Moi bos
días/tardes/noites benqueridos lectores
Tras unha semana de
descanso de previas, xa nos atopamos aquí para analizar o que vai ser a
derradeira xornada de liga do ano 2013 da liga de Vigo En Xogo. Un ano no que
os nosos tiveron que afrontar un doloroso descenso, tras unha temporada na que
erraron nos partidos claves, pero na que se refixeron magnificamente na segunda división, onde ocupan a cuarta
praza da táboa clasificatoria, e onde teñen a opción de rematar terceiros (ou
polo menos empatado a puntos co terceiro) e con tódalas opcións abertas para
loitar polo ascenso no ano 2014. A pesares das dúas xornadas fatídicas froito
das lesións o DCM depende de si mesmo para superar a tódolos rivais na táboa clasificatoria, o que se converte nunha boa nova.
Para asaltar este
terceiro posto, o equipo rosiña terá que enfrontarse ó pechacancelas da
clasificación, o Bar LobisHome. Un equipo que o ano pasado rematou 7º na táboa
clasificatoria, con 35 puntos tras gañar 11 partidos, empatar 2 e perder 12.
Porén este ano están atopar moitas dificultades para competir nesa segunda
división A, e contan con 3 puntos no seu taboleiro, froito de 3 empates
acadados. Máis o DCM non se debe confiar xa que dos últimos 4 partidos o Bar
LobisHome so perdeu 1, contra o Cafeteria Zaida, obtendo 3 empates ante
o Bar Secundino (4-4), o Cafetería Danais (3-3) e ante o Camping Cangas a
pasada semana tamén por 3-3. Polo tanto parece claro que o Bar LobisHome lle
está collendo ó pulso á competición e aínda ten ás opcións abertas da
salvación, da que so lle separan 5 puntos. Ademais o DCM xa sabe o que é perder
ante un equipo que non gañara ningún partido antes, isto aconteceu o ano pasado
na primeira división, cando perdeu contra o pechacancelas,
e comezou a súa caída sen remedio á segunda división. En canto ós enfrontamentos ante rivais da zona alta da táboa, o Bar
Lobishome perdeu por avultados
resultados ante o Panadería Travesía (0-6) e o Tapería Ouxo (6-1) nas dúas primeiras xornadas de liga, o que de seguro, influíu na moral do equipo, pero
xa contra o líder da
clasificación caeu na xornada 6 por un axustado 2-4. Polo tanto o noso equipo
terá que estar alerta durante todo o partido, xa que un exceso de confianza
pode levar ós nosos a perder os 3 puntos e deixar escapar
unha estupenda oportunidade para achegarse ós postos de ascenso.
O equipo rosiña chega
enchido de moral ó partido, tras rachar a súa xeira de 3 xornadas sen gañar a
pasada semana, nun partido contra un rival directo, o Avispas de la Arena, ó
que goleou
no marcador, tras unha boa segunda parte, despois de chegar ó descanso cun 1-1.
Neste partido o equipo recuperou a solidez defensiva que lle caracteriza e que
lle levou a ocupar o posto de equipo menos goleado esta temporada, antes de
enfrontarse ós equipos sobranceiros da clasificación con moitas baixas. Para
este partido ademais o equipo conta cun reforzo de importancia para a súa
dianteira. Se a semana pasada Yago xa deixaba a súa pegada
e reforzaba o ataque do equipo DCM'ista, esta semana se lle une Quique quen
volve do seu exilio con moitas gañas de aportar esta semana e de levarse unha
vitoria no peto.
Para este partido o DCM
contará por tanto, con Jorge na portería, que agardemos faga esquecer
as súas dúas desafortunadas accións no pavillón de Coruxo nas dúas últimas
xornadas, Vare, Xmon e Selu para a parcela defensiva, Davo probabelmente tamén retrasado a posicións defensivas e
Quique, Yago, Emi e Pani para os lugares máis ofensivos
do equipo. Polo tanto a única baixa para este partido será Chap
quen xa anunciou que pode estar ausente para os seguintes compromisos,
dependendo dos horarios.
O partido se disputará
o vindeiro domingo día 29 de decembro, na Pista Vermella do Pavillón Central de
As Travesas, todo isto se as condicións meteorolóxicas o permiten, xa que o
firme desta pista está moi condicionado pola humidade, converténdoa nunha auténtica pista de patinaxe nos días
de choiva intensa. Ás 13:00 horas comezará o partido, agardemos que con un
pouco máis de seareiros que nas dúas xornadas pasadas, onde o equipo tan só
tivo un fiel afeccionado que atreveuse co madrugón e
ocupou ás 09:00 o seu sitio no gradaría de As Roteas en Coruxo.
Por último, desexarlle a tódolos lectores desta
previa e a toda a parroquia DCM'ista que gocen do que queda de 2013, e que
teñan un feliz aninovo. Lino coma sempre lles informará de todo o acontecido no
partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario