O DCM cae ante o penúltimo clasificado sen atopar explicación aos seus males. Perde así comba cos tres primeiros clasificados e con dous novos cartóns amarelos supera os seus peores rexistros de deportividade (en canto a amonestacións desta cor se refire).
Esta 16ª xornada desputouse nun pavillón do Frontón con varios charcos por goteiras pero en mellores condicións das agardadas (semanas atrás o equipo desputara un amigábel nesta pista e o seu estado era impracticable). A arbitraxe correu a cargo de Méndez.
Enfronte un CampingCangas escaso de efectivos que xa puxera difícil as cousas na primeira volta aos nósos. Daquela tamén foi nun pavillón de escasas dimensións (Balaídos1) e de novo esta vez, a reducida extensión desta pista, favoreceu moito a un equipo que soubo medir os tempos, empregar artimañas pouco vistosas pero efectivas para que o xogo non collese ritmo, aguantar o paso dos minutos sen demasiado cansazo e aproveitar os seus escasos achegamentos á área rival para levarse os 3 puntos.
O DCM xogou uns 15 primeiros minutos bos. Tivo ocasións, moveu ao rival, tirou a porta, sufríu pouco en defensa e nos escasos disparos Jorge respostaba con seguridade... pero só anotaría un gol; sería obra de Emi quen resolvía con eficacia un man a man tras pase de Vare.
Mereceu unha vantaxe máis ampla nestes minutos o equipo rosiña, pero ao igual que toda a tempada, erra moito e iso pásalle factura.
Tras eses compases iniciais o partido trocaría totalmente nun contragolpe dos visitantes que se saldaba con falta na frontal da área por mans de Jorge na súa saída e cartóns amarelos para o propio cancerbeiro e para Selu por agarrar ao atacante rival en banda contraria.
Esa acción sacou aos nósos do partido. Esquecéronse de todo o bo que estaban a facer e amosaron ao CampingCangas a maneira de trocar o signo do partido. Dende ese momento xa non houbo fluidez no xogo, en parte porque os dcmistas precipitáronse e esquecéronse de dar pausa ao xogo e en parte porque os visitantes atoparon nas continuas protestas ao colexiado a forma de coller aire en cada xogada.
E de novo as pantasmas que perseguen aos rosiñas durante toda a tempada apareceron. Nun dos escasísimos achegamentos visitantes a campo dcmista, gol, 1-1 e descanso.
A pesares dese golpe, calquera nese intre houbese prognosticado que o DCM acabaría levándose o partido; xa que tiña máis ocasións, máis intensidade e máis intención de gañar, e agardábase que o cansazo do CampingCangas facilitase a vitoria.
Pero na segunda metade nada diso ocorreu. Maximizáronse os erros da primeira metade esquecéndose de xogar e centrándose o choque nas continuas protestas. Ata a tranquila afección Dcmista acabou nesta ocasión desesperada e anoxada co colexiado e co que estaba a ocorrer no campo.
E nesta situación, un novo latigazo dos visitantes dende liña de fondo sen ángulo e sen aparente intención, golpeaba na cabeza de Jorge e bicaba as maias; 1-2.
Quedaba tempo, pero en lugar do empate chegou unha nova contra rival, con grave erro na marcaxe defensiva que significou o 1-3 definitivo.
Tremendo golpe para un DCM que queda sen marxe de erro para o que queda de campionato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario