O DCM
acadou, tras tres xornadas sen facelo, unha nova vitoria que lle
permite abrir oco co quinto clasificado (o propio AvispasDeLaArena),
pero non conseguíu recuperar a súa mellor versión de xogo; estivo
precipitado, errou moitas ocasións de gol e só venceu porque desta
vez o mal endémico das últimas xornadas o sufríu o equipo local,
que tan só dispuxo de 5 xogadores que remataron pagando moi caro a
falta de recambios dende o banco.
Por todo
iso, estes tres puntos serven para tomar o turrón cos obxectivos
intactos (ao non desengancharse da loita polos dos dous primeiros
postos e mantendo a candidatura á deportividade), pero non permiten
facelo con demasiada tranquilidade, xa que, hai moito traballo por
facer para recuperar a versión de xogo acorde coas aspiracións do
equipo (aquela que por exemplo pasou como un rodillo pola Etea na
vitoria por 7-2 contra Endulco).
O partido
desputouse por segunda semana consecutiva ás 9:00h da mañá no
pavillón de Coruxo; arbitrou Eladio. O DCM contou con todo o seu
plantel agás Quique, que como comentaremos despois sí estará na
vindeira xornada.
Os nósos
confundiron nos primeiros intres intensidade e presión rápida en
campo contrario con precipitación, e iso levou a cometer erros
durante gran parte do encontro.
O rival,
sabedor das súas limitacións físicas consecuencia da súa escasa
convocatoria e do temprano da hora limitábase a defender, sen ter
demasiada intención de chegar á meta defendida por Jorge; aínda
así deu un tempraneiro coletazo cun disparo potente e cruzado ao que
Jorge respostou fantásticamente; pero a partires de ahí,
desapareceu das inmediacións da porta dcmista durante bastantes
minutos, pero incriblemente, non lle faría falta achegarse para
acadar o 1-0. Sería nunha xogada desafortunadísima, que poucas
veces teñen lugar; Davo, cedeu dende medio campo un balón cara o
seu gardamallas para iniciar xogada, pero cando Jorge dispúñase a
controlar o esférico, éste coábase por debaixo do seu pé, e aínda
que o porteiro tentou reaccionar, o balón acabou entrando na súa
porta; 1-0.
Esta
situación provocou máis erros e precipitación no xogo Dcmista, que
achegábase á porta rival pero sen acabar as xogadas.
Por fortuna,
pouco antes do descanso, aparecería Davo -quen completou un gran
encontro- para levar as táboas ao electrónico tras un rexeite en
área contraria.
Na segunda
metade cambiou o guión. O Avispas foi espertando e xa non se
conformaba con defender. Xa tentaba ter o balón e crear ocasións de
gol. O DCM ante iso, optou polos contragolpes. De feito, gozou dun
feixe de ocasión de saques en longo de Jorge, que unha e outra vez
superaba ao defensa rival e deixaba ós atacantes Dcmistas sós ante
o gardamallas local; pero ningún foi quen de controlar correctamente
un esférico e anotar algunha destas situacións.
Mais desta
vez o paso dos minutos beneficiou ó DCM; o rival acusou o cansazo e
os nósos comezaron a atopar cada vez máis ocos en campo contrario e
a xogar con maior criterio. Así chegarían os goles da avultada*
(con “v” só en galego,
grazas) vitoria, todos eles no tramo final de encontro. Serían
obra de Emi, Selu en dúas ocasións e de Yago. 1-5 final.
A liga non
para polo Nadal, e na vindeira fin de semana os nósos enfróntanse
ao pechacancelas da división, nun partido no que deben vencer,
recuperar unha versión máis autoritaria e solvente, non recibir
cartóns e desfrutar do regreso de Quique coa elástica rosiña.
Previsiblemente a única baixa será Chape, quen tras encadear un bo
feixe de xornadas cumprindo a bo nivel, anunciou que será dúbida
uns cantos encontros por mor de ocupacións profesionais.
Despedímonos
xa (agardemos que ata a previa se Xaime esperta :))
BO NADAL a
todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario