Tras dúas contundentes derrotas
consecutivas, a 9ª xornada de liga servíu para curtar dita xeira e
sumar un punto nun encontro no que o DCM puxo as ocasións e
ApousadaDoCouto o dominio do balón. Foi un encontro cheo de
alternativas no electrónico e cargado de emoción ata o derradeiro
segundo. Os nósos buscaron a vitoria e a tiveron moi preto, pero ao
final deben conformarse cun empate que non é de todo inxusto
valorando o cómputo xeral do partido.
A convocatoria por fin tivo máis dun home de refresco. Estivo formada por
Jorge, Selu, Xmon, Vare (que regresou tras un proceso gripal que lle
obrigou a perderse o último encontro tras máis de dúas tempadas
sen perderse un partido), Pani e Emi (a outra novidade da
convocatoria tras ter que ausentarse os últimos dous encontros por
mor dun doloroso cólico); dos dispoñibles tan só ausentouse Chape,
e por fortuna non por problemas físicos, senón con permiso do clube
por compromisos persoais.
O encontro significaba outro debut esta
tempada, nesta ocasión o DCM pisou por vez primeira o parquet do
Pavillón de Coruxo, un complexo idéntico ao de Valladares, onde os
nósos adestraron dúas tempadas.
O partido iniciou con boas sensacións
para os Dcmistas que pronto crearon as primeiras ocasións de perigo
sobre a meta rival. Pero enfronte estaría un gardamallas
acertadísimo durante todo o encontro, que desbaratou numerosas e
clarísimas ocasións de gol dos rosiñas. Pouco a pouco a
PousadaDoCouto foise asentando no partido e comezaba a acumular
longas posesións de balón aínda que sen excesivo perigo sobre a
meta de Jorge.
O DCM non foi quen de arrebatarlle o
dominio do esférico e tivo que conformarse con buscar a porta rival
ó contragolpe. Así chegaría o 1-0, xa avanzada a primeira metade,
tras un rápido saque de Jorge cara Vare que provocaba unha situación
de contragolpe de 3 para 1. Vare abría para Pani en banda esquerda,
e éste servía para Emi quen dende banda contraria enviaba o
esférico as redes. 1-0.
O encontro apenas cambiou co resultado,
as ocasións claras viñan do lado dcmista con balóns á madeira e
continuas intervencións do porteiro rival e a posesión seguía a
ser dos visitantes.
Tralo descanso, chegaría a primeira
xogada desafortunada para Jorge; un centro-chut sen aparente perigo
era introducido polo cancerbeiro local na súa propia porta, 1-1.
Con ese gol, o DCM tivo uns minutos de
grave descolocación que provocaría o segundo gol rival 1-2.
Por fortuna, o equipo repúxose e
voltou a calmarse; asentouse e pronto conseguíu un novo contragolpe
no que Vare atopaba a Selu en campo contrario, éste cun gran regate
marchaba do seu marcador e devolvía as táboas ao electrónico 2-2.
O 3-2 sería obra de Davo tras recibir
en banda e fusilar por debaixo das pernas do gardamallas rival.
E pouco despois chegaría unha das
xogadas claves do choque. Emi collía o esférico en medio campo e
deixaba sentandos a 3 rivais tras sendos regates para plantarse
diante do cancerbeiro e servir para Davo, pero o gardamallas lía
perfectamente o pase e cunha intervención de grandísimo nivel
desbarataba ese pase da morte que puído significar o 4-2, e acto
seguido, tras sacar o cancerbeiro o que chegaría sería o 3-3, de
novo con mala fortuna para o DCM tras entrar o balón chorando
despois de petar nun xogador rosiña.
Pero unha vez máis, reporíase o
equipo e conseguiría (tras outro balón á madeira nunha falta
botada por Emi) o 4-3, obra de Pani a pase de Emi con tan só un
minuto por desputarse.
O traballo parecía feito, pero entón
APousada con porteiro xogador conectaba un último disparo que
colábase pegadiño ó segundo pau da meta de Jorge, 4-4.
Aínda quedaban uns segundos para que o
DCM gozase dun saque de banda no que Selu buscou o disparo directo
para que Emi o tentase tocar. A xogada saíu como se pretendía, pero
incomprensiblemente o colexiado asubiara o final no mesmo instante en
que Selu contactaba co esférico. Por fortuna o toque de Emi marchou
por riba do longueiro, porque de entrar, a decisión do colexiado
houbese sido máis que discutida.
Finalizaba así este fermoso encontro
que curtou a mala xeira Dcmista pero non servíu para regresar á
senda das vitorias.
Agora chegan as dúas últimas xornadas
antes de finalizar o ano, xornadas nas que con probabilidade o DCM
poderá contar ademáis dos habituais con Yago e Quique. Agardemos
que o seu regreso signifique tamén o regreso dos triunfos.
Un cordial saúdo (e desculpas pola
falta de crónica a semana pasada, cando os nósos xornalistas
habituais non puideron asistir ao encontro de Bembrive).
No hay comentarios:
Publicar un comentario