O
que sobre o papel debería ser un magnífico inicio de ano; vitoria, bo
xogo, goles e regreso con boas sensacións de Vare trala súa lesión,
quedou nun inquedante e moi preocupante inicio de 2015. Todo debido as
molestias coas que remataron o encontro Emi e Pani, molestias
indeterminadas nos seus xeonllos e que unidas a lesión de Xmon e as
baixas por motivos laborais/curriculares de Quique, Yago (ata febreiro) e Pablo poñen
en risco a participación do equipo nas vindeiras semanas.
Por tanto a evolución de Pani e Emi, e as súas sensacións ao longo desta semana serán fundamentais. Se finalmente ambos causan baixa, o equipo quedaría con tan só 4 homes dispoñibles, polo que terá que buscar solucións de emerxencia coa organización ante esta drástica situación.
No estritamente referido ao encontro, como diciamos, todo foi positivo. O equipo marchou cun 0-2 ao descanso con goles de Emi e Vare, e sen apenas sufrir ocasións en contra.
Tralo descanso chegou o 0-3 por mediación de Yago tras unha boa xogada na que Vare arrastrou a defensa e Emi asistíu con precisión. Recurtaría distancias o rival (1-3) tras un penalti asubiado por Eladio (precedido doutra acción na que os nósos reclamaron penalti cometido sobre Davo). Pero o partido en ningún momento correu perigo e pronto chegaría o 1-4 obra de Davo tras gran saque en longo de Jorge e deixada de Emi.
Para entón Pani xa tivera que abandonar o partido, e Davo sufriría un forte golpe que o limitaba moito para este tramo final de encontro, o que aproveitou o rival para facer o 2-4 na última xogada do partido. Nestes instantes finais tamén chegou a xogada na que o xeonllo de Emi resentíase tras impactarlle un disparo rival.
Verdadeira mágoa esas dúas malas noticias xa que o regreso a competición deixaba tintes moi esperanzadores, cun equipo desfrutando do xogo e obtendo un bo resultado.
Toquemos madeira e agardemos que antes do xoves cheguen boas novas por parte de ámbolos dous xeonllos afectados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario