lunes, 24 de febrero de 2014

“Aceptable triunfo Dcmista” EndulcoSL 3-5 DCM


O DCM suma a segunda vitoria consecutiva e semella deixar atrás as malas sensacións que produciron as dúas derrotas deste tramo inicial da segunda volta do campionato.
O equipo afianza con catro puntos de vantaxe a terceira praza que recuperou a semana pasada tras dous traspés de Tap.Ouxo. Ademáis, o BarLuadaII, nunha profunda crise de resultados cede o liderado a Pan.TravesíaDeVigo; os nósos quedan a 7 e 8 puntos respectivamente dos primeiros clasificados.

O encontro desta 18ª xornada desputouse no pavillón de Bembrive baixo a arbitraxe de Arango. Os seareiros Dcmistas aproveitaron o bo horario (17:30horas do domingo) e encheron os graderíos firmando unha das mellores entradas da tempada.
Os nósos, saíron ben ao terreo de xogo e ao igual que no encontro de ida aproveitaron os espazos para trenzar boas xogadas e anotar tres goles antes do descanso. Serían obra de Emi tras loitar con ímpetu un balón en área rival e con asistencia de Xmon 0-1, de Davo tras boa acción personal 0-2 e Selu tras fermosa acción combinativa con parede entre Vare e Emi e asistencia do defensor dcmista para que anotase o outro compañeiro de zaga 0-3.
No ámbito defensivo, o equipo estivo correcto e a destacar unha gran parada de Jorge coa faciana xogándose o físico.
Tralo descanso o partido semellaba sentenciado, pois o rival, xusto de efectivos, acusaba o cansazo. Pero nunha acción fortuita con rexeite do gardamallas dcmista que petaba no brazo de Xmon, chegaría unha pena máxima que Endulco transformaba 1-3. E instantes despois, erro de concentración e segundo gol dos locais que soñaban coa remontada. 2-3.
Pero o DCM recuperou a calma e as sensacións e impúxose de novo en xogo e no marcador, con algo de fortuna, xa que anotou en dúas accións desafortunadas para o gardamallas e a defensa do Endulco. Ambos tantos correron a cargo de Emi.2-4 e 2-5.
Nos intres finais e co DCM xa relaxado os locais maquillaron o resultado co 3-5 definitivo.

Na vindeira semana o equipo enfrontarase a Explanada, un equipo que aínda que se atopa situado na metade da táboa, é o conxunto menos goleado da categoría, polo que será un difícil exame para os Dcmistas.
Ata entón reciban un cordial saúdo! 

Nos vindeiros días poderán disfrutar das fotografías do encontro no enlace que lles será facilitado a través do chat deste blog; desta vez, instantáneas que temos que agradecer a CarGil.

No hay comentarios: