Moi
bos días queridos lectores.
Nos atopamos unha semana máis nestas liñas para analizar o que vai a ser a décimocuarta xornada de liga para o Matiz Vigo, quen tratará de prolongar a súa xeira de tres vitorias consecutivas, o que lle permitiu asentarse no terceiro posto da táboa clasificatoria.
Para
sumar a cuarta vitoria, terá que superar ó Cafetería Danais, un dos rivais
fortes da competición e que ven de superar ó Librería Hollandia, penúltimo clasificado,
por 10-1. Unha vitoria que seguro enche de moral a un equipo que xa o ano
pasado lle puxo as cousas difíciles ós nosos e que este ano está a levar unha
traxectoria un tanto irregular na competición, o que lle está impedindo
asentarse nos postos sobranceiros da clasificación.
Comezando
pola análise dos enfrontamentos históricos, o Cafetería Danais se cruzou por
primeira vez no camiño do Matiz Vigo na primeira xornada da temporada 2013/14,
naquel partido onde os nosos tiveron que xogar coa camiseta dada a volta, xa
que o Danais tiña exactamente a mesma equipaxe rosiña que o daquela DCM, o
equipo da Oliveira de Vigo conseguiu facerse coa vitoria nun partido moi
igualado por 2-3. Os nosos comezaron gañando 0-3 e aguantaron o tipo na segunda
parte rendibilizando cada un dos goles que marcara con anterioridade. Na
segunda volta os tres puntos se foron para o Danais, nun partido con 11 goles e
onde o Matiz caeu por 4-7.
En
canto ós datos desta temporada o Cafetería Danais é sexto clasificado con 21 puntos,
tres por riba do descenso e con 6 puntos menos que os nosos, polo que o partido
se presenta como unha gran oportunidade para distanciar en 9 puntos a un rival
directo. O Danais é un equipo que non sabe de medias tintas, xa que non coñece
o empate no que vai de competición. O equipo rosiña gañou 7 partidos (por 8 do
Matiz), non empatou ningún (por 3 dos nosos) e perdeu 6 partidos (por 2 do
equipo branquinegrivermello). En canto a súa golaveraxe apunta a equipo alegre
e ofensivo, con 52 goles a favor (por 36 do Matiz) e 33 na contra (por 30 dos
nosos). Nos últimos 2 partidos marcaron 17 goles a favor, o que da mostra de
que superaron a grave crise de resultados que atravesaron dende a xornada 7 e
11, onde encadearon 5 derrotas consecutivas ante Vet. Ars Canis (4-5),
Cafetería Zaida (1-2), Camping Cangas (5-1), Catacrocker United (3-5) e Endulco
(3-0). A outra derrota coa que contan no seu casilleiro foi contra o Vanesma
peluqueras por 2-6.
Polo
tanto será unha incógnita ata que comece o partido, que Cafetería Danais nos
imos atopar, se o das grandes vitorias ou o das derrotas.
Para
intentar contrarrestar a este equipo, unha semana máis, o Matiz Vigo conta con
moitas baixas no seu cadro de xogadores. Esta semana o cadro da Oliveira poderá
contar con Jorge na portería, Vare e Xmon na defensa, Pani e Emi para a
dianteira e Davo como comodín para todo o campo. É dúbida Chap, quen tras
marcar o seu primeiro gol da temporada a pasada semana, poderíase perder o
partido se o mal tempo non acompaña. Son baixa segura Quique, Pablo e Yago por
atoparse fora da nosa cidade. Se agarda que Yago chegue para reforzar ó equipo
dentro de dúas xornadas.
Polo
tanto máxima concentración será a que debe manter o Matiz Vigo para
superar o duro partido de hoxe. Son moitas as dificultades que se lle están
presentando nos últimos encontros ó cadro maticista, pero está demostrando que
é quen de superar todas e cada unha delas. Será clave hoxe ante o potencial
ofensivo do equipo rival manter a seriedade defensiva que caracteriza ó equipo
e construír a vitoria dende tranquilidade e serenidade, sabendo que os nosos
son un equipo experto en xestionar partidos con poucos xogadores, encontros
onde se atopan os mellores recordos na retina dos seareiros, onde o equipo é
quen, dende o máximo rendemento individual de crear un rendemento colectivo que
supera ás individualidades, creando un efecto sinérxico que sen dúbida supera ó
do resto de equipos da competición.
O
partido se xogará á mesma hora e localización que a semana pasada, isto é, ás
17:00 do domingo 25/01/2015 no pavillón municipal de Lavadores (Calvario -
Santa Cristina). Agardamos que os seareiros dende a bancada lle dean o pulo
necesario ós xogadores para que sexan quen de sumar a súa cuarta vitoria
consecutiva e deixar a un rival directo a 9 puntos. A crónica do acontecido no
partido, coma sempre da man de Lino neste blogue nas vindeiras datas.
Xa
o saben!! Imos que nos Imos!! IMOS MATIZ VIGO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario