeira vez na temporada do faroliño vermello, posto que agora ocupa o Vinoteca a Laxe quen está a atravesar unha dinámica oposta ó do Bar Kuvi, xa que non puntúan dende a 4ª xornada de liga, cando lle gañaron ó Decoraciones Costas por 4-0 (no derradeiro fin de semana de Outubro) e que lles colocaba na quinta posición da táboa clasificatoria. Porén a seguinte xornada comezaría esa xeira de derrotas precisamente fronte ó DCM nun partido no que estiveron a punto de obter un empate, e xa van 9 derrotas consecutivas. Porén grazas a igualdade desta liga aínda teñen moitas posibilidades de remontar o voo.
Por último adxuntamos este vídeo, do acontecido onte na tanda de penaltis do Rusia - España (Europeo de Fútbol Sala), despois de ver isto pouco podemos protestar porque nos piten un gol pantasma en Vigo En Xogo...


No hay comentarios: