Moi boas tardes queridos lectores.
Esta semana o DCM vai visitar en Candeán ó lider da categoría o Panadería Travesía de Vigo, e ó igual que no partido de ida contará con numerosísimas baixas para enfrontarse ós panadeiros.
O Panadería Travesía de Vigo chega ó encontro tras ver como se aprazaba o seu partido da semana pasada, que foi reprogramado para onte, e do cal non sabemos o resultado. Polo tanto o líder do grupo chegará ó partido tras afrontar un intenso encontro na tarde do sábado.
O Feito de xogar dous partidos na mesma fin de semana, poder ser un feito que suavice a circunstancia de que o DCM conte con tan só 6 efecitvos para este partido e que iguale un pouco a contenda. O equipo rosiña chega ó partido coa moral recuperada tras gañar os seus últimos partidos e ver como recurtáballe puntos ós equipos de arriba, en particular ó Bar Luada II que tras sufrir unha pequena crise de resultados xa so aventaxa ó DCM en 4 puntos. Polo tanto o equipo rosiña sabe que está ante unha das súas últimas oporunidades de optar ós dous primeiros postos.
Para este partido a convocatoria será a de Jorge baixo os paus, Vare Xmon para a parcela defensiva, Emi e Pani para as posicións máis adiantadas e Davo como comodín. Baixa causarán Selu por motivos persoais, Chap por lesión e Yago pola súa estadía en Manresa (ademais de Quique no Perú). Convocatoria xusta pero suficiente para afrontar o partido. Clave será saír coa máxima concentración ó encontro, sendo cada un consciente de que ten que facer un partido redondo e que existen moitas opcións de conseguir un resultado polo de pronto. Se ben é certo que o Travesía é un equipo potente, tamén é certo que gañou algúns partidos de maneira moi axustada ante equipos de abaixo. Polo tanto agardemos que co apoio dos seareiros no graderío e dos xogadores no campo, o equipo saía ó 100% e convencido das súas posibilidades e con fortaleza dende o principio.
Imos DCM.
O partido se disputará este domingo ás 19:00 horas no moderno pavillón de Candeán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario