O DCM iniciou un novo bloque de 4 encontros (antes dun novo parón vacacional) cunha nova vitoria e mellorando a imaxe dos dous últimos partidos que incrementaran o nerviosismo en certos sectores do clube. Os únicos puntos negativos, unha posible lesión de Xmon na derradeira xogada do encontro (que agardemos se quede nun susto) e os dous goles encaixados.
Agora, coa marcha de Yago e con posibles baixas esporádicas, o equipo deberá amosar que tamén sabe sobrevivir con convocatorias moito máis reducidas como fixo no debut da tempada.
A 5ª xornada de liga deixounos a particular inauguración dos Dcmistas da pista da Etea, un complexo renovado e vistoso que semella estar moi desaproveitado. Como xa dicía Xaime na Previa, ao equipo gústalle xogar nestes fermosos pavillóns, crécese e adoita acadar bos resultados. Iso sucedeu onte na Etea, onde ante un rival que asustaba tralos informes dos oxeadores do clube, os rosiñas saíron máis metidos que nunca no encontro, cunha presión nos compases iniciais que deu a clave de cómo saír vitoriosos do choque.
Como é costume o primeiro tanto tardou moito en chegar e o equipo tivo que errar un bo feixe de ocasións antes de que os 7 tantos anotados hoxe comezaran a subir ó electrónico.
Foron 4 na primeira metade (4-0 ó descanso) e 3 máis no segundo tempo ata o (7-2 definitivo); resultado abultado pero que todavía puido ser máis amplo en ambos casilleiros, xa que ambos equipos erraron boas ocasións de gol. Anotaron Davo, Emi, dous Yago, e hattrick de Selu que o sellou cun gol de chilena que deixou a todos boquiabertos.
Todo iso foi posible grazas a esa boa presión que comentabamos e a un bo xogo combinativo no que hoxe debemos destacar tamén, xunto cos goleadores, a Pani, quen non anotou pero estivo presente en gran parte deses tantos, facendo asistencias de moitísma calidade. Boas sensacións transmitíu tamén Chape, quen vai collendo minutos que lle irán dando ritmo e confianza.
A pesares do amplo do resultado o encontro non foi sinxelo e requeríu o traballo dos Dcmistas durante os 50 minutos. Na primeira metade para lograr que os goles que se resistían chegasen e no segundo tempo para que a intensidade non baixase, e aínda que houbo minutos nos que o Endulco mellorou e creou perigo, o DCM soubo respostar retomando a presión e cun bo facer defensivo, no que destacaron os homes avanzados do equipo, que traballaron arreo. Tamén supuxo unha dificultade no día de hoxe entender o criterio arbitral dun colexiado que non estivo demasiado acertado, aínda que por fortuna a amplitude do resultado fixo que o seu papel non fose determinante.
Estaremos atentos a ver como se traduce esta vitoria na clasificación; estarán informados a través do blog e das redes sociais do clube. Asimesmo, tentarase informar tamén de como evoluciona o xeonllo esquerdo de Xmon nas vindeiras horas ou na Previa de Xaime Estévez.
Destacar e agradecer a ampla presenza de afeccionados Dcmistas no encontro de onte, no que non puideron desfrutar tanto da vitoria por ter que ver o partido dende un fondo ao non estar aberta a bancada do pavillón... de ahí ese "desaproveitamento" do que falabamos destas fermosas instalacións; un pequeno erro máis a sumar ao paupérrimo traballo dos políticos deste país.
Iso é todo polo momento. Desfruten da vitoria e ata a vindeira semana. Un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario