domingo, 26 de enero de 2014

"Pésimo inicio da 2ª volta" DCM 4-7 Caf.Danais

O DCM principiou a segunda volta do campionato da peor maneira posible; alonxándose de novo na loita de tódolos obxectivos aos que se tiña achegado ao remate das primeiras 13 xornadas. Derrota que supón desperdiciar unha clara oportunidade de alcanzar o 2º posto clasificatorio, encaixando 7 goles que minimiza moitísimo as opcións de estar entre os menos goleados da categoría e cun cartón amarelo (nesta ocasión inevitable e dos que entran dentro dos necesarios) que dificulta un chisco a deportividade.

Só queda esquecer esta xornada, pensar que queda moitísimo por diante e que con traballo, a competición dará máis oportunidades de loitar por estes obxectivos. 
O encontro de onte, complicouse incluso antes de comezar; Jorge non podería estar na porta nos primeiros instantes e ademáis as condicións da pista (con importantes charcos fixo perigar a desputa do encontro).
Aínda así, o DCM comezou ben, e incluso tivo oportunidades de adiantarse. Pero non atinou nestos primeiros compases, algo que sí fíxo o Caf.Danais, que sacou a relucir un dos problemas do DCM esta tempada. Sen facer méritos suficientes, bastáronlle con 5 chegadas nesta primeira metade para poñer unha ampla vantaxe de 4 goles. O DCM pola contra, a pesares de ter tantas ou máis ocasións que o rival, só anotaría un gol. 4-1 ao descanso. Ademáis o equipo, cometeu o erro de desesperarse cun colexiado que realizou unha paupérrima actuación para ambos lados; asubiando accións cada vez que un dos equipos a reclamaba, corrixindo logo os seus propios erros, perdendo tempo en cada acción... 

Aínda así, os nósos sabían que quedaba moito tempo e que o rival non estaba a ser tan superior como indicaba o electrónico, e que na segunda metade poderían dar a volta ao marcador. E así sería, os nósos achegáronse moi rápidamente ao empate con dous goles de empuxe e rabia. O Danais non era quen de ter o esférico e únicamente buscaban con balóns longos ao seu atacante de referencia. Pero unha falta na frontal que custaría ademáis cartón amarelo a Davo, acabaría en gol e daría de novo un importantísimo respiro aos visitantes; non estivo acertado Jorge nesta acción, quen caeu na trampa do dianteiro rival e centrouse en empurrar ao atacante que lle tabapaba e non no lanzamento. Seguíu remando o DCM e achegouse de novo no electrónico e incluso conseguíu empatar o partido, pero incomprensiblemente o colexiado anulaba o gol pitando de oídas. Ao final e xa co DCM á desesperada, Caf.Danais sentenciaría o encontro. 4-7.

Doloroso encontro. Primeira derrota do DCM ante un equipo que non está por riba na táboa clasificatoria. Hai que erguerse de novo e traballar con paciencia, xornada a xornada para non abandoar a pelexa dos obxectivos. Queda moito e moitas oportunidades. Imos!!

domingo, 19 de enero de 2014

“Tres novos puntos para poñer FIN A 1ªVOLTA” BarSecundino 0-5 DCM



O DCM finaliza a primeira volta amosando por qué ocupa a 4ª posición da táboa que ocupa. O equipo venceu con claridade a un BarSecundino falto de enerxías e amosa a súa autoridade ante os equipos que ten por debaixo na táboa clasificatoria; porén diluíuse nos seus enfrontamentos directos ante os 3 primeiros clasificados.

Aínda así, este primeiro tramo de competición pode calificarse cun Notable, xa que era toda unha incógnita o nivel que daría o equipo tralo descenso de categoría e tras ter que superar a marcha dun dos seus xogadores destacados e adaptar unha nova fichaxe.
Mantense con opcións de ascenso, tamén na loita pola deportividade e incluso coquetea por xornadas cos menos goleados. En canto ao nivel de xogo, houbo altibaixos; partidos de moita intensidade na presión e bo xogo, con outros nos que sufríu máis da conta, con desaxustes, erros de colocación… Cando a liga colleu continuidade, foi mellorando partido a partido, chengando a brindar a súa mellor actuación na Etea; pero entón chegaron as lesións e as baixas, xusto cando enfrontábase a dous dos galos da competición e con elas duras derrotas; co regreso a normalidade o equipo voltou á senda das vitorias, pero entón o parón por reis antes de recibir ao líder, curtou de novo a dinámica. Agora comeza outro tramo longo e continuo de competición, no que agrademos que o equipo poida recuperar a súa mellor versión.

Do partido de onte, pouco que destacar. Os nósos saíron ben posicionados en defensa na primeira metade e agardaron que chegaran as súas opcións, e desta vez (ao contrario que a semana pasada ante o líder, sí que as transformaron); anotarían Selu tras gran xogada combinativa, Xmon en boca de gol tras asistencia de Emi, e Pani acompañando perfectamente unha contra e chegando con todo para remachar un balón rexeitado polo pau tras disparo de Emi superando a saída do gardamallas rival; 0-3 antes do descanso. O BarSecundino cun único home de refresco, tentaba medir esforzos e apenas inquedou a Jorge na primeira metade; tan só un destacado disparo que Jorge repelía a corner con grandes reflexos.
Na segunda metade, o DCM baixou moito a súa concentración a nivel defensivo e o BarSecundino dispuxo de máis ocasións e mereceu algún gol; pero entre Jorge (que traballou arreo estes segundos 25minutos) e a falta de enerxías do rival, a portería mantívose a cero. En ataque o equipo seguíu na liña da primeira metade, creou ocasións, estrelou dous balóns á madeira e marcou outros dous goles. O 0-4 chegaría tras saque de Vare dende o curruncho que aproveitaba o despiste defensivo rival para atopar a Pani dentro da área, quen con moita sangue fría e cun gran regate resolvía a xogada. O 0-5 sería obra de Davo, quen completou outro gran encontro.
Aínda así, como diciamos, nesta segunda metade a actuación do equipo non convenceu. Precipitouse e arriscou demasiado cando a vantaxe no marcador e o cansazo do equipo rival invitaba a manter a portería a cero, a controlar o balón e a crear ocasións dende a posesión, en definitiva, a ser claro dominador do partido e non entrar nunha guerra de ida e volta na que o rival estivo moito máis preto do gol que na primeira metade.

2ª VOLTA
Toca pensar xa na segunda volta. Os nósos deben mellorar un chisco os seus números se queren realmente loitar polo ascenso. Para iso deberán manter estes resultados cos equipos de abaixo, mellorando todavía máis en defensa e incrementando a contundencia en ataque, e a partir de ahí, acadar un nivel competitivo moito máis alto que permita arrincar puntos nos choques ante os 3 primeiros clasificados; todo elo sen esquecer o outro gran obxectivo do clube.
Para iso, para que o colectivo funcione, fundamental a aportación individual de cada un; nesta primeira volta, todos amosaron un bo nivel particular, pero deben dar un pasiño máis nesta segunda metade do campionato.
Na portería, Jorge, estivo solvente, no nivel que o equipo agarda del. Segue na súa particular mellora en termos de saída do balón e esta tempada xa creou un bo feixe de ocasións iniciando a xogada; ben con saque rápido en corto para formar o contragolpe ou ben con saque en longo superando ás defensas adiantadas. Un par de erros sonados, que él non esquece e dos que saen nas reportaxes televisivas non empañan unha boa primeira volta.  
Na parcela defensiva o equipo sufríu unha pequena reconversión. Coa chegada de Selu e o gran estado de forma de Xmon, gañouse flexibilidade, ambos chegan con facilidade ao ataque e están aportando moitos goles; iso obrigou en certa medida a Vare e tamén a Chape a xogar un pouco máis co freno de man posto; e tamén ós homes ofensivos do equipo a tirar moitas máis coberturas e a ocupar por momentos postos defensivos; algo que non ocurría en campañas pasadas. Isto é positivo, pero todavía falta traballalo e adaptalo para sacarlle moito máis rendemento e minimizarlle as súas contrapartidas negativas, xa que ao longo deste primeiro tramo de campionato traducíuse en ocasións en descolocación, falla de coordinación e certos desbaraxustes. Os defensas deben medir moito o momento no que saír cara o ataque; debe ser en situacións moi claras, cando o esférico está en franca posesión dcmista, e sen que isto leve a perder automatismos nos saques de banda, a descolocacións do equipo… e tamén deben ser quen de ir pouco a pouco, segundo avance a xogada, de volver intercambiar a súa posición no campo co home que lle faga a cobertura, sen que o intercambio de posicións quede sen realizar unha vez finalizada a xogada.
E os nósos xogadores ofensivos, que realizaron unha magnífica primeira volta (Davo adaptouse perfectamente e aporta moitas cousas ao equipo, xogando co máximo esforzo cando está no campo e deixando ata a última gota de enerxía ata o momento de pedir o cambio; Pani está a conseguir esta tempada integrar os seus encomiables esforzos, pelexando, sendo o primeiro en chegar nos contragolpes… coa tranquilidade suficiente de cara a porta para facer goles moi necesarios para o equipo; Emi, con moita máis continuidade que a tempada pasada, une ao seu papel de asistente e referencia no xogo do equipo un magnífico traballo defensivo; e Yago e Quique perfectos nos seus servizos esporádicos sendo os puntas natos) en definitiva, estiveron formidables a nivel defensivo todos eles e só cun pequeno punto de mellora na pegada en ataque), viron como sumábase unha nova esixencia ao seu xa avultadísimo listado de obrigacións neste sistema de xogo; deben ser quen de realizar esas coberturas defensivas das que falábamos e facer recuperar a cada un o seu posto no momento oportuno falando co defensa adiantado.

Suficiente parrafada polo momento. Máis ao longo da segunda volta do campionato. Vémonos!

viernes, 17 de enero de 2014

PreviaExpress: DCM VS Bar Secundino

Moi bos días/tardes/noites queridos lectores

En primeiro lugar temos que pedir excusas pola non previa da semana pasada, e pola tardanza e a curteza da de esta semana, pero outras obligacións fan que atopar un intre ó longo da semana para informar da actualidade DCM'ista fágase un pouco complicado. Aínda así na medida do posible intentaremos seguir co noso compromiso de informar do DCM.

Esta semana o equipo rosiña vai recibir ó Bar Secundino. Con este partido pecharase unha volta, que se pode calificar como positiva para o DCM, que foi quen de obter bos resultados ante os equipos que están por debaixo súa na táboa clasificatoria, pero que cos tres rivales da zona alta recibíu goleadas moi escandalosas, algo que terá que intentar cambiar na segunda volta, saíndo a xogar contra estes equipos sen complexos e confiado en que poden obter os 3 puntos.

Pero antes de todo isto, para manter as opcións de ascenso, faise preciso gañar ó resto dos equipos da táboa clasificatoria, comezando por un Bar Secundino, que non lle vai por nada fácil as cousas ós nosos. Un vistazo á clasificación fai ver que o equipo secundinense é un equipo que encaixa poucos goles (so leva 3 goles máis encaixados que os nosos), pero que pola contra cústalle facer gol na portería rival. Polo tanto o equipo do DCM debe saír coa máxima concentración posíbel para evitar recibir goles, xa que despois poderíaselle por o partido moi na contra, como xa aconteceu a semana pasada onde o equipo saíu cos brazos caídos. Ademais o Bar Secundino chega en racha, xa que a pasada fin de semana obtivo 4 puntos (dos 12 que leva) e que lle sitúan a un só punto de saír dos postos de descenso.

Polo tanto o DCM debe saír coa máxima intensidade, é intentando facer un partido solvente, como xa fixo semanas atrás. Saíndo a xogar sen complexos e con alegría, de seguro que o equipo será quen de facer un completo partido e desta forma ter moitas opcións de rematar a primeira volta coa nada desprezábel cifra de 26 puntos e con tan só 3 derrotas no seu casilleiro, as recibidas ante os 3 equipos que lideran a táboa. Para este partido a convocatoria do DCM será a formada por Jorge na porta, Selu, Vare e Xmon na defensa, Emi, Pani e Davo para as posicións defensivas e a dúbida de Chap, quen non está confirmado que por fin estea liberado dos seus compromisos estudiantís.

O partido será ás 18:30 no pavillón de Bembrive, agardemos que algún seareiro do DCM poida acuidir ó partido para evitar o vacío das gradas que se está a dar nos últimos partidos.

miércoles, 15 de enero de 2014

"A pegada do líder dilapida as opcións Dcmistas" BARLUADA 7-3 DCM


O choque no que o DCM apuraba as súas opcións de achegarse á loita polos postos de ascenso directo antes de finalizar a primeira volta de campionato, convertíuse nun querer e non poder ante un líder moi sólido, que sen grandes alardes levouse o partido pola vía rápida.
O DCM entrou frío e no primeiro minuto de encontro o BarLuadaII amosaba a súa portentosa efectividade e adiantábase no marcador 1-0; a partir de ahí, tirou de defensa posicional, deixando facer ó DCM que tivo ocasións pero errou, e altísimo porcentaxe de acerto en ataque; apenas 5 ataques servíronlle para marchar ó descanso cun 4-0 no electrónico.

Demasiado castigo para un DCM que o tentaba pero non era quén de materializar as súas ocasións, e recibía 4 durísimos golpes en forma de goles que semellaban unha vantaxe insalvable.
Aínda así o equipo non baixou os brazos na segunda metade e desta vez sí conseguiría anotar 3 goles, pero nunca conseguíu achegarse no marcador, xa que ao líder bastáronlle con 3 novos zarpazos para manter as diferenzas e non deixar que o partido perigase en ningún momento.
Polos nósos anotarían Emi de penalti cometido sobre Selu, Davo nunha magnífica xogada individual e Vare de disparo dende a frontal.


Agora o equipo pon a vista xa na última xornada da primeira volta. Queda anclado na 4ª posición da táboa, e segundo o resultado que acade neste derradeiro partido achegarase aos 3 primeiros ou os seus perseguidores comezarán a pisarlle os talóns.

O rival, o Bar Secundino, atópase nos postos baixos da clasificación pero chega repleto de moral neste 2014, tras sumar 4 puntos esta fin de semana (obtendo unha vitoria e un empate nun encontro aprazado). Os seus números reflicten que é un equipo pouco anotador pero que rendabiliza ben os seus goles. Non será por tanto un duelo sinxelo para un DCM obrigado a gañar.

viernes, 3 de enero de 2014

“Cumprindo co obxectivo no derradeiro encontro do ano” DCM 7-0 LobisHome



A última xornada do ano 2013 enfrontou ao DCM co pechacancelas da categoría, e conseguíu sacar adelante unha nova vitoria que lle permite rematar o ano con tódolos seus obxectivos intactos.
Sitúase 4º na clasificación empatado a puntos co 3º e a tan só 2 puntos do ascenso directo. Ademáis, aínda que algo xustiño, pero segue todavía na pelexa pola deportividade. Tamén se atopa cerca dos equipos menos goleados da categoría, e coas 7 vitorias acadadas nestas primeiras 11 xornadas, xa superou o número de encontros gañados en tódala tempada pasada (6).
Así pois, o 2014 preséntase como o ano para loitar por todos eses obxectivos.

Centrándonos xa no encontro, dicir que a pesares de que o DCM venceu con claridade, o LobisHome é un rival que loitou ata o último minuto e obrigou a manter a concentración nos rosiñas. Só causou baixa Chape, formando a convocatoria 9 xogadores, con Jorge na porta e 2 homes por posto, Vare-Davo e Xmon-Selu en defensa, e Emi-Pani e Yago-Quique en ataque. Destacar tamén a presenza de Pablo na bancada apoiando ós seus compañeiros.
O encontro decidiuse moi pronto con goles de Quique (que anotaba no seu regreso á competición; agrademos que poida desputar algúns encontros máis esta tempada) e Emi tras un grave erro do gardamallas local, 2-0.
Antes do descanso, de novo Emi tiraba un fermoso desmarque por banda esquerda e recibía un preciso pase de Vare dende campo propio para facer o 3-0.

Na segunda metade, o gran protagonista foi Pani ao marcar o seu primeiro triplete da tempada, misturando goles de atacante astuto con outros de fermosa factura. Tamén Emi pechaba o seu particular hattrick tras unha gran xogada combinativa do equipo.
Ademáis o equipo conseguíu rematar coa porta a cero, algo que non conseguía dende a 3ª xornada de liga.

Boas sensacións pois para o DCM neste final de 2013 e inicio de 2014. Agardemos moitos éxitos. Recordamos que esta fin de semana non haberá liga polo día de Reis; voltaremos coa previa de Xaime do encontro ante o líder da división!!