Moi boas tardes queridos lectores
Volve a actividade ós campos de Vigo en Xogo tralo parón por mor da ponte da constitución. O DCM vaise enfrontar esta semana ó A Pousada do Couto, un equipo máis da zon morna da clasificación, e onde ó DCM chegará tras enfrontarse a equipos punteiros cos cales obtivo pésimos resultados, froito sobre todo dun plantén que chega a cada partido cargado de baixas e con poucos efectivos para poder afrontar con garantías físicas ós 50 minutos que dura o partido.
Coma sempre faremos un breve comentario de o que nos agarda por parte do rival. A Pousada do Couto atópase sexto clasificado un posto por debaixo dos nosos pero con 4 puntos menos que os nosos xa que foi quen de obter 4 vitorias por 4 derrotas nestas 8 xornadas. Chega con 22 goles a favor e 25 na contra.
Pola súa banda o DCM chega ó partido tras dous partidos onde perdeu con claridade ante os seus rivais directos polo ascenso da categoría. Porén o equipo sigue a 3 puntos do segundo clasificado polo que depende de si mesmo para acadar o obxectivo da temporada. Asemade para este partido o equipo recupera dous efectivos que son Emi e Vare que lle darán máis variantes ó equipo, pero perde a Chap. Será o útimo partido antes de que cheguen Quique e Yago para afrontar con garantías o esixente partido da semana que ven contra o Avispas de la Arena equipo que vai empatados cos nosos na clasificación, aínda que están por diante xa que a golaveraxe dos nosos que dou moi afectada por estes dous últimos partidos, tendo 21 goles a favor e 20 na contra.
Polo tanto a convocatoria para este partido será: Jorge para ocupar a súa habitual posición baixo os paus, Vare, Xmon e Selu para as posicións defensivas e Emi, Pani e Davo.
O partido se disputará o Domingo día 15/12/2013 no pavillón de As Roteas en Coruxo ás 09:00 horas do domingo.
Para chegar non hai perda algunha, pola Estrada de Camposancos, tamén coñecida como a estrada vella ou de arriba cara a Baiona, pouco despois da igrexa de Coruxo, a dereita e como poden ver na fotografía atópase lixeiramente afundido o pavillón de As Roteas, estando o aparcamento baixando pola rampa de acceso.
Importante partido dos nosos, para volverse a enganchar ós postos sobranceiros da táboa clasificatoria. Imos DCM!!! Toda a información do que aconteceu no partido da man de Lino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario