Moi bos días queridos lectores
Nos atopamos unha semana máis, e
xa van 13 esta temporada, neste espazo para analizar o que vai ser outra
importante xornada nas aspiracións do Matiz Vigo FS.
Esta semana o equipo
Branquinegrivermello recibirá ó Bar Secundino, un rival que este ano transita
na zona medio baixa da táboa clasificatoria. O Bar Secundino é o décimoterceiro
clasificado con 10 puntos (por 24 dos nosos) grazas ás súas 3 vitorias (por 7
do Matiz), 1 empate (por 3 do equipo da Oliveira de Vigo) e 8 derrotas (por 2
do equipo do Paseo de Alfonso XII). En canto a súa golaveraxe amosa que é un
equipo que recibe bastantes goles, 43 na contra (o que fai unha media de
3,58 por partido), pero que ten o seu talón de Aquiles nos goles a favor,
pasando por ser o equipo menos goleador do campionato con 18 tantos a favor
(1,5 por partido). O Matiz Vigo FS pola súa banda mantén unha golaveraxe de 33
goles a favor (2,75 por partido) e 29 na contra (2,41 por encontro). Polo tanto
será importante manter a seriedade defensiva que está amosando o equipo nestas
últimas xornadas, onde case non concede ocasións ós equipos rivais. En canto ós
enfrontamentos históricos destes dous equipos, tan só temos como precedentes os
dous partidos da temporada pasada que se saldaron con dúas vitorias por parte
dos nosos, 5-0 na última xornada da primeira volta e 0-2 na derradeira xornada
de liga.
O Matiz Vigo, terá que poñer toda
a súa concentración neste partido, para salvar unha semana máis de xeito heroico
as dificultades en forma de lesión e ausencias que está a sufrir dun xeito
alarmante esta temporada. A boa nova é que a pesar das ausencias e dos cambios
nas aliñacións semana tras semana o equipo está sendo quen de manter a súa
identidade e de amosar unha boa liña de xogo. Nos últimos partidos, incluído o
torneo de Nadal, o equipo está amosándose como unha escadra rochosa en defensa
e creativa en ataque, sendo quen de facer gozar ós seareiros como a semana
pasada onde pechou un bo partido ante o Bar Lobishome.
Esta semana o equipo contará
cunha convocatoria non curta en número, pero si escasa en xogadores ó 100% no seu
estado físico. A convocatoria estará formada por 7 xogadores, que son Jorge na
portería, Vare (que acaba de recuperarse da súa escordadura de nocello pero que
está en perfectas condicións tal e como amosou a semana pasada no campo), Chap
(quen volve tras varios partidos de ausencia, nos que puido descansar as súas
molestias nun pé) e Xmon (que estará na convocatoria pero non se agarda que
dispute ningún minuto neste partido, pero xa é unha boa nova que volva a
vestirse de curto, isto quere dicir que a súa reaparición volve a estar cerca
trala súa dobre lesión de nocello) para a defensa. Na zona ofensiva o equipo
contará con Emi, quen a semana pasada rematou con molestias no xeonllo o
partido, pero que parece que chegará a un bo nivel, e con Pani, quen poderá
disputar o partido até que a súa inflamación no xeonllo lle dea problemas.
Ademais o equipo contará co comodín de Davo, quen a semana pasada rematou o
partido con molestias pero que chega 100% recuperado. Polo tanto en resumo
podemos dicir que o equipo chega ó partido con 4 xogadores sans (Jorge, Vare,
Davo e Chap) e 3 con molestias (Emi, Pani e Xmon). Aínda así estamos
convencidos que esta convocatoria é máis que suficiente para afrontar con
tódalas garantías o partido, e é que ante as adversidades este equipo sempre
sacou o seu mellor rendemento e o seu mellor fútbol. Son ausencias nesta
convocatoria os 3 integrantes do equipo que non se atopan na nosa cidade, isto
é Yago que volveu a Manresa e se perderá este partido e os dous seguinte,
Quique quen aínda non ten data de regreso exacta e Pablo que si o volveremos
poder ver vestido de curto dentro de pouco.
O coñecemento da súa identidade está facendo que este equipo estea dando un nivel que quizais non se agardaba ó principio de temporada polo axustado do cadro de xogadores, pero este estilo de seriedade defensiva e rapidez ofensiva, que tantos anos leva perfeccionando o noso equipo, lle está levando a ocupar a terceira posición na táboa clasificatoria, con tan só dúas derrotas a pesares das grandes dificultades numéricas polas que está a atravesar. Polo tanto estamos convencidos, que esta tarde de domingo ás 17:00 no pavillón municipal de Lavadores (Santa Cristina - O Calvario) o equipo será quen de manter o nivel e poñer as súas mellores armas para intentar lograr unha terceira vitoria consecutiva que lle siga afastando dos postos de descenso que agora están a 6 puntos que marca o Avispas de la Arena.
Xa o saben amigos gocen deste
espectáculo a unha inmellorable hora, porque Imos que nos Imos, IMOS MATIZ
VIGO!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario