lunes, 3 de febrero de 2014

“O DCM mantense na loita con sufrimento” Caf.Zaida 3-4 DCM



 
Nesta 2ª xornada da segunda volta, e tal como dicía Xaime na previa, os rosiñas non podían permitirse outro erro tralo inagardado tropezo da pasada xornada. E o equipo conseguíu ese obxectivo de non errar de novo, pero non sen sufrir ante un rival con máis potencial individual do que reflicte a súa situación clasificatoria.

O DCM aproveitou nos primeiros compases a falta de intensidade inicial do Zaida e cun entoadísimo Yago que quixo agradar no seu regreso conseguiría poñerse en vantaxe no marcador; o 0-1 tras recuperación do propio Yago aproveitando un erro na saída de balón dos locais e o 0-2 en xogada de “gilicorner” con potente disparo cruzado. Fantástico regreso do atacante Dcmista que agarda desputar 3 encontros máis antes de regresar a terras catalás.
O Caf.Zaida estaba moi tocado e o DCM dispuxo de infinidade de ocasións para ampliar a vantaxe (como poderase observar nas instantáneas da nosa fotógrafa); disparos lonxanos e boas combinacións que non atoparon porta. Pola contra, os xogadores Zaidistas, atoparían premio nunha das súas escasas aproximacións nesta primeira metade e nunha acción sen aparente perigo; 1-2 e o mal dcmista desta tempada que non cesa. Os nósos seguen a recibir moitos goles en xogadas moi illadas e sen perigo evidente.
Por fortuna preto do descanso, Emi tiraría unha fermosa parede cun Pani nun gran estado de forma que facíase forte ante o seu marcador para devolverlle un fantástico balón a Emi quen anotaba pola escadra 1-3.

Tralo descanso, e ao igual que ocorrera na primeira volta, o Caf.Zaida lograría empatar o encontro. Impulsados pola motivación do seu cancerbeiro chegarían con máis claridade a campo dcmista e defenderían con maior criterio táctico e máis actitude. Aínda así, o DCM non defendeu mal, e as ocasións dos locais foron moi contadas, pero de novo o 2-3 chegou en acción illada, xogada individual dun atacante local que sacaba disparo con dous defensores diante e superaba a un desafortunado Jorge que chegou a tocar o balón. 2-3.
O 3-3 chegaría nun contragolpe no que os 4 xogadores de campo do Zaida saían veloces cara ao ataque creando unha superioridade de 4 para 2 sen que defensa nin gardamallas puidesen facer nada por evitar o tanto.
Pero sen que transcurrise moito tempo, Emi poría de novo en vantaxe ao DCM co 3-4, un gol que afundíu de novo aos locais, quenes xa non tiveron a mesma enerxía e os folgos suficientes para achegarse ao empate.


 Sufríu o DCM pero venceu, unha vitoria que adquire maior importancia tralo tropezo do Tapería Ouxo, 3º clasificado, ante o colista da división (que suma a súa primeira vitoria); con ese resultado o DCM adianta en 2 puntos a un Ouxo que ten un partido menos (polo aprazamento da pasada xornada). Asimesmo o líder perdeu o seu primeiro encontro en toda a tempada, a mans dun Panadería Travesía de Vigo que aférrase á 2ª posición e achégase ao liderado (quédanse a 6 e 2 puntos do DCM respectivamente, pero ambos cun partido menos)
Tamén perdeu o perseguidor dcmista, Caf.Danais, polo que os nósos abren de novo unha importante fenda co 5º clasificado.

No hay comentarios: