Moi bos días/tardes/noites
benqueridos lectores
Unha semana máis nos atopamos
neste blog para analizar o que vai a ser unha interesantísima xornada de liga
para o DCM, xa que vaise a enfrontar co Travesía de Vigo.
Nada máis e nada menos que
estamos a falar do terceiro clasificado na liga, con tan só un punto menos que
o equipo rosiña por mor da súa derrota ante o colider da categoría o Bar Luada
II (6-9). Polo tanto como podemos observar se trata dun equipo temíbel que so
deu o seu brazo a torcer na segunda xornada de liga cando lle tocou loitar co
líder da categoría. Analizando máis polo miúdo os seus números vemos que leva 5
vitorias, destacando o 0-6 que lle endosou ó faroliño vermello da categoría, o
Bar Lobishomi. Tamén podemos fixarnos que nas dúas últimas xornadas so foi quen
de gañar os seus partidos pola mínima, xa impúxose 1-2 ó Cafetería Zaida (único
equipo ata o momento que conseguiu roubarlle punto ó DCM) e a pasada xornada
4-3 ó Camping Cangas (equipo ó que o DCM gañou por 2-0). Se falamos de goles
anotados leva 4 goles máis que o DCM (24) e 5 máis na contra (14).
Pero neste partido máis que ó
rival debemos analizar a difícil situación na que chega o DCM a este partido,
xa que non contará con ningún atacante puro para o mesmo. Ás baixas habituais,
nestas datas, de Yago e Quique, súmaselle a de Pani pola súa viaxe a Donostia,
e a de Emi que salvo novidade de última hora non será da convocatoria por mor
dun cólico no ril, que salvo mellora milagreira nas vindeiras horas provocará
que sexa baixa para o partido. Ademais a todo este listado de baixas hai que
sumarlle a dúbida de Xmon quen mancouse fai dous partidos no pavillón da Etea
ante o Endulco e que aínda non se atopa 100% recuperado. Polo tanto a
convocatoria do DCM preséntase moi escasa e chea de homes defensivos. Jorge
estará na portería, Chap, Selu e Vare como homes para a parcela defensiva e tan
só Davo para os postos atacantes, un Davo que o ano pasado ocupaba posicións
máis retrasadas. Polo tanto difícil papeleta, e nun dos peores partidos
posíbeis, a que terán que afrontar os 5 ou 6 gladiadores que saian ó terreo de
Xogo.
Pero non todo é negativo neste
partido. O DCM ven de demostrar a pasada xornada que é un equipo con moito
oficio e moi traballado, nun agreste e difícil partido ante o Explanada FS,
conseguiu levarse os tres puntos, nun tipo de encontro que o ano pasado tería
perdido. Polo tanto este ano o equipo sabe xogar este tipo de partidos e ten
máis experiencia e confianza para superar momentos complicados. A isto hai que sumarlle
que o DCM é un equipo experto en xogar estes encontros, con equipos da zona
alta da táboa, con poucos xogadores na convocatoria e soe sacar un bo
rendemento. Na retina dos nosos seguidores están aqueles partidos na terceira
división cando se xogaba o liderado contra o primeiro clasificado naqueles
intres e onde o equipo sacaba o mellor de si mesmo para sacar adiante os 3
puntos. A clave será polo tanto que o equipo sexa fiel ós seus instintos máis
básicos e planee un partido moi serio dende a defensa, tratando de aproveitar
unha das súas rápidas transicións. Para isto o equipo conta cos mimbres máis
axeitados xa que, como comentamos con anterioridade, todos os membros da
convocatoria teñen un perfil marcadamente defensivo. Agora so falta que os xogadores
sexan conscientes da importancia que teñen cada un deles, e que saiban que
dando o 120% e cunha concentración digna dun xogador de xadrez o equipo poderá
afrontar con garantías o partido desta fin de semana.
Este reto tan bonito que se lle
presenta ó equipo rosiña, disputarase no novo pavillón de Candean. Se fai dúas
semanas o equipo debutaba na ETEA, esta semana o fará no novo espazo deportivo
cercano ós campos de adestramento do Real Club Celta na Madroa. Para chegar alí
recomendamos a seguinte ruta
- Coller a Avenida do Aeroporto
- Avanzar nela ata chegar ó cruce
de subida ó Vigozoo.
- Seguir as indicacións do zoo
ata que chegue o cruce dos campos deportivos (Veranse os campos despois do
cruce a esquerda) nese cruce seguir recto, ata que uns metros máis adiante
verase a asociación de veciños detrás da cal se atopa o pavillón de Candeán.
(máis abaixo indicacións gráficas)
A hora do partido ás 14:00 horas
do domingo, unha hora un tanto complicada pero é un partido que ben merece un
esforzo, ademais máis que nunca o DCM necesita o teu alento.
Lino contaranos todo o acontecido
neste partido.
- XaimeRuta dende a Avda do Aeroporto
- Cruce na Avda do Aeroporto (coller a subida á esquerda)
- Fachada e Interiores do Pavillón
Fotos Cortería de Faro de Vigo, Google e Estudios Naos Arquitectura
No hay comentarios:
Publicar un comentario