O DCM continúa superando dificultades e obstáculos e supera con creces as
expectativas máis optimistas que puideran existir sobre este inicio de tempada.
Onte, con moitas baixas e ante un rival cun potencial moi superior ó que
reflicte a táboa clasificatoria, os nósos souberon sufrir por momentos para
acabar, contando co chisco de fortuna necesario, vencendo un encontro de enorme
dificultade. Nesta ocasión a nota negativa chegou en forma de cartón amarelo.
O choque comezou con Jorge baixo paus, Vare e Selu en posicións defensivas,
Emi e Pani máis adiantados e Chape como único recambio dos rosiñas. O rival,
cunha numerosísima convocatoria, comezou amosando o seu poderío dende o
quecemento; con exercicios marcados e preparados pola figura dun adestrador que
lideraba ó Explanada Fs.
Tamén comezarían intimidando tralo pitido inicial. O explanada sacou de
centro e comezou a mover o esférico con moitísimo criterio; os seus xogadores
tocaban e desmarcábanse, tal e como marcan os cánones deste deporte e que tan
poucos equipos son capaces de aplicar.
Pero iso, se ben transmite ós dcmistas unha sensación de respeto polo rival
e de saber que o encontro non vai ser sinxelo, só ven a reafirmar o sistema
posicional dos nósos. Nestas situacións o único que podes e debes facer é o que
sabes, nin máis nin menos. E así, pouco a pouco o rival deuse conta que non era
suficiente con esa rápida circulación de balón para lograr desaxustes
defensivos nos Dcmistas, que non só foron diluíndo esa sensación de poderío dos
rivais, senón que foron os encargados de crear as primeiras ocasións de perigo
do partido.
Así chegaría un tiro libre directo favorable ós rosiñas na frontal da área
do Explanada, que Emi encargaríase de transformar conectando un preciso
lanzamento que introducía o esférico polo único oco posible. 0-1.
Tras ese gol, semellaba o momento perfecto para que o DCM durmise o
partido, deixase pasar minutos e observase como se adaptaba o rival a ir por
detrás no marcador. Pero dous erros, propiciaron a remontada local sen
demasiado esforzo.
O 1-1 chegou no primeiro disparo a porta do Explanada, nunha xogada
aparentemente controlada, pero que sorprendía polo primeiro pau ó cancerbeiro
Dcmista (que chegaba con algunhas molestias físicas ó encontro).
E pouco despois, tras un saque dende o curruncho, erraba o posicionamento
defensivo e o Explanada facía o 2-1.
Partido moi costa arriba para o DCM.
Pero entón, os trocos con Chape comezaron a dar osíxeno ó equipo, e un
deses cambios, levou a Selu a situarse na posición de pivot; feito que
sorprendeu á defensa rival, e no primeiro esférico que recibíu, o xa pichichi
dcmista, anotaba a igualada. 2-2.
E intres despois, Vare volvía a buscalo na mesma posición e tería unha nova
oportunidade noutro fantástico movemento de costas á porta rival, que
deixáballe nun man a man, pero o cancerbeiro rival estivo rápido e desvaratou a
xogada.
Liaríase despois o encontro, tras unha entrada innecesaria do propio Selu
en campo contrario que o colexiado resolvía con cartón amarelo. Pero a xogada
non rematou ahí, o Explanada esqueceuse entón do partido e estivo máis pendente
nos minutos seguintes de tentar provocar ó propio Selu con entradas
innecesarias e de protestar continuas accións ó colexiado.
O DCM soubo ver entón que era importante aguantar este marcador ata o
descanso. O propio Selu retirouse uns minutos para evitar males maiores, e o quinteto
sobre o campo da vella escola dcmista soubo enfriar de novo o encontro.
E con este sorprendente 2-2 (prevíasen moitos menos goles) chegábase ó tempo
de refrixerio.
O partido non semellaba sinxelo para os Dcmistas, e de feito, tocaría
sufrir máis durante esta segunda metade, no que o Explanada inquedou moito máis
a portería de Jorge, quen respostou a tódolos lanzamentos, contando tamén cos
paus da súa meta.
Pero de novo, o DCM sairía desta difícil situación centrados únicamente no
que mellor saben facer, defender moi ben colocados.
A situación cambiaría nunha cesión totalmente innecesaria dun defensor dos
locais ó seu porteiro que recibía coas mans. O colexiado a asubiaba e o DCM non
desaproveitaría a ocasión. De novo sería Selu o goleador cun lanzamento raso
tralo saque indirecto da xogada. 2-3.
Aguantaría defendo uns minutos máis o DCM e a falta de 6 para o final,
solicitaba un tempo morto. Tras regresar de dita interrupción, os nósos
aproveitaron que o rival regresaba ó partido algo despistado e trenzaron unha
fermosa xogada que en 4 toques transformábase en gol. Vare sacaba de banda para
Emi; éste buscaba a Pani pegadiño á liña de cal, e polo carril contrario
incorporábase Selu para recibir unha grandísima asistencia de Pani e facer tras
regatear ó porteiro o 2-4 que sería definitivo. Significaba tamén o segundo
hattrick consecutivo do xogador Dcmista.
Así finalizaba un encontro que vén a amosar o bo momento dcmista, que non
só sabe ó que xoga, senón que sabe sufrir por momentos sen perder a compostura,
agardando que ese chisco de fortuna que de momento os acompaña aparezca (hoxe
en forma de cesión), e que fai que vaian xa 6 xornadas sen coñecer a derrota.
En partidos como este, onde a convocatoria é moi xustiña e os esforzos
deben multiplicarse, gústanos destacar individualmente a cada xogador. Fantásticos
todos onte, Jorge, Chape, Selu, Vare, Pani e Emi, noraboa!
Xaime
informaralles de cómo chega o equipo a buscar prolongar a xeira unha semana
máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario