miércoles, 23 de diciembre de 2009

FELICES FESTAS

Dende o DCM queremos desexarvos a todos unhas moi boas festas e que rematedes o 2009 da mellor forma posíbel. Pero en especial queremos dárvolas grazas a todos.
- A tódolos xogadores polo impresionante ano 2009 que veñen de facer e que fixeron que o equipo acadara o campionato da 3ªC e que agora atópese en cómodas posicións na táboa clasificatoria.
- Grazas a todos os que vistades este blog, porque facedes que os minutiños que lle dedicamos a isto teñan sentido.
- Grazas a tódolos rivais porque na súa gran maioría é un gusto poder xogar nesta liga, onde cada fin de semana podes divertirte intentando xogar a algo que se asemelle ó fútbol sala.
- E de maneira concreta e especial, moitísimas grazas a todos e todas ás que perdedes un par de horas do voso fin de semana para apoiarnos dende a grada. Moitas grazas a tódolos seareir@s do DCM porque o voso interese reconfórtanos moito no campo e sen dúbida é unha das pezas clave para que puidésemos acadar tantas vitorias neste ano.

En definitiva, grazas a todos e gozade das festas.

Bo Nadal

domingo, 20 de diciembre de 2009

“Un puntiño e sen danos colaterais” DecCostas 5-5 DCM

O DCM termina o ano sumando un novo punto que lle permitirá manterse na zona tranquila da táboa incluso despois da vindeira xornada na que descansará, nun partido moi difícil no que o Costas explotou á perfección tódalas súas armas.

Décima xornada de liga a desputada onte no pavillón de Manuel Antonio, nunha xélida tarde deste mes de decembro. Os nósos visitaban a un vello coñecido, o Dec.Costas, coa intención de prolongar a xeira de 5 xornadas sen perder, e colocar así o broche que Xaime comentaba na previa a este espectacular 2009.

O resultado é clara referencia do visto sobre o campo. Partido moi aberto, con moitas variacións no marcador, con emoción e tensión, algo que sen dúbida agradecen de cando en vez os seareiros.
A primeira metade foi de claro dominio dcmista, que tivo centos de ocasións para abrir distancia no marcador, algo que houbese afundido a un Costas xusto de efectivos. Pero o DCM foi perdoando en moitos momentos claves desta primeira parte e deixou con vida a un Costas que lle custou entrar no partido.
A falta de puntería na dianteira e un Jorge algo descentrado na tarde de onte, fixeron que ó descanso o encontro chegase cun 2-3 no electrónico a favor dos nósos; Emi, Vare e Quique foron os anotadores.

Aínda que o resultado era moi curto para as moitas ocasións que tiñan creado os dcmistas, a cousa pintaba ben, pero na segunda metade, Costas sacou as súas mellores armas para conseguir dominar o partido e tamén o marcador durante bastantes minutos. Armas pouco deportivas, pero habituais dentro da práctica do fútbol; intimidación ó colexiado, patadiñas para asustar ó rival e unha longa serie de recursos nada relacionados co balón para conseguir sacar ó DCM do partido. Como dicía, pódese calificar de máis ou menos deportivo, pero o certo é que todo iso está dentro da lexitimidade do fútbol, o colexiado é o encargado de facer xustiza, e a única verdade é que o Costas explotou a perfección os seus recursos, superou grazas a iso ó DCM na segunda metade e conseguíu un valioso empate. O partido puido ser para calquera, xa que ambos tiveron ocasións para a victoria, pero o final, unha metade para cada equipo e reparto de puntos. (De novo Emi e Quique marcarían os outros dous goles dcmistas).

Finalizaba así un movido encontro, que permite ó DCM prolongar a súa xeira a 6 xornadas sen coñecer a derrota; algo que case ninguén consideraría asequible antes de principiar esta andaina na 2ª división. 14 dos 18 últimos puntos en xogo, aúpan ós branquiazuis ó vagón de cabeza da liga, o que significa un inicio de campeonato formidable nun ano de adaptación a unha nova categoría. Ademáis nun partido con risco de tarxetas e lesións, o DCM saíu indemne, así que “un puntiño e sen danos colaterais”.

Agora parón por nadal e posteriormente xornada de descanso para os nósos no inicio do 2010. Agardamos ter tempo nas vindeiras datas para analizar estas 10 primeiras xornadas, este magnífico 2009 e o que se agarda do ano venideiro.

Reciban unhas cordiais felicitación das festas e desexámoslles que reciban o novo ano da mellor maneira posible.
Ata o 2010!

Felicidades por un ano inmellorable DCM!!
E moitas grazas a afección que acudíu a papar frío e a animar ós nósos!!

viernes, 18 de diciembre de 2009

A Pechar un Gran Ano

Rúas tinguidas de adornos de Nadal, comercios ateigados de xente facendo as compras de Nadal, casas que se preparan para acoller as copiosas comidas destas datas, frío que aconsella tomarse un bo chocolate quente ou refuxiarse baixo unha boa manta... Si benqueridos lectores atopámonos xa no Nadal e por tanto moi preto de pechar outro ano máis neste caso o ano 2010. O Nadal, unhas datas tan agardadas por uns e menos queridas por outros, sempre son datas de facer balanzo do que foi o ano, e sacar sempre conclusións tanto do bo coma do malo. 365 días conteñen moitas horas nas que sen dúbida houbo lugar para os sen sabores e para as ledicias, experiencias ámbalas dúas das que se pode sacar experiencia.

Para o DCM tamén é tempo de facer balanzo, e aínda que queda un partido por disputarse, o DCM pode presentarse neste partido convencido de que cando Ramón García, coa súa tradicional capa, dea por finalizado o ano 2009 vai a estar orgulloso do gran ano que ven de realizar. Un ano que os nosos comezaron cheos de moral tras unha moi boa primeira volta, pero que sen embargo poría a proba ó equipo cun mes de xaneiro cheo de lesións que faría que o equipo tivera que tirar de espírito competitivo para intentar acadar unha primeira praza que de aquela aínda non lle pertencía. Unha vez que foi quen de acadala, xa non a soltaría máis e lograría tras moitos partidos sufridos onde o equipo fixo gala dunha gran capacidade de remontada, un ascenso que dende a nosa redacción cremos que foi moi merecido, e que ademais o fixo obtendo o campionato de liga, o que lle permitiu xogar o sobranceiro torneo de campión de campións e obter o trofeo ó campión da terceira "C" e ó equipo menos goleado.

Tocaba entón comezar unha nova andaina, dende Vide se nos informaba que 2ª grupo "B" sería a categoría onde os nosos deberían loitar por facerse un oco e loitar por acadar unha salvación que déralle aínda máis valor o acadado a temporada anterior. O Equipo comezaría un tanto temeroso a liga, conseguindo poucos puntos pero deixando boas sensacións no terreo de xogo, a pesar de ser novos na categoría pronto o equipo deuse conta de que estaba a facer as cousas ben e que os resultados tiñan que chegar. E os resultados chegaron, e fan que actualmente o club estea metido de cheo nunha boa xeira de resultados e que poida rematar o ano cun ascenso e cunha terceira posición na segunda división grupo "B" no seu haber.

Porén para lograr este obxectivo e terminar o ano da maneira máis brillante posíbel, o equipo debe superar a un duro rival como é o Decoraciones Costas. O Decoraciones é un vello coñecido dos nosos, xa que fai dúas temporadas coincidiron na terceira división "C" ambos equipos, e aínda que na primeira volta ambos compartirían os postos altos da táboa clasificatoria, tras unha segunda volta irregular por parte do DCM, sería o Decoraciones quen acadaría o obxectivo do ascenso grazas a segunda posición acadada a pesar das múltiples baixas en forma de sanción que tivo nos derradeiros compases daquel campionato. Naquela temporada o DCM perdeu o partido da ida contra o Decoraciones Costas, pero na volta e aproveitando as baixas do equipo vermello logrou unha vitoria por 2-1 co que poría fin a súa temporada (xa que o DCM descansaba na derradeira xornada de aquel campionato).

O Partido é moito máis importante do que podería parecer a primeira vista, xa que se o DCM perde este partido, o Decoraciones Costas poríase a tan so un punto dos nosos e cun partido menos, e xusto na vindeira xornada é cando lle toca descansar ó DCM. Polo tanto se o club quere manterse afastado dos derradeiros postos da táboa clasificatoria e de paso afianzarse na zona nobre, debe gañar este partido para afrontar con certas garantías a xornada de descanso, e que esta non produza unha caída libre do DCM no taboleiro de posicións.

O Decoraciones Costas ven de mostrarse como un rival un tanto irregular neste comezo de campionato. Isto se pode observar nas súas estatísticas que falan dunha bagaxe de 4 partidos gañados, tan so un empatado e 3 perdidos. O Decoraciones comezou o campionato gañando por 4 a 1 a un dos equipos da zona alta da clasificación, o Pers United. Posteriormente non sería quen de lograr a vitoria ante o Pizarro, un equipo que de momento ocupa os postos baixos, e firmaría un 2-2. Posteriormente encadearía 3 derrotas consecutivas fronte ó Ponte a Pintar (2-3), o Vinoteca a Laxe (4-0) e o ACP Sport (1-9). Estas dúas derrotas avultadas pareceron dar un toque de atención ó equipo, xa que dende aquela non volveu coñecer a derrota, e foi quen de superar ó Aceron por 2 goles a 3, ó Bar kuvi (4-3) e fai dúas semanas ó Birraleal (3-4). Polo tanto o equipo vermello ven tamén dunha xeira positiva de resultados e quererá facer ver que a xornada de descanso non foi quen para rachar esa boa dinámica. O Decoraciones acudirá ó partido decidido a demostrar que ás 3 derrotas consecutivas tan so foron un accidente e que están chamados a ser un equipo da zona alta da táboa.

Para tratar de impedilo estará un DCM que como dixemos quere pechar un magnífico ano poñendo a guinda da vitoria nesta fin de semana. Para o partido Ratckovic Varela poderá contar con case todo o seu plante agás con Chapela que segue cos seus problemas burocráticos có seguro de Vide, e que está a espera de que ás instancias autonómicas decidan dar unha resposta definitiva. Polo tanto a convocatoria estará formada por Jorge para a portería, Xmon (que volve de Santiago para pasar as datas de Nadal en terras viguesas), Vare e Pali para os postos defensivos, e Emi, Pani, Quique e Yago como homes de corte ofensivo. Para tratar de gañar este partido o DCM debe intentar seguir a mostrar o espírito competitivo que está a demostrar nestas últimas xornadas e por riba de todo saír moi concentrados dende o principio para que o Decoraciones non sexa quen de sorprender nos instantes iniciais do partido.

O partido disputarase no pavillón de Manuel Antonio ás 17:00 h da tarde do sábado, unha boa hora para que os seareiros acudan ó pavillón para ver o derradeiro partido do ano dos nosos.

Pola miña banda nada máis que dicir, tan só agradecerlles a súa atención e comunicarlles que é unha ledicia poder compartir, tras un ano de apago informativo, a información do DCM con todos vostedes. Dende aquí desexámoslle un bo Nadal e un feliz aninovo. Un saúdo e até o 2010.

domingo, 13 de diciembre de 2009

"O DCM golea nun paupérrimo encontro” DCM 5-2 Birraleal

O equipo branquiazul sentencia un difícil compromiso con tres contras letais nos primeiros dez minutos de partido. Antes do descanso 5-0 e segunda metade de recheo.

A novena xornada da 2ª división grupo B, deparábanos un enfrontamento que como Xaime expresaba na súa previa, tiña moitas máis dificultades engadidas do que a primeira vista podería semellar. E é que o DCM chegaba con moitas baixas ó encontro e con xogadores tocados, e ante rival un rival que polos seus números, deixaba entrever que podería ser unha dura pedra no camiño.

Pero como moitos dixeron no seu momento, o fútbol é moi caprichoso, e para este sábado decidíu que o DCM non ía a ter ningunha desas dificultades mencionadas na previa, e ía a vencer con moita solvencia, sen facer o máis mínimo esforzo e sen sufrir nin gota.
O encontro principiaría con Jorge (que estreaba por fin equipación)- Pali e Vare-Emi-Quique e con Pani no banco. O equipo, prevendo un partido moi difícil e polo tanto cun gran desgaste físico, decidíu saír pechado atrás para gardar forzas e atacar con contras. O rival asumíu encantado o dominio do balón e comezou a tocar sen ningunha prisa e acabando as xogadas con disparos moi lonxanos que non atopaban porta. E con ese panorama, o fútbol, decidíu que nas dúas primeiras contras dos dcmistas, chegaran dous importantes goles; 1-0 e 2-0. O equipo non o cría… sen facer nada do outro mundo, únicamente con dúas carreiras (e non moi esixentes…) estaba a dominar con amplitude o marcador. Estes dous goles foron un mazazo para os visitantes, unha lousa que pesou moito nas súas costas e que non se ían a quitar de enriba durante todo o encontro, consecuencia diso, a pesadumbre comezou a minar a moral do Birraleal, que seguía a ter o dominio do esférico pero o movía a un ritmo moi lento, e ante a acumulación de homes dcmistas en defensa, só podían buscar porta dende moi lonxe ou en saques dende o curruncho. O DCM, pola súa parte, tampouco cría o que vía, pero sabía que lle interesaba o que estaba a acontecer, dominio no marcador e ritmo de partido lentísimo, que non esixía ningún esforzo físico.
A afección comezaba a bocexar ante tan pausado e pobre espectáculo. Pero os locais seguían aliados coa fortuna e de cando en vez os despertaba do tedio regalándolles algún gol máis. Así chegaría o 3-0, 4-0 e o 5-0 antes do descanso. Os goleadores foran Quique e Emi en dúas ocasións cada un, e un rival en propia porta.
Remataba así esta sorprendente primeira metade, na que o DCM goleaba a un Birraleal que estaba a levar un excesivo castigo.

E se a primeira metade, fora tediosa, a segunda directamente sobrou. Houbo un chisco máis de movementos, pero porque o DCM decidíu deixar de gardar as formas, e comezou a perder un chisco as súas posicións, a arriscar un pouquiño máis coa presión e a tentar marcar máis goles. Pero a fortuna xa fora moi xenerosa con eles durante os primeiros 25 minutos, e agora aínda que buscaron o gol con máis gañas que na primeira metade, non o conseguiron, e foi o Birraleal o que aproveitaría estes maiores ocos en defensa para facer dous goles e maquillar o resultado. O primeiro nun contraataque por banda no que sacaban un disparo cruzado que superaba a Jorge, e o segundo, tras un máis que polémico penalti que foi o único instante de mínima tensión no partido. E é que segundo o noso parecer o colexiado Toni malinterpretou o regulamento que recolle o seguinte: http://www.fgfs-galicia.com/index.php
Se concederá asimismo un tiro libre directo al equipo adversario si un jugador comete una de las siguientes cuatro infracciones:
• Deslizarse para tratar de jugar el balón cuando está siendo jugado o va a ser jugado por un adversario. (entrada deslizante con los pies).

E no partido, o que sucedeu foi que un rival lanzou a porta, e o defensor dcmista Pali interceptou dito lanzamento deslizándose polo chan, algo que non está recollido como infracción segundo esa norma que foi a aplicada polo colexiado, xa que únicamente fai referencia a cando o adversario ten o balón en posesión, non en interceptar un lanzamento ou un pase. (se algún lector ten outra interpretación desta xogada, agardamos o seu comentario)
Ademáis errou tamén noutro punto e é que non permitíu os defensores colocarse para o rexeite a un lado do punto de penal, e a norma tamén recolle que isto está permitido:
Los jugadores, excepto el ejecutor del tiro, estarán ubicados:
• En la superficie de juego.
• Fuera del área penal.
• Detrás o a los lados del punto penal.
• A un mínimo de 5 metros del punto penal.

Á marxe da polémica o penalti foi transformado e o partido rematou co 5-2.


Solvente victoria dos nósos que lles permite seguir á altura dos galos da categoría e que pon moita terra de por medio cos postos de descenso.
Aínda así, poucas conclusións pódense sacar do partido de hoxe. O DCM fixo o mínimo esixido, pero non sempre terá a fortuna tan de cara, e deberá xogar moito mellor para seguir obtendo victorias.
O certo é que como ben dicía Xaime o 2009 está a ser un excelente ano para o equipo, e pode poñer a guinda vencendo na última xornada do ano ante o sempre difícil e impredecible Dec.Costas, un vello coñecido da 3ªC. Iso será a vindeira semana.

Agradecer coma sempre a afección a súa asistencia, e compadecelos polo aburrimento sufrido no día de onte.
Destacar ademáis que ó equipo atragantóuselle un pouco a victoria, xa que por un erro de entendemento nos trocos, Figuraty estivo demasiado tempo no banco na segunda metade. O adestrador, responsable último desta situación, xa pedíulle desculpas ó xogador, e agarda que este despiste por parte de todos os seus compañeiros non volva suceder.

Reciban un cordial saúdo, e ata a vindeira semana!

viernes, 11 de diciembre de 2009

Volta á Competición tras un preocupante parón

Benqueridos lectores, volve xa a competición recreativa máis importante de España, é dicir, Vigo en Xogo. Tras unha xornada de parón é tempo xa de volver a quentar os motores para gozar dunha igualada competición que está a resultar moi divertida tanto para xogadores coma para espectadores, xa que nos está a deparar partidos moi igualados e onde se están a poder ver moitas sorpresas. Equipos que non comezaron ben como o Frutas Nieves están a remontar postos na táboa clasificatoria e xa están a un pequeno paso dos postos sobranceiros da táboa clasificatoria, pola súa banda outros equipos como o ACP Sport que fixo un comezo de liga envexable arroiando a tódolos seus rivais acumula xa 3 partidos sen lograr a vitoria. Todo isto fai que a competición estea moi igualada e que non haxa ningún candidato claro a facerse co campionato de liga nin que os postos baixos estean claramente definidos, xa que na maioría dos casos unha vitoria separa a zona baixa da táboa clasificatoria dos postos mornos-altos.

O DCM ven de facer un comezo de liga moi positivo que o sitúa nunha cuarta posición igualado a puntos co terceiro, se ben é certo que cun partido máis que a maioría dos seus rivais directos. Será dentro de dúas xornadas cando lle toque descansar ó equipo DCM'ista (a primeira xornada de Xaneiro), para entón o DCM quere sumar o maior número de puntos posibles para que o parón aféctelle o menos posible á súa situación clasificatoria, e poda seguir gozando desta igualada segunda división grupo "B" sen ter afogos clasificatorios provocados pola proximidade ó descenso. Polo tanto o DCM debe intentar lograr os máximos puntos posíbeis ante os seus vindeiros rivais que serán o Birraleal esta fin de semana e un vello coñecido, o Decoraciones Costas, dentro de dúas xornadas. Ambos equipos son equipos da zona morna da táboa e que se sitúan un chanzo por debaixo dos nosos na clasificación. O DCM quere que esta situación se manteña dentro de dúas xornadas e a poder ser cun pouco máis de distancia.

Porén, o DCM non presentou neste parón síntomas moi positivos para afrontar estes dous partidos con garantías de éxito. Se analizamos o que aconteceu nestes 15 días todo son sinais negativos que non parecen anunciar nada positivo. En primeiro lugar o adestramento do xoves 3 de decembro foi un sonoro fracaso. Tan só se presentaron 3 membros do equipo DCM'ista e ningún do Galecoi (que tiña partido esa mesma tarde), o que fixo que o equipo perdera unha semana de adestramento e que os 3 xogadores que acudiron ó adestramento (Emi, Pali e Jorge) tan só puideran practicar a súa puntería e facer un pequeno rápido para manter a forma física. Para máis desastre Jorge saíu dese adestramento co nocello inflamado aínda que actualmente xa se atopa en bo estado. Se o adestramento do xoves foi pésimo, non moito mellor foi o amigábel acordado polos nosos para o sábado. O Equipo por mor das complicacións de tráfico propias destas datas chegou moi xusto ó partido co que non puido facer un quecemento decente, e froito desta situación fixo un partido cargado de despropósitos liderado polo seu gardamallas que foi unha auténtica "coladeira". A pesar de este mal rendemento grazas a accións individuais se puido salvar o partido e obter unha vitoria. Por último queda por comentar o adestramento deste xoves (día 10 de decembro) que non foi moito mellor. Se ben é certo que o equipo trenzou en ataque algunha xogada interesante e moi elaborada dende atrás, tivo un comportamento defensivo moi malo. Ademais se diciamos que o gardamallas foi unha auténtica "coladeira" no amigábel da pasada fin de semana, o xoves volveu dar mostras dunha preocupante forma encaixando algúns goles que non se poden permitir a estas alturas. Para rematar a desfeita o adestramento rematou cunha pequena lesión de Emi e coas recaídas de Vare e Jorge (Vare no seu nocello que non remata de curar de todo, e que terá que agardar o parón de decembro para sanear de todo, e Jorge nunha pequena lesión que se fixo no último partido de liga nun dedo da súa man).

A pesar de estas pequenas lesións e recaídas, todo fai indicar que os 3 estarán dispoñibles para o partido desta fin de semana contra o Birraleal. Un partido onde agardemos que o DCM aparte tódalas pantasmas deste baixo rendemento no parón e que grazas á volta a competición logre a concentración necesaria para despregar ese xogo que realmente teñen nas súas botas os xogadores dirixidos por Ractkovic Varela, e que están a facer que nestes primeiros compases de liga, e especialmente nos últimos partidos estean a dar un gran rendemento obtendo uns grandes resultados, que fan que o DCM leve 4 xornadas sen perder, onde sumou 3 vitorias e un empate. Polo tanto queremos que esta previa sirva para concienciar ós nosos xogadores e a nosa afección de que hai que saír a por todas neste partido para desta maneira seguir encadeando vitorias e poder facer pechar un ano inmellorable para os intereses DCM'istas. Un 2009 que será recordado pola consecución do pasado campionato da 3ªC e que pode finalizar cunha brillante clasificación na súa recente estreada andaina pola segunda división grupo "B".

Enfronte o DCM atoparase a un rival do que coñecemos poucos datos. O Birraleal atópase situado na 11ª praza da táboa clasificatoria con 7 puntos logrados grazas as súas 2 vitorias e a un empate. Porén a situación clasificatoria do Birraleal é moi enganosa, xa que detrás desas 4 derrotas agóchanse 3 derrotas pola mínima, co cal cun pouco máis de sorte estaríamos a falar dun rival que situaríase na zona alta da táboa. O Birraleal comezou moi ben a temporada cunha contundente vitoria ante o Pizarro FS (3-0) e sumando un empate na segunda xornada ante o sempre difícil Ponte a Pintar (4-4). Na seguinte xornada chegou a súa primeira derrota que foi por 1-2 ante o Vinoteca a Laxe. Na xornada 4 chegaría a súa derrota máis contundente un 7-1 ante un gran A.C.P Sport que de aquela contaba por goleadas case tódalas xornadas que tiña disputado. Tras esta derrota por goleada o Birraleal reaccionou moi positivamente e recuperou case toda golaveraxe perdida a semana anterior gañando por un contundente 7-2 ó Aceron. No sexto partido da competición o Birraleal caeu pola mínima ante o Bar Kuvi (antigo Grupo Donno) e tras descansar na xornada sétima, volveu caer na oitava pola mínima ante o Decoraciones Costas. Polo tanto un equipo un tanto impredecíbel e que a pesar da súa baixa posición na táboa clasificatoria conta cunha gran goleada a favor e con 3 partidos perdidos pola mínima que poderían ter trocado a súa situación na táboa clasificatoria.

Para este partido o DCM contará con varias baixas. Xmon non acudirá ó partido por atoparse en Santiago de Compostela si ben confirmou que case con total seguridade estará a vindeira xornada a disposición de Ractkovic Varela. Pola súa banda Chap segue na súa particular travesía polo deserto por culpa da súa lesión nas costas e polos problemas que está a ter co seguro da Agrupación Deportiva Vigo. A estas baixas, xa habituais nas últimas xornadas, podería sumárselle a de Yago que podería ter que perderse o partido por mor dos seus compromisos deportivos co mundo do tenis. Polo tanto o DCM poderá reunir unha convocatoria de entre 6 e 7 futbolistas, composta por Jorge na portería, Vare e Pali para as posicións defensivas e Emi, Quique e Pani para as posicións de ataque (aínda que é probábel que nalgún intre do partido o adestrador decida resitualos para que xoguen en postos defensivos). A estes homes como xa comentamos poderíaselle sumar a presenza de Yago.

O partido vaise disputar a unha inmellorable hora para que os seareiros DCM'istas acudan ó pavillón da Mina para arroupar ó equipo e darlle forzas para que retomen con forza a competición ligueira. O partido disputarase como xa dixemos no pavillón do Monte da Mina ás 20:00 h do sábado (12 de Decembro). Un partido no que agardemos que o DCM despregue todo ese potencial que sabe que ten e no que obteña 3 puntos que lle permitan vivir na zona alta da táboa clasificatoria e seguir afastándose dos postos que provocan o descenso a terceira división.

Nada máis, un saúdo ata a semana que ven, e agardemos que Lino nos traia boas novas ó longo da fin de semana. Unha aperta.

5 Inicial Previsto:
------Jorge-----

---Pali----Vare-

------Pani------

-----Quique----

AVISO DE IMPORTANCIA PARA TÓDOLOS EQUIPOS DE VIGO EN XOGO:
O número de teléfono das AMBULANCIAS do seguro de Vigo en Xogo, ten trocado. Agora é o 902 111 061 (ambulancias Rías Baixas)

domingo, 29 de noviembre de 2009

“Campións de 3ªC” BarKubi 1-3 DCM

O DCM fai valer a súa condición de campión da 3ªC na pasada campaña e vence ós seus dous compañeiros de ascenso con solvencia nas dúas últimas xornadas, suma xa catro partidos sen perder e encarámase na parte alta da clasificación.

Novena xornada da 2ªB da VigoEnXogo que deparaba un bonito partido entre dous vellos coñecidos que remataron 1º (DCM) e 2º (BarKubi) na pasada campaña na 3ª división. Os dcmistas chegaban ó partido con boas sensacións tras sumar 7 dos últimos 9 puntos posibéis e coa intención de facer un importante oco de puntos cos equipos da zona baixa antes do parón pola ponte da Constitución. BarKubi pola súa banda, chegaba ó encontro metido en postos de descenso, e aínda que como demostrou a semana pasada con Dec.Costas, realiza un fútbol sala ofensivo e vistoso e ten un par de xogadores de moitísima calidade, os resultados non estanlle a acompañar.
Así chegábase pois a este apasionante encontro que disputaríase ás 9 da mañá no Pavillón de Bembrive, arbitraría o experimentado Sr. Rabadán.
Dende que se coñeceu tan tempraneiro horario o mércores, dende a parcela deportiva do equipo, comezou a falarse de que era un arma a utilizar por parte dos nósos, xa que en seriedade e compromiso co equipo, poucos poden superar ós rapaces dcmistas. Nembargantes, as altas esferas do clube representadas polo Sr. Contable, falábase de que o horario sería malo para todos e que o equipo botaría en falta a súa afección. Por fortuna o seu negativo prognóstico errou e a afección volveu respostar e o equipo chegou moitos minutos antes que o seu rival, que consumiría os 5 minutos de cortesía. Así as 9:05 púñase o esférico en xogo, cun DCM moi mentalizado e cun BarKubi recén chegado.

Os branquiazuis aproveitaríanse deste feito e pronto faríanse co dominio do esférico e do partido. Semella que o equipo esqueceu xa aquel inicio de campaña no que non era quén de dar máis de dous pases seguidos, e é que nestas últimas dúas xornadas, está levando o peso dos encontros con certa claridade. Así pois as primeiras ocasións foron chegando, e sen presa pero sen pausa ían encerrando ó rival. Hoxe ademáis, a diferenza do encontro anterior ante Acerón, os homes ofensivos do equipo tiveron máis movilidade e iso xerou moitas ocasións de gol, pero pola contra, a súa pólvora hoxe estivo moi mollada, e ante isto, serían ó igual que na anterior xornada os dous defensas os que abrirían o marcador con dous goles.
Primeiro Vare, quen aliado con toda a fortuna do mundo, enviou un pase longo arriba que chegaba fácil ós dominios do porteiro rival, pero éste cicáis todavía afectado pola tempraneira hora do encontro, non era quen de atallar o esférico e incomprensiblemente acababa no fondo das redes. Era o 0-1.
Posteriormente e tras varias boas ocasións, sería Pali quen sen moito ángulo sacaba un potente disparo que tamén con sorte remataba dentro da portería. 0-2.
Partido moi de cara para os nósos que estaban a merecer ese marcador a pesares de que os dous tantos foran moi afortunados. Ademáis, sorriso de complicidade entre os dous defensas que con moita seriedade defensiva e con efectivas incorporacións están a recobrar a mellor versión da parella rusa, e atópanse nun gran momento defensivo e de entendemento, só fáltalles un chisco menos de precipitacións en xogadas de ataque.
Con ese gran resultado e o bo xogo, todo pintaba moi de cara para os nósos, que ademáis puideron sentenciar cun xogadón de todo o equipo que Pani a piques estivo de transformar, pero tras errar esas boas ocasións, BarKubi espertou e comenzou a querer tamén o balón e a facer retroceder ós nósos. Así nunha xogada algo embarullada, o balón quedaba solto no punto de penalti e un atento atacante rival empurraba para superar a Jorge e anotar o 1-2. Gol tamén con fortuna para os rivais, que regresaban así a ter moitas opcións no partido.

Chegábase ó descanso cun marcador demasiado axustado para o visto no campo e é que o DCM por ocasións e xogo estaba a merecer unha renta maior.

Pero os nósos non se amilanaron e continuaron creando moitísimas ocasións de perigo, pero como diciamos hoxe non chegou con iso xa que a pólvora estaba mollada. O rival limitaba a maior parte dos seus ataques a disparos lonxanos que non atopaban porta. Ademáis o partido nesta segunda metade trabouse moito máis, e houbo máis contacto entre os xogadores pero sempre dentro da deportividade.
Os homes de Ratckovic farían xustiza co terceiro gol tras unha gran parede entre Quique e Emi que éste convertía no 1-3 e daba algo de tranquilidade ós nósos para afrontar os últimos minutos.
BarKubi sacou porteiro-xogador para afrontar a recta final do encontro, pero aínda que o fixeron ben, movendo a pelota ás esquinas para buscar o oco, os nósos estiveron moi aplicados e traballadores en defensa e o rival apenas inquedou ó gardamallas visitante.
Remataba así o partido, e o DCM quedaba cos 3 puntos.

Chega agora unha semana de descanso, que vivirase con moita tranquilidade dende o seo decmista, xa que ata o momento o traballo realizado cumple con creces cos obxectivos marcados e é que os branquiazuis atópanse nunha privilexiada posición na táboa. Durante os vindeiros días realizaremos dende a web unha análise da clasificación tras oito xornadas desputadas.

Sen máis novidades, despedímonos cun cordial saúdo para todos.
Ata a próxima

sábado, 28 de noviembre de 2009

Cumio da Terceira "C"

Moi boas queridos lectores. Con máis retraso do habitual por motivos profesionais chega hoxe a previa do vindeiro partido do DCM, o que lle vai enfrontar mañá contra o Bar Kuvi, o antigo Grupo Donno, Cafetería Europa ou Cafetería Bohemia.

O DCM chega ó partido cun bo sabor de boca tralo solvente partido firmado fronte ó Acerón, onde os nosos, sen facer grandes alardes, foron quen de prantexar un partido moi serio e conseguir gañar o partido sen demasiados atrancos, salvo nos minutos que seguiron ó gol do Aceron, onde o equipo amarelo tivo as súas opcións de empatalo partido. Agora toca por segunda xornada consecutiva verse as caras cun vello coñecido da terceira división grupo "C", un Bar Kuvi que o ano pasado firmou unha gran temporada e rematou como segundo clasificado tras gañar ós nosos no derradeiro partido, onde todo sexa dito, os nosos fixeron un partido moi pobre, quizáis sabedores de que xa tiñan no peto o campionato ligueiro.

Ambos equipos teñen protagonizados nestes anos bos enfrontamentos entre eles, e onde nunca houbo un claro favorito. O primeiro ano na ida o DCM gañaba a un cafetería Bohemia que arrancaba con moitos probelmas na táboa clasificatoria, porén, na segunda volta os DCM'istas inmersos nunha mala segunda volta, perdían o partido fronte ó Bohemia. Pola súa banda o seguinte ano presenta un balanzo positivo para o Cafetería Europa quen gañou os dous enfrontamentos se a memoria non me erra. Por último na pasada temporada ademáis da xa citada derrota dos DCM'istas na derradeira xornada, na ida foi o DCM quen se impuxo ó Grupo Donno, nun partido épico onde os nosos chegaban ó mesmo coas baixas de Vare, Xmon, Chap e Emi (que tan so puido disputar os derradeiro minutos), polo tanto durante 48 minutos o DCM xogou sen cambios e facendo gala dunha actitude impresionante foi quen de levarse o partido tras unha primeira parte moi efectiva e unha segunda onde o equipo azul dedicouse a aguantala vantaxe.

Para o partido do domingo ás 9:00 horas en Bembrive, Ractkovic Varela contará coas mesmas baixas da semana pasada, xa que Chap segue cos problemas burocráticos con Vide e máis o seguro, e Xmon permanecerá na capital galega o fin de semana. O partido se presenta coma unha boa oportunidade para que os nosos confirmen o bo arranque ligueiro e poñan máis terra de por medio ante un rival dun nivel similar ó seu como é o Bar Kuvi que de momento está a ter algúns problemas de adaptación a categoría. A resposta xa o saben o mañán en Bembrive, onde agardemos que as condicións meteorolóxicas non nos garden unha desagradable sorpresa como no partido de ida da pasada campaña.

domingo, 22 de noviembre de 2009

“Tres puntos de ouro”; DCM 4-1 Acerón


O DCM vence con claridade nun soporífero partido e saca billete para o vagón de cabeza da liga.

Sétima xornada xa da 2ªB de vigo en xogo que deparaba un bonito encontro entre dous ex-equipos da 3ªC e que teñen moitas cousas en común; grupo de xente xove, entre os que premia a deportividade por riba de todo e que compartiron o ano pasado o premio ós menos goleados, froito dun xogo tamén con certas características comúns; de todo elo xorde unha certa “complicidade” entre ambos conxuntos que fai destes partidos, encontros especiais.

Ambos equipos chegaban a esta xornada con tendencias contrarias, os branquiazuis viñan de obter un prestixioso empate ante o líder da categoría (ACPSport), mentres os amarelos chegaban nunha crise de resultados, xogo e entendemento. Aínda así, durante a semana arranxaron as súas diferenzas e chegaban á Mina coa intención de sacar unha reconfortante victoria.
Pero o inicio do partido comezou a decantar a balanza cara un lado. Un DCM formado por Jorge-Pali,Vare-Emi-Quique saía moi metido no encontro e dominou con claridade os primeiros 8 minutos de encontro creando boas ocasións de gol que non atoparon o fondo das maias do gardameta visitante. Cos primeiros trocos en ambos conxuntos o partido igualouse un chisco máis e comezou a volverse moi lento e sen ocasións; a posesión era claramente dcmista, pero os nósos non eran quen de trenzar xogadas de ataque. Tocaban e tocaban en defensa e Acerón agardaba no seu campo sen inquedarse ante os escasísimos movementos que realizaron hoxe os homes máis ofensivos dos azulóns. Ninguén arriscaba, ninguén facía un movemento de ruptura, e así pasaban os minutos, con contadas chegadas ás áreas.
Por fortuna, nunha delas, o DCM obtería dous saques dende o curruncho, e no segundo, Vare buscaba o gol directo dende a esquina, e o seu disparo ía a ser tocado ata en tres ocasións polo gardaredes visitante pero con moita sorte acababa dentro da portería; significaba o 1-0 e o partido púñase moi ben para os locais.
De ahí ó final da primeira metade máis do mesmo. Acerón soltouse un chisquiño máis e obtivo un par de aproximamentos a área de Jorge pero seguía a existir moita precaución por parte de ambos conxuntos, agora con máis razóns por parte do DCM xa que ía gañando, e pouco máis; moito sopor nas bancadas.

Chegaba así o descanso. O DCM mandaba no marcador e na posesión, pero cun resultado tan curto calquera cousa podería pasar.

A segunda metade non melloraría en velocidade pero alomenos habería máis goles. Nunha das poucas xogadas combinativas, con desmarques e paredes os dcmistas marcarían un fantástico gol; Yago e Pani trenzaban unha gran contra e Pali cun fermoso remate puña o 2-0 no electrónico. Ante a falta de movilidade arriba eran os dous defensas locais os que coas súas contadísimas incorporacións ó ataque estaban a rachar un chisco tanto fútbol control proposto por ambas escuadras. O partido complicábase moito para os amarelos, pero estes en lugar de baixar os brazos, apertaron os dentes e comezaron a chegar cun pouco máis de gañas ás inmediacións de Jorge, conseguindo nunha delas o 2-1 que os metía de novo no partido e os animaba moito para seguir loitando. Co 2-1, o Acerón ía lanzar un balón ó longueiro tras un pase en longo que o atacante peiteaba por enriba do porteiro local, pero por fortuna para os dcmistas o longueiro evitaba o gol. E acto seguido o DCM marcaría o 3º. Sería tras unha polémica cesión asubiada polo colexiado Benavides, que Quique transformaría no 3-1.
Quedaba pouco para o final, e os locais estaban moi metidos no encontro e non ían deixar marchar esta traballada victoria. Acerón baixou un pouco o gas, e sorprendentemente deixaba o DCM ter longas posesións de balón agardando a primeira liña de presión no medio campo. Os amarelos puideron recurtar distancias nun grave erro defensivo por parte dos dcmistas nun corner, pero o remate non entrou. E posteriormente sería Pani tras unha gran xogada de Yago o que sentenciaría o choque cun disparo a pracer.

Finalizaba así un encontro moi parado, pero moi traballado por parte dos nósos, que suman tres fantásticos puntos para comezar a abrir un pouco de oco na clasificación co descenso. Foi un derbi algo máis desigualado que os anteriores entre estes dous equipos, pero é que namentres o DCM só ten que loitar coa adaptación a unha nova división, o Acerón ten que unirlle a iso, que ten que acoplar novas incorporacións no plantel que lle fixeron trocar en certa medida a forma de xogo que tan bos resultados deulle na tempada pasada. Dende aquí desexámoslles que atopen coa tecla indicada o antes posibel e que comecen a sacar resultados positivos, xa que é sempre un pracer compartir terreo de xogo con este equipo amigo.

O DCM sacou por tanto un billete para o tren de cabeza da liga, pero todavía non subiuse nel; a primeira estación para coller o vagón será a vindeira semana ante BarKubi, o ex grupo Donno que aínda que non comezou ben a tempada, ten un plantel extraordinario con dous xogadores (nº7 e nº13) que destacan moi por riba da media da categoría. O DCM deberá facer un gran partido en conxunto para frear a movilidade destes homes e conseguir moita máis velocidade no seu ataque que no día de hoxe para poder crear ocasións de gol; unha nova xornada sen perder, deixaría ós nosos nunha privilexiada posición.

Grazas de novo á nosa afección que non nos fallou en ningún encontro.

Un saúdo e ata a próxima!

viernes, 20 de noviembre de 2009

Xogo Limpo e Igualdade Sementes para un Gran Derby

Xa estamos aquí unha xornada máis para informarvos do que vai a ser a 7ª xornada da segunda división grupo "B" da competición Vigo En Xogo. Unha sétima xornada que nos depara un partido moi especial, que o podemos considerar como o derby desta temporada para os nosos, xa que o Aceron sempre foi un equipo que gardou unha moi boa relación co DCM, comparten incluso recursos dos seus respectivos blogs e ademais teñen un estilo de xogo moi similar dominado especialmente polo xogo limpo, que sempre debe primar nesta competición organizada pola agrupación deportiva Vigo.

Ambos equipos chegan a este partido con estados anímicos diferentes pero cunha posición na táboa clasificatoria non moi dispar. Primeiro entraremos na análise da situación anímica de ámbolos dous equipos. O DCM ven de sumar dous partidos con bos resultados, primeiro con unha victoria ante o Vinoteca a Laxe e despois cun empate ante o actual líder do grupo o A.C.P. Sport. Ademais leva dúas semanas consolidado na 6ª posición e mira con certa distancia os postos de descenso, despois dun inicio de liga moi duro que deparoulle xogar contra 4 dos 5 primeiros clasificados (todos menos o Hannover) ante os que o DCM obtivo dous empates e dúas derrotas pola mínima. Pola súa banda as victorias que obtivo o equipo DCM'ista foron ante equipos que actualmente están por debaixo súa na táboa clasificatoria (Vinoteca a Laxe e Pizarro). Porén os nosos non se poden confiar xa que non están moi distanciados dos seus máis inmediatos perseguidores e ademais aínda non tiveron a xornada de descanso.

Pola súa banda, o Aceron chega ó partido tras sumar varias xornadas con resultados negativos, máis en concreto dende que volveron da súa xornada de descanso tan so foron quen de sumar un punto, o obtido na cuarta xornada ante o Bar Kuvi (2-2). Os outros dous partidos disputados foron Birraleal 7- Aceron 2, e Aceron 2- D.Costas 3. Estes resultados contrastan cos bos réditos de antes do parón onde o Aceron colectou a súa única victoria polo momento (6-3 ante o Vinoteca a Laxe na primeira xornada) e onde caeu pola mínima ante o poderoso ACP que salvo ese partido e o que xogou contra o DCM conta tódolos seus partidos por amplas goleadas.

A pesar desta diferenza anímica derivada da evolución dos últimos resultados, a situación clasificatoria non dista moito para uns e outros, e é que o DCM ten que facer bo o empate que obtivo ante o ACP Sport, xa que aínda que sexa moi meritorio non vai ter case validez en caso de non confirmalo con victorias nos vindeiros partidos. E é que un punto é un punto sexa co primeiro ou co derradeiro clasificado e aínda que lle serve para continuar cunha dinámica positiva nunha liga de tres puntos un equipo non pode basearse nos seus empates se despois non o complementa con victorias. Polo tanto este punto si que cobraría moito valor en caso de obter unha victoria ante o Aceron, xa que distanciaría a un rival directo en 7 puntos (aínda que con un partido máis) e serviríalle para sumar 7 dos últimos 9 puntos posíbeis. Poren unha derrota ante o Aceron faría que o empate perdera valor, xa que o Aceron se situaría a tan so un punto do noso equipo (7 puntos por 8 do DCM) e ademais os amarelos contarían cun partido menos que en caso de gañar faría que se situasen por enriba dos nosos.

Polo tanto o DCM chega ó partido cheo de moral, xa que estase a mostrar un equipo máis sólido do agardado nestes inicios de liga, e é que tan so dous equipos o conseguiron superar no que vai de campionato, e ademais o fixeron pola mínima (O Parquets Eloy e o Ponte a Pintar, terceiro e cuarto clasificado respectivamente). Ademais e como xa comentamos con anterioridade hai que ter en conta que 4 dos 6 partidos disputados, xogáronse contra 4 dos 5 primeiros clasificados, e que a pesar desta dificultade o equipo obtivo en 6 partidos 8 puntos, grazas as súas dúas victorias e ós seus dous empates (que como vemos se veñen acompañados de victorias si que teñen validez xa que nestes intres lle permite ó equipo situarse na 6ª praza en lugar da 11ª).

Poren a pesar desta solidez mostrada polo equipo, o DCM non se pode confiar ante o partido do Aceron, xa que pola experiencia do ano pasado sabemos que son partidos moi igualados, se cadra pola similitude no xogo de ambos equipos, xa que ambos baséanse nunha boa defensa e nun xogo moi limpo. A pesar desta similitude inicial podemos resaltar algunhas diferenzas e de gran calado. O Aceron baséase máis na contra e na busca das costas que os nosos (polas veces que o puidemos ver en directo) e ademais xoga cun equipo algo máis divido que os nosos, xa que o DCM defende e ataca dunha maneira máis grupal e menos baseada en largas xogadas individuais. Isto se pode confirmar nos datos do ano pasado onde vemos que os goles do Aceron estaban moito máis concentrados que os do DCM, onde os goles dispersábanse por tódolos xogadores do equipo. Pero como sinalamos con anterioridade ambos baséanse nun sólido xogo defensivo o que se pode verificar en que ambos foron os equipos menos goleados o ano pasado na terceira división grupo "C" e ambos compartiron o trofeo Zamora na entrega de trofeos en Vide.

Os dous únicos antecedentes destes partidos remóntanse a temporada pasada, cun saldo positivo para o DCM. No partido da primeira volta xogado no Calvario o resultado final foi de 3-2 para o DCM. O Aceron comezou gañando o partido cun 0-2, pero nos derradeiros intres do partido grazas ó empuxe do DCM e tamén a unha pouca de fortuna para os nosos, fixo que o partido dérase a volta e rematase cun 3-2, cando nos primeiros intres do partido todo facía indicar unha auténtica goleada do Aceron xa que nos primeiros compases foron moi superiores e incluso puideron aumentar a súa renda no marcador. Na segunda volta o resultado final do partido disputado no Monte da Mina sería de empate (4-4). Neste partido houbo un continuo intercambio de golpes en forma de goles entre ambos equipos, chegando ós derradeiros intres do partido cun 4-3 a favor do Aceron, quen tivo un par de ocasións para facer o 5-3 pero onde finalmente o DCM conseguiu facer o empate e onde despois incluso tivo algunha ocasión para facer o 5-4, que tería sido inxusto para os méritos mostrados por ambos equipos ó longo do partido. Polo tanto os antecedentes fan pensar nun partido moi igualado e onde até os derradeiros intres non vai haber un claro gañador.

Para este partido o DCM deberá intentar mostrar a imaxe dos últimos partidos e desterrar imaxes coma o do partido contra o Ponte a Pintar ou o Pers United, onde a pesar do empate o DCM non fixo un bo partido. Ratckovic Varela non poderá contar para este partido con Chapela que sigue cos seus problemas nas costas e cos seus problemas burocráticos co seguro de Vide e tampouco con Xmon que pasará a fin de semana en Santiago de Compostela. Polo tanto dúas baixas para a liña defensiva do equipo que tan so contará con dous efectivos Vare e Pali. Para a zona de ataque o DCM contará con tódolos seus efectivos, unha vez que Emi xa volveu da súa viaxe polo extremo leste da península ibérica. Pola súa banda Jorge estará na portería local.

Até aquí a ampla previa de hoxe, a cita xa o saben, o Domingo día 22 de Novembro no Monte da Mina ás 13:00 horas, un aperitivo perfecto para a comida dominical. Non perdan a ocasión de gozar dun igualado partido entre dous bos equipos, e onde agardemos que sexa cal sexa o resultado o Xogo Limpo sexa o protagonista do partido que van disputar estes dous ex-equipos da Liga Loiola.

Aliñación Probábel:

----------Jorge-----------

----Pali---------Vare-----

-----------Emi------------

----------Quique----------

Banco: Pani e Yago

lunes, 16 de noviembre de 2009

O DCM Afiánzase na Sexta Posición

Xa coñecemos os resultados da sexta xornada da segunda división grupo "B" de fútbol sala da competición Vigo En Xogo.

Os resultados desta xornada permítenlle ó DCM afianzarse na sexta praza clasificatoria, que agora ocupa en solitario con 8 puntos, unha bagaxe bastante positiva trala disputa de 6 partidos onde os DCM'istas lograron dúas victorias, dous empates e dúas derrotas que o deixan na zona morna da táboa clasificatoria.


Nos postos altos, o ACP a pesar de non lograr a victoria consegue facerse co primeiro posto grazas a súa abultada golaveraxe, e grazas ó descanso do Parquets Eloy e a derrota do Ponte a Pintar a mans do Hannover. Neste grupo da cabeza cabe destacar que o ACP e o Parquets Eloy xa tiveron a súa xornada de descanso polo que teñen unha posición algo máis vantaxosa que o Hannover ou o Ponte a Pintar. Pegado a este grupo de cabeza e na quinta posición sitúase o Pers United que atópase a tan so dous puntos dos postos de cabeza. Xa na sexta posición e como comentamos con anterioridade aparece o DCM con 8 puntos que permítenlle gozar dunha certa tranquilidade para os vindeiros partidos, nesta a súa primeira temporada na categoría. Por debaixo do DCM até 4 equipos empatan a 7 puntos que son La Casita, Birraleal, Vinoteca a Laxe e o Decoraciones Costas. Con 6 puntos atopamos ó Frutas Nieves que grazas a súa victoria ante o Vinoteca a Laxe consigue saír dos postos de descenso. Postos que ocupan esta xornada o Bar Kuvi (que colle un pouco de respiro grazas a súa victoria ante o Birraleal), Aceron (quen non foi capaz de puntuar tralo seu descanso ligueiro), Pizarro F.S. (o único dos 4 equipos en descenso que aínda non descansou) e o Parquets Corcoba (quen aínda non foi quen de inaugurar o seu casilleiro de puntos).

Polo tanto o DCM debe facer bo o empate colleitado esta semana intentando obter unha victoria ante o Aceron, xa que o Bar Kuvi que pecha os teóricos postos de descenso, está a tan so unha victoria dos nosos e ten un partido menos, se ben é certo que entre o DCM e o Bar Kuvi hai outros 5 equipos polo medio. Como vemos a liga segue moi igualada e xa ningún equipo foi quen de gañar tódolos seus partidos e tan so o Frutas Nieves non empatou ningún partido.


Ningún equipo se pode despistar xa que a liga estanos a deparar un nivel moi parello que fai que cada xornada poida haber cambios importantes tanto na composición dos postos baixos coma dos postos altos.


Recorden que para acceder á clasficación poden facelo premendo la ligazón que hai na parte dereita do blog.

sábado, 14 de noviembre de 2009

“Doce Empate” ACPSport 3-3 DCM

A versión máis currante do DCM saca un valiosísimo empate ante un rival que contaba ata o de agora todos os seus partidos por victorias.

Un par de veces por tempada, o DCM acostuma a sacar o seu mono de traballo, a súa media orixe de equipo pequeno da Liga Loiola e obséquianos con fantásticos partidos con fantásticos resultados.
Hoxe empatouse ante o 3º da liga e o equipo puido gañar, xa que tivo ocasións para iso, e non houbese sido para nada un resultado inmerecido.
Ninguén daba un duro hoxe polo equipo de Ratckovic Varela, pero hoxe os branquiazuis pelexaron contra vento e marea para obter un puntiño que deixa un sabor moi doce no entorno dcmista.

O equipo presentábase na Mina coas importantes baixas de Emi e de Chape, pero Xmon entraba na lista a última hora para osixenar o banquiño dcmista.
O colexiado do encontro sería o señor De la Cruz, que tería unha moi mala actuación, aínda que non sería determinante no resultado.
O DCM sairía xa de inicio moi metido no partido, namentres que o rival, cicáis pola suposta superioridade sobre o papel, saían bastante relaxados e deixando xogar bastante ós azulóns. Tras o primeiro intercambio de golpes, serían os dcmistas os que inaugurarían o marcador. Vare servía un gran balón as costas do marcador de Yago quen só tiña que desviar un pouco o esférico para que se colase na portería rival. Era o 0-1 e o DCM comezaba a ver que estaba á altura do rival.
Co 0-1, o rival tampouco acababa de espertar e os visitantes conseguirían seguir mantendo ese marcador sen demasiadas dificultades durante moitos minutos. Pero a falta de poucos minutos para o final, dous erros dos dcmistas ían sacar a relucir a gran efectividade do ACP Sport. Primeiro Vare, cometía un erro de principiante ó despexar un balón cara o centro do campo, que o rival aproveitaba para batir a Jorge. Clamoroso erro do defensa dcmista que seguro daralle moitas voltas durante varios días. 1-1. E tan só un minuto despois, falta de intensidade para recibir un balón en medio campo provocaba o robo dos rivais que sacaban unha boa contra e marcaban o 2-1. Nun minuto víñase abaixo o traballo dcmista e o ACP amosaba a súa fantástica pegada e voltaba a colocarse o cartel de favorito do encontro.

Chegábase así ó descanso. Ós nósos doíalle os dous goles encaixados, pero víanse con opcións no partido. O equipo estaba xogando ben, defendendo ben e creando perigo. Tan só cometéranse dous erros fatais.

E todavía cometeríase un máis. Ó pouco de principiar a segunda metade, nun córner a favor dos locais, Yago durmíase coa súa marca e deixáballe rematar a placer ó atacante do ACP que puña o 3-1 no marcador. Ó contrario do que poda parecer, ese resultado sería o que faría posible que o DCM sacase un punto, e é que xa sen nada que perder o equipo branquiazul adiantou as liñas de presión e comezou a defender un para un co fin de robar balóns e sacer contras. Ademáis con ese resultado, ACP relaxouse un pouquiño máis, e eses dous factores farían que de ahí ó final do encontro o DCM dese un auténtico recital. Contra tras contra os nósos meteron ó rival contra as cordas. E por se acaso erraban os defensas, Jorge completaba unha moi boa actuación. Ademáis apareceu a mellor versión de Quique que volvería tolos ós defensas e ó porteiro rival que só poderían paralo con durísimas faltas. ACP cargouse de cartóns marelos, e os nósos disporían de boas faltas aínda que sen fortuna. Yago dúas veces contra os paus e Quique noutra ocasión golpearían a madeira da portería rival. Nunha das moitas ocasións dcmistas, Yago faría o 3-2 e o rival non reaccionaba.
De novo Quique nunha gran acción era derrubado polo último defensa, e posteriormente noutra ocasión polo gardamallas rival. Con tanto cartón era normal que algún rival recibise o segundo e así foi.
O DCM merecía o empate, e este chegaría tras un penalti. Un disparo dcmista era detido por un defensor rival coa man e o colexiado asubiaba a pena máxima. Quique non erraba e puña o 3-3 no marcador.
Nos dous minutos restantes, o DCM defendeu sen problemas o intento de reacción do ACP pero o partido remataba con empate.

Excelente segunda parte dos nósos que colleitan un punto que sabe moi doce. O traballo foi encomiable e é que con tan só un cambio ofensivo (e ante o profundísimo banquiño rival) o equipo non acusou o cansanzo e remontou nos últimos intres. A desfrutalo pero sen relaxarse. Hai que evitar erros tan tontos en defensa e de hoxe hai que aprender que con moita intensidade e traballo pódeselle plantar cara a calquera.
Na vindeira semana recibirase a un Acerón que sempre dificulta moito as cousas ós nósos que nunca poden completar boas actuacións ante este fantástico rival.

Enorme equipo!
Grazas a todos e ata a próxima.
Un saúdo!

viernes, 13 de noviembre de 2009

Na Procura da Gran Badalada

Xa estamos aquí para comentar o que vai a ser a sexta xornada de Vigo En Xogo, que nos deixa un enfrontamento moi interesante entre o ACP Sport e máis o DCM.

Os nosos chegan a este partido tras lograr unha agónica vitoria ante o Vinoteca a Laxe, quen a pesar da expulsión do seu porteiro, nunca lle perdeu a cara ó partido e apostou descaradamente pola vitoria até o derradeiro intre, onde a súa ousadía sería castigada polo destino grazas a un lanzamento de Emi que colleu adiantado ó gardamallas-xogador do Vinoteca.

Ó longo desta semana neste blog (que por certo estrea cabeceira) preguntouse ós visitantes do mesmo, sobre o prognóstico que emitirían para o partido deste fin de semana. O resultado foi claro e contundente e deixa en moi mal lugar a confianza que teñen nos nosos a inmensa maioría dos seus seareiros, até o momento tan só 1 persoa de 24 (4%)confía na vitoria do DCM e para iso pola mínima. Pola contra até un 62% dos enquisados pensa que o equipo azul caerá por tres ou máis goles, o 12% pensa que perderá por 2 goles, o 8% que perderá pola mínima e un 12% que acadará un punto. É curioso sempre a escasa confianza que tese no equipo DCM'ista nesta clase de partidos, certo é que o equipo chega con 3 baixas ó partido polo que tan só poderá presentar a 6 xogadores na convocatoria, pero tamén é verdade que o DCM o ano pasado demostrou saber levantarse nos partidos onde máis difíciles tiña as cousas, como cando xogábase o liderado ante o Grupo Donno e presentando 5 xogadores (Emi tan só disputou un par de minutos) conseguiu levarse a vitoria nun partido onde os nosos demostraron unha grande coraxe e, onde todo hai que dicilo, tivo a fortuna necesaria para aproveitar tódalas ocasións das que gozou e que fixo que o equipo puidérase dosificar para defendelo resultado.

Polo tanto aínda que o favorito é claramente, pola súa situación clasificatoria, polo seu gran fondo de armario (até 13 xogadores no equipo), pola goleada que ven de endosarlle ó Decoraciones Costas e polas baixas do DCM, o ACP Sport parece esaxerada a escasa confianza no rendemento dos nosos, que intentarán dar un rendemento superior ó 100% sabendo que non teñen nada que perder e si moito que gañar, xa que unha derrota sería aceptada por un amplo sector da afección azul e en termos clasificatorios non suporía un desastre, xa que seguramente seguiría metido de cheo na zona morna da clasificación, neste senso ten unha gran importancia, para a tranquilidade dos nosos, a vitoria colleitada o pasado domingo no pavillón do Monte da Mina.

Para este partido, e como xa comentamos con anterioridade, Ractkovic Varela contará con moitas baixas xa que Chap segue de baixa por lesión (dende aquí vaia a nosa queixa ó seguro médico polas súas estrañas esixencias para considerar unha lesión como deportiva, queixas non extensibles ó sanatorio do Perpetuo Socorro o cal dispensoulle un bo trato ó noso xogador), Xmon (que no día de mañá estará de aniversario) pasará a fin de semana en Santiago de Compostela e de Emi quen goza dun estraño permiso do club para perder un adestramento e un partido por estar na cidade Condal. Ante esta praga de baixas a aliñación máis probable do equipo Azul será a de Jorge en portería (quen parece que tampouco terá nova equipaxe esta fin de semana, polo menos en canto a camiseta se refire), Vare e Pali na zona defensiva, no ataque situaranse Pani e Quique, agardando dende o banco Yago.

Con esta convocatoria o conxunto DCM'ista tratará de plantarlle cara ó temible ACP Sport e conseguir algún punto positivo. Para iso o equipo azul deberá basearse nun sólido sistema defensivo e aproveitar as ocasións que se poidan dar durante o encontro. Recordemos que até este intre o DCM tan só perdeu dous partidos, ambos pola mínima e contra os dous primeiros clasificados da segunda división grupo "B" de Vigo En Xogo, polo que agárdase un partido interesante e bonito e onde os nosos procuren dar unha badalada que sorprenda a ese 82% que aposta pola derrota dos DCM'istas, unha badalada que non é tan inverosímil como algúns teñen en mente.

O partido se disputará este sábado, día 13 de Novembro, nun pavillón da Mina que presenta un estado lamentábel, xa que carece de redes nos fondos, o que fai que cando o balón peta na uralita dos mesmos saia fora do pavillón, xa que nun lado ate a semana pasada había un oco, e no outro o xogador número 5 do DCM disparou un balón que petou na Uralita e foi absorbida por esta e rematou fora do pavillón. Situación esta un pouco preocupante tendo en conta o temporal de vento que se aveciña este sábado e que se deixará notar dende as derradeiras horas do venres e que agardemos que non teña consecuencias no pésimo estado das paredes do pavillón da mina, e que agardemos que as fisuras do material das paredes do pavillón non deixen pasar o vento e que iso teña efecto sobre o terreo de xogo.

Todos os seareiros están convocados para este gran partido que se disputará a unha hora excelente para facer a dixestión vendo un bo espectáculo, a cita este sábado ás 16:00, xusto unha hora despois de que xogue o Galecoi o seu partido contra o Agaja.

Aliñación probábel:

-----------Jorge-----------

------Pali----------Vare---

-----------Pani------------

----------Quique----------
Edición 21:25 h 13/11/2009 --> Xmon finalmente entrará na convocatoria

lunes, 9 de noviembre de 2009

Tras cinco xornadas o DCM sitúase na 6ª Praza

Xa temos dende VIDE a confirmación dos resultados correspondentes a 5ª Xornada da 2ª División, grupo "B" da temporada 2009/10 de Vigo En Xogo. Os resultados foron os seguintes

Destaca nesta xornada o cambio de tendencia nalgúns partidos e que fai que se produxeran até 4 resultados abultados nesta xornada, entre os que destaca a victoria do vindeiro rival do DCM o A.C.P. Sport quen impúxose con extrema contundencia ó Decoraciones Costas, e que o confirma como un dos riváis máis temíbeis xa que como vemos na táboa clasificatoria conta tódolos seus partidos por victorias.

Como vemos o ACP conta cun promedio de 5,75 goles a favor por partido, por tan só un en contra, sen dúbida uns números que alimentan o pesimismo que queda patente no quinigol da vindeira xornada que podedes atopar na banda dereita da páxina Web. Pola súa banda o DCM afiánzase na táboa clasificatoria conseguindo auparse a sexta praza e deixar o 12º posto a 4 puntos, e tendo una golaveraxe de momento moito mái favorable que o Costas e o Pizarro que son os equipos que ocupan esa cuarta praza de descenso, que nalgunhas ocasións incluso pode significar a permanencia.

domingo, 8 de noviembre de 2009

“Tranquilidade para a parroquia Dcmista” DCM 5-4 Vinoteca a Laxe

Na 5ª xornada de liga, o DCM conseguíu o seu segundo triunfo na 2ª división da liga VEX. Tres puntos que alonxan ó equipo dos postos de perigo e permítenlle afrontar as vindeiras xornadas sen estar pendentes da táboa clasificatoria.

O encontro desputouse no Pavillón da Mina e o colexiado do mesmo foi o señor Méndez, que tería que lidiar con máis dunha acción polémica.
O equipo de Ratckovic presentábase á cita coas baixas do mancado de longa duración Chap e co exiliado Xmon. O rival viña nunha boa traxectoria de resultados e xogo e chegaba coa tarxeta de favorito para o choque (un 66% dos visitantes de http://dcmvigo.blogspot.com/ apostaban pola derrota dcmista).
Esta 5ª xornada contaba ademáis coa novidade na equipación dos locais, que deixan atrás o laranxa da tempada pasada pa lucir camiseta azul e pantalón branco (como pódese observar nas fotografías da anterior noticia do blog).

O quintento inicial formado por Jorge-Pali e Vare-Emi-Yago, sairía moi metido no encontro e tras uns primeiros minutos de tanteo, comezaban a levar algo máis de perigo á portería rival. Así, tras un disparo de Quique rexeitado polo porteiro rival, Emi recollía o esférico e facía o 1-0. Tras poñerse por diante, o DCM quería seguir xogando e mantendo a posesión, pero o rival en dúas boas contras nas que atopaban bastante permisividade defensiva dos dcmistas e con dous potentísimos lanzamentos ían perforar a portería de Jorge.
Mais o DCM traía moitas gañas de victoria e moita seriedade, e pouco a pouco volveu levar o partido ó seu terreo e nunha gran xogada de equipo, Pali combinaba con Emi para que este levase de novo o empate ó marcador; 2-2.
Intres despois chegaría unha das xogadas chaves do partido. O gardamallas de Vinoteca a Laxe que xa recibira un cartón marelo por unhas airadas protestas nun saque de esquina, desprazaba un balón na frontal da área que os dcmistas pretendían sacar con velocidade, e recibía un xusto cartón marelo que o mandaba cara os vestiarios. A xogada foi moi protestada polos rivais, e o partido estivo parado uns minutos mentres preparábase o cancerbeiro substituto. O partido púñase un chisco máis a favor dos branquiazuis que se volcaban todavía máis sobre a portería rival e nun saque dende o curruncho, Quique ía rematar a pase de Vare para facer un xusto 3-2 ó marcador. Con este resultado e cos rivais moi enfadados co colexiado chegábase ó descanso.

O DCM tiña o partido moi de cara, e mellor íanse pór as cousas cando Quique ó pouco de principiar a segunda metade recollía un balón en medio campo e cunha facilidade pasmosa deixaba atrás a dous rivais e prantábase nun man a man que non perdoaba facendo o 4-2.
A partires de entón, o equipo baixou un pouco as liñas de presión buscando defender e saír á contra. Tivéronse varias ocasións para sentenciar o partido, pero con cada erro cometido polos dcmistas, o rival botábase un chisco máis arriba, e nunha das súas ofensivas, un fantástico balón servido ó oco, permitía o seu dianteiro tocar o xusto no punto de penalti para superar a Jorge e facer o 4-3.
Apertaba e moito o rival e comezaban os nervos nos locais. Vinoteca ía botar toda a carne no asador cando o gardamallas decidíu abandoar a portería e xogar coma un home de campo máis. Nun dos ataques conseguían unha falta na frontal da área, e o lanzamento petaba no pé do defensa branquiazul Vare e con moita fortuna colábase na portería dos dcmistas, era o 4-4 e o DCM non o cría. Pero ver para crer, o gardaredes rival non contento coa épica remontada que acababan de facer e cun empate no bolso, decidía saír de novo da portería, o DCM recuperaba o esférico e Emi o collía totalmente fóra de sitio e o batía con facilidade convertindo un hattrick e levando o 5-4 definitivo ó marcador e a tranquilidade e a ledicia ó equipo e a parroquia local.

O DCM vencía neste partido tolo e suma 3 fantásticos puntos. O equipo recobrou algo de seriedade e de compromiso, pero segue a encaixar demasiados goles, un dos seus puntos fortes nas anteriores campañas. Polo tanto moitísimo traballo por diante, que debe centrarse no aspecto defensivo do colectivo, e unha vez que se recobre a solidez defensiva, voltarase a traballar en temas ofensivos.
A vindeira semana o equipo visitará a un imbatido ACP Sport que nesta xornada volveu vencer con moita contundencia ó seu rival e que presenta uns números que asustan, sendo o menos goleado da categoría. Sen dúbida partido moi compricado para os nósos que ademáis non poderán contar con Emi que viaxa á cidade condal na búsqueda da fórmula da Masía. Agardamos que se volva a dar a sorpresa.

Despedímonos ata a vindeira semana agradecendo unha vez máis a numerosa e fiel afección que está a seguir ós nósos esta tempada.
Un cordial saúdo.

Así Vestirá o Deportes Carlos Miguel 2009/2010

Dende esta semana o DCM (agás o seu gardamallas) dispoñen xa das novas equipacións coas que intentarán lograr a mellor posición posíbel nesta competida segunda división grupo "B". As equipacións son as seguintes

Primeira Equipación


Segunda Equipación (Primeira da temporada pasada)

Chándal

viernes, 6 de noviembre de 2009

¿¿Estase a ver o vaso medio cheo ou medio vacío??

Namentres Xaime non publica a súa sempre tardía previa, ofrecémosvos un interesante artículo sobre a curiosa situación Dcmista, e é que mentres dende o seno do clube, estase a ver o vaso medio vacío neste inicio de tempada (críticas ó equipo, pouca satisfacción cos resultados…), dende fóra, perciben o vaso medio cheo; velaí as probas:

O DCM segundo Vinoteca a Laxe:
“El Proximo fin de semana nos jugamos tres puntos contra el Deportes Carlos Miguel, equipo que viene detrás nuestra con unos numeros interesantes, un partido ganado, un partido empatados y dos derrotas (contra los lideres y por la minima) hay que hilar fino y salir concentrados desde el primer minuto”


O DCM segundo a Páxina do Galecoi:
" El Dcm se enfrenta a 2 duros rivales, al Vinotecas y a su propia mala suerte "
Y a otra cosa no se le puede decir, o mala suerte o mal de ojo, ya que el Dcm visto lo visto no ha merecido los malos resultados que esta trayendo en sus partidos, ya que muchos de ellos la suerte no ha estado nada de cara, y han regalado valisoso puntos. Un Dcm que sigue en linea ascendente y ya le ha cogido el pulso a la categoria, que juega un futbol vistoso, y que si sigue asi no deberia tener mayores apuros para mantenerse en la categoria, […]

O DCM segundo o Acerón:
- Suerte con el vinotecas, son dificiles pero creo que en general sois mejores
- Joer, otra derrota por la minima, que mala pata


Polo tanto… ¿quen leva a razón? ¿estase a ser moi pesimistas dende o equipo? ¿ou son os de fóra os que nos ven con bos ollos?; O tempo dará a razón a uns ou a outros, pero o que é certo e que non vén nada mal que nos esixamos moito máis a nós mesmos en cada partido, pero tamén hai que saber que a categoría ten unha gran dificultade, e non debemos preocuparnos excesivamente dos resultados, xa que cicáis teñan razón os de fóra, e éstes xa chegarán.

Agardamos os vosos comentarios sobre o tema; ¿Vaso medio cheo, ou medio vacío? ¿É preocupante a situación do equipo, ou estase a esaxerar?

Un saúdo

domingo, 1 de noviembre de 2009

"Tres puntos regalados" Ponte a Pintar 5-4 DCM

O DCM cae de novo derrotado na cuarta xornada do campionato ligueiro ante un Ponte a Pintar que bastoulle con moi pouco para vencer ós nósos.

O equipo cometeu tódolos erros que se poden cometer nun encontro e iso custoulle non puntuar nun partido que sen dúbida pode clasificarse como dos “asequibles” para os laranxas. O primeiro erro foi ese, o análise realizado polos oxeadores do clube a pasada semana foi erróneo, sacáronse conclusións con pouco e iso fixo que o equipo chegase á Mina coa sensación de que o rival era moi superior e que apenas ían deixarlles xogar; e a cousa non foi así, cicáis un mal día ou cicáis que non necesitaron facer máis do que fixeron, pero o certo é que o rival deixou xogar ó DCM e deulle moitas opcións para poder sacar algo positivo deste encontro; un encontro asequible que etiquetárase de moi complicado.
Tanto foi así, que o DCM comezaría mandando no marcador tras un gol dun Emi recén saído do banco; 0-1. E non só iso, senón que o segundo estivo preto se Vare chega a estar máis atinado nunha contra na que Emi estaba en boa posición de remate. Pero nese intre do partido, co dominio no marcador e sen que o rival creara excesivo perigo, cometeuse o segundo erro grave. En lugar de manexar a situación, xogar con calma, non arriscar ningún balón e defender con tódalas forzas, pecouse de precipitación e nunha incomprensible e innecesaria perda de balón en medio campo cando o equipo estaba saíndo de posicións defensivas, daba ó rival un tres para dous que non desperdiciaba conseguindo o empate; 1-1. E por si iso non era pouco, nun minuto, o Ponte a Pintar puña o 2-1 cunha facilidade pasmosa tirando pola borda a excelente situación que conseguiran os dcmistas co marcador a favor. Antes do descanso o partido poríase máis costa arriba co 3-1.

O terceiro error grave cometido polos homes de Ratckovic foi saír precipitados e acelerados de máis no segundo acto. O partido estaba compricado e era necesario arriscar en certas ocasións, pero non da maneira que se fixo. Quedaba moitísimo tempo por diante e todavía era tempo de resguardar a propia portería. Poren o equipo perdeu a compostura táctica por instantes e o rival aproveitaríase diso. Así chegaría o 4-1. Despois, con moita rabia aínda que sen ningún orde, o DCM achegaríase e moito no marcador, conseguindo poñerse 4-3. Nese instante repetíase o erro de pensar únicamente en atacar e co traballo defensivo completamente esquecido, o rival faría o 5-3. E é que este equipo se destacou ata o de agora en algo foi no seu excelente traballo colectivo en defensa; e cando esqueces os teus puntos fortes, tes todas as de perder. Co 5-3, o DCM seguiría remando pero non coma equipo senón cada un coa súa guerra persoal, e iso fixo que non se puidese sacar nada en limpo.
No último minuto do encontro, o colexiado sinalaba unha pena máxima a favor dos nosos que maquillaba o resultado; 5-4.

Remataba así o tempo para cometer máis erros que decantaron un partido no que non cabe dúbida que unha mellor versión do DCM pode sacar adiante.Toca pasar páxina e pensar no vindeiro rival Vinoteca a Laxe, que presenta uns números un tanto irregulares (caeu 6-3 ante Acerón, empatou ante o difícil BarKubi e venceu a Birraleal).

Grazas de novo a unha afección que segue a presentar grandes entradas nos pavillóns vigueses.
Un saúdo e ata a próxima!

sábado, 31 de octubre de 2009

Proba de Fogo para o DCM

Moi boas tardes queridos lectores. En primeiro lugar dende a nosa redacción temos que pedir desculpas pola tardanza na publicación nesta previa.

O DCM afrontará este sábado un partido moi complicado no máxico pavillón do Monte da Mina, escenario que os nosos aínda non pisaron na presente temporada, será por tanto o primeiro partido que os nosos xogarán nunha superficie diferente ó parqué. O DCM ven de afrontar unha semana de moita calma tralo gran partido que fixo a semana pasada, onde por fin deu mostras da súa calidade e da súa pegada e onde comezou a evidenciar que estalle a coller o pulso á nova categoría.

O partido desta fin de semana non será nada doado para os nosos. A nosa redacción quedouse a presenciar a semana pasada o partido do Ponte a Pintar fronte ó Decoraciones Costas. Neste partido os xogadores don Ponte deixaron clara unha das súas maiores fortalezas, que é unha abafante presión adiantada. Os xogadores do DCM terán que intentar superar esa forte liña de presión se queren ser capaces de obter un resultado positivo no partido deste sábado. Tamén no partido que puidemos observar a semana pasada, quedou claro que o Ponte non aposta pola presión adiantada durante todo o partido por mor do cansazo que isto podería provocar e o conseguinte prexuízo para os minutos finais do partido, neste partido o rival do DCM deixou dúas caras, unha a do maior parte do partido onde deu unha impresión de rival temíbel e outra na que baixou algo o seu nivel por mor dos goles do Decoraciones Costas que sentáronlle mal ó rival DCM'ista.

Para este partido Ractkovic Varela poderá contar con todo o seu plantel a excepción de Chapela que volverá causar baixar por mor dos problemas lumbares. Polo tanto a maior novidade para este partido e a presenza de Xmon no terreo de xogo, que tras dúas xornadas ausente volverá a retomar o ritmo da competición. Por tanto partido complicado o que lle agarda en principio ó DCM que intentará obter unha vitoria que lle permita consolidarse nos postos altos da táboa e o máis importante que lle permita abrir algo de distancia respecto ós postos de descenso que seguen a estar moi preto dos nosos (a tan só un punto).

Veremos por tanto se o DCM é quen de seguir coa súa proxección ascendente. Para isto terán que dar un rendemento moi alto no pavillón da Mina, no que a afluencia de público é toda unha incógnita a estas horas da tarde, aínda que se nos fixamos nos antecedentes desta temporada seguro que será unha entrada positiva.

Aliñación Posíbel

-----Jorge------

--Vare----Pali--

------Emi------

------Yago-----

Banco: Xmon, Pani e Quique

lunes, 26 de octubre de 2009

“Á terceira foi a vencida” DCM 6-2 PizarroFS

Unha derrota, un empate e unha vitoria son a síntese deste inicio de tempada para un DCM recén ascendido e en fase de adaptación a unha nova categoría; a 2ª división.
Tras tres xornadas, é todavía cedo para sacar conclusións, pero comézase a intuír que estamos a falar dunha división igualadísima na que cada partido convértese para tódolos equipos nunha auténtica final, na que se non dan o 100% da súa capacidade, dificilmente poden conseguir algo positivo.
Os resultados dos nosos parecen mostrar unha liña claramente ascendente, pero isto non é así. Un primeiro partido aceptábel no que caeron derrotados, un segundo encontro pésimo no que obtiveron o seu primeiro punto e unha terceira boa xornada que servíu para anotar a primeira vitoria no casilleiro mostran que o equipo está todavía en proceso de adaptación á categoría e son moitas as variables que afectan ó seu xogo e ó seu rendemento, xa que éste non é nin moito menos homoxéneo e nin sequera segue unha tendencia razoábel. É por iso que hai que ser cautos e saber que todavía falta un chanzo importante para saber cál é o verdadeiro nivel “medio” do equipo nesta categoría.
Namentres non se alcanza ese nível, o equipo debe conxurarse para ir rabuñando puntos de tódalas prazas posíbeis ó tempo que vai dando pequenos pasos no seu proceso de adaptación. E polo de agora este obxectivo estase a cumprir. 4 puntos en 3 partidos que sitúan ó equipo na zona media-alta dunha apretadísima clasificación (ningún equipo conseguíu gañar os 3 partidos que disputou e o golaverage está a decidir moitas posicións) e que lle permite polo de agora centrarse na súa propia mellora sen apuros nin presións clasificatorias engadidas.

Esta 3ª xornada deparaba un enfrontamento contra o Pizarro FS no pavillón de Bembrive e baixo a batuta do cuestionábel colexiado González.
Na bancada, novamente unha fantástica entrada de siareiros dcmistas que polo de agora están a superar con creces ata as previsións máis favorábeis.
A convocatoria, contaba coas baixas de Xmon na cidade santiaguesa e de Chap, na bancada polos seus problemas nas costas. O 5 inicial formado por Jorge-Pali e Vare- Emi-Yago.
Así principiaba un partido no que as xa mencionadas “variables externas” estiveron a favor do DCM, e é que dende moi cedo o equipo ía a dominar no marcador o que lle permitiría xogar con máis tranquilidade e menos precipitación que na xornada anterior. E é que o inicio sería fulgurante, liderado pola mellor versión dun Yago desaparecido ata o de agora no campionato pero que marabillou a todos nesta 3ª xornada. En poucos minutos dous golazos seus encarrilaban o encontro para os dcmistas. Porén, tras este 2-0, o Pizarro FS non baixaba os brazos e en dúas accións illadas puña as táboas no marcador. Co 2-2 podería semellar que o DCM ía a verse afectado polos nervos, pero sen tempo para iso, de novo Yago saíu dende o banco para poñer o 3-2 cun novo golazo para dar de novo algo de tranquilidade á parroquia local co seu hat-trick. De ahí ó remate da primeira metade, o DCM con moi bo criterio conseguíu manter o dominio da posesión e non ceder metros ó rival, xogando con tranquilidade e sen precipitación, conseguindo chegar ó descanso sen pasar demasiados apuros.

O 3-2 deixaba o partido moi aberto para unha 2ª parte que prometía de novo igualdade. Pero os homes de Ratckovic, nesta ocasión tiñan aprendida a lección da primeira xornada ante o Parquets, e en lugar de botarse atrás a defender a renda conseguida, saíron de novo a xogar, a querer a posesión e a buscar ampliar a vantaxe. Así, tras uns primeiros minutos de moita desputa, unha gran xogada de combinación con parede e desmarque, facía que Pali transformara o 4º para os locais nun aplaudidísimo tanto. Era o 4-2 e o Pizarro comezaba a ver difícil remontar o partido. E máis todavía porque o DCM seguiría enchufadísimo e sen conceder demasiado ó rival. Así chegaría o quinto tanto obra de Quique dende a frontal e él mesmo rubricaría o 6º tras unha falta indirecta, superando así o seu principio gripal que o non lle permitira rendir ó seu mellor nivel durante o transcorrer do encontro.

Finalizaba así o encontro que significaba a primeira victoria da historia do DCM na segunda división de Vigo en Xogo. Desta vez sí, os afeccionados marchaban contentos do traballo realizado polos seus no parqué.

Moitas cousas positivas que sacar do encontro que agardemos que o equipo vaia interiorizando e asentando e non sexan cuestión baladí, aínda que como diciamos son moitos os factores que determinan o rendemento de cada partido, e neste, sen dúbida foi fundamental ir prácticamente todo o encontro por diante no marcador.

Na vindeira xornada o equipo visitará ó Ponte a Pintar, un equipo que ven de demostrar nesta xornada que é un dos candidatos ós postos altos da clasificación tras facer un partidazo ante o Dec.Costas, ó que tumbou pola súa boa presión en toda a cancha; algo que deberán ter moi presente os nosos. Sen dúbida xornada moi complicada, pero da que de novo haberá que tentar sacar o máximo posíbel.

Grazas a todos e ata a próxima.

viernes, 23 de octubre de 2009

Paseniño

Xa estamos de novo aquí para informarlles do que vai a ser a terceira xornada de Vigo En Xogo nesta temporada 2009/10. Máis en concreto nos centraremos no partido que o DCM disputará na "terra batida" do pavillón de Bembrive, o domingo ás 18:00 h. Neste partido e se o colexiado o estima oportuno, o equipo pode estrear balón, xa que co fin de cumprir por completo a normativa vixente, o clube ven de adquirir hoxe un esférico na tenda do seu patrocinador; esférico que cumpre coas medidas regulamentarias establecidas pola organización. É un modelo similar ó da fotografía. Agardemos que traia sorte ós nosos.

Como é costume, antes imos facer un breve repaso ó que foi o partido do pasado fin de semana e que rematou con empate entre o Pers United e o DCM a 3 goles. Un partido no que sería sinxelo dicir que o DCM mostrou dúas caras unha na primeira metade e outra na segunda, cando en realidade non foi así mostrou a mesma cara durante case todo o partido a excepción do principio da primeira parte e o final da segunda. O DCM mostrouse como un equipo inoperante e con moitas dificultades á hora de mover o balón, porén a sorte que foille esquiva na primeira xornada aliouse cos nosos nesta segunda, e acadou un punto tras facer unha remontada inverosímil nos derradeiros minutos da segunda parte. Por tanto primeiro punto para o DCM que sírvelle para ocultar o mal partido realizado e para evitar caer nunha fenda de desmoralización que podería dar cos nosos no fondo da táboa clasificatoria. E é que dende esta redacción estamos convencidos de que o DCM ten equipo suficiente para lograr a salvación e sen ter que ser dunha maneira agónica, pero o primeiro que teñen que facer os xogadores do conxunto DCM'ista e crer neles mesmos (como veñen facendo nas dúas últimas temporadas) e saír moito máis soltos ó terreo de xogo.

Por tanto paseniño pero o DCM quere ir crecendo nesta segunda división "B", tras unha derrota e un empate, que danlle ó aprobado nestas dúas primeiras xornadas de liga, o club DCM'ista busca lograr a súa primeira vitoria para dar un salto na clasificación e afastarse das posicións de descenso, coas que leva empatado as dúas xornadas. En fronte terá un rival do que pouco podemos dicir, xa que como a maioría é un equipo novo para os nosos nesta categoría. Polo que podemos ver na táboa clasificatoria é un rival que fai poucos goles pero que tamén encaixa poucos o que fai prever un equipo xeneroso no esforzo colectivo e ó cal vai ser moi difícil de bater (tamén os nosos lectores eloxian a calidade do seu gardamallas). Para intentar abrir unha fenda na defensa do Pizarro, o DCM non sabe aínda se contará con toda a súa dianteira. Son seguros, salvo nova de última hora, Emi, Pani e Quique, mentres que Yago aínda non ten garantida a súa presenza. Máis problemas se lle presentan a Ratckovic Varela para formar ós seus homes na zona defensiva xa que tan só contará para eses postos con Pali e Vare (Chap é baixa por lesión, debido ós seus problemas lumbares, e Xmon non poderá acudir a cidade olivica este fin de semana, aínda que xa confirmou a súa presenza para a vindeira xornada). Polo tanto o máis probable e que o señor Varela teña que reconverter a algún xogador de ataque para estas posicións, ou ben Emi ou ben Quique son os candidatos que contan con máis opcións para formar nalgunha fase do encontro.

Partido duro por tanto o que lle agarda ó DCM, que como a maioría nesta 2ª división grupo "B", presúmese moi igualado, e no que ambos equipos buscarán a vitoria, aínda que dependendo do transcorrer do partido non sería descartable que terminasen en táboas, como fixeron 8 dos 14 equipos que disputaron un partido a pasada xornada, e que deixa unha táboa moi igualada e bonita, na que sumar 3 puntos transpórtache do inferno até as zonas máis doces da competición.
Non se perdan este partido que prevese igualado o vindeiro domingo día 25, no Pavillón Municipal de Bembrive, onde a hora invita a que haxa una entrada aceptábel por parte da afección DCM'ista que de momento merece un 10, xa que nos dous partidos que disputaron os nosos estiveron sempre moi ben arroupados.

O Domingo sairemos de dúbidas respecto ó devir do encontro, e aquí estará Lino (ó que non vou cualificar como populista) para contárvolo. Un saúdo.

5 Inicial Probábel:

------------Jorge-------------

-----Vare----------Pali-------

------------Pani--------------

-----------Quique------------





RECORDAMOS A TODOS OS XOGADORES E SEAREIROS DO DCM QUE ÁS 3:00 AM DO DOMINGO RETRASARÁNSE OS RELOXOS UNHA HORA, E POLO TANTO VOLTARÁN A SER ÁS 2:00 AM.

lunes, 19 de octubre de 2009

O DCM Manténse na zona morna da táboa clasificatoria

Tras que se teñan xogado dúas xornadas de liga, tan só dous equipos teñen logrado dúas victorias, estes non son outros que o Parquets Eloy e o Hannover, e ambos equipos gañaron a lo menos un dos seus dous partidos por tan so un gol de diferenza.

Ademais nesta xornada cabe destacar que en catro dos 7 partidos disputados remataron en táboas. Estes datos non fan máis que confirmar a igualdade que está a reinar na división nestas primeiras xornadas de liga. Con todo isto o DCM grazas ó seu empate no derradeiro intre do pasado domingo, consigue manterse na zona morna da táboa clasificatoria, isto é na novena posición, cunha bagaxe de 4 goles a favor e 5 en contra.


Noutra orde de cousas o DCM conseguíu esta tarde solventar o malentendido da acta da primeira xornada, polo tanto tan so conta cun cartón amarelo, o recibido este fin e semana. Ademais comunicámoslle ó Parquets Eloy que tampouco lle anotaron o cartón a ningún dos seus xogadores.

Tedes a ligazón para a clasificación que levamos de maneira conxuta co Aceron, no menú da dereita, ou ben premendo de seguido --> Clasificación