O DCM supera con nota o seu primeiro exame ante un dos equipos punteiros da
división.
Os nósos puxeron contra as cordas a un dos candidatos ó título cunha primeira metade na que foron superiores tanto en defensa como en ataque, acadando un 0-2 ó seu favor.
Na segunda parte, o Dec.JesúsCao, volcouse cara a área dcmista e atopou nos disparos lonxanos a única forma de crear perigo. Dous deles acabaron no fondo das redes, o segundo a falta de escasos dous minutos para o final do encontro.
Davo foi o gran protagonista na primeira metade, anotando un fermoso golazo e participando na xogada do segundo (obra de Pani), e Jorge foi o máis destacado na segunda metade, con preto de media ducia de intervencións ante as acometidas do rival.
O resultado do encontro e sobretodo as boas sensacións permitirán ó DCM seguir soñando con loitar cos mellores da categoría no que resta de tempada. De momento tócalle descansar durante dúas fins de semanas antes de continuar coa parte máis dura do calendario.
Os nósos puxeron contra as cordas a un dos candidatos ó título cunha primeira metade na que foron superiores tanto en defensa como en ataque, acadando un 0-2 ó seu favor.
Na segunda parte, o Dec.JesúsCao, volcouse cara a área dcmista e atopou nos disparos lonxanos a única forma de crear perigo. Dous deles acabaron no fondo das redes, o segundo a falta de escasos dous minutos para o final do encontro.
Davo foi o gran protagonista na primeira metade, anotando un fermoso golazo e participando na xogada do segundo (obra de Pani), e Jorge foi o máis destacado na segunda metade, con preto de media ducia de intervencións ante as acometidas do rival.
O resultado do encontro e sobretodo as boas sensacións permitirán ó DCM seguir soñando con loitar cos mellores da categoría no que resta de tempada. De momento tócalle descansar durante dúas fins de semanas antes de continuar coa parte máis dura do calendario.
Co regreso de Emi ós terreos de xogo tras unha xornada de baixa e coa única ausencia de Chape (ademáis da xa habitual de Yago) presentábase o DCM no pavillón do Calvario para medirse a un Dec.JesúsCao cun plantel moi reforzado esta tempada, con grandes xogadores e coa intención de loitar polo campionato. A arbitraxe correu a cargo de Moreno.
A primeira metade confirmou que o DCM é un equipo moi incómodo para calqueira rival. Un equipo que sen facer grandes alardes nin de físico nin de calidade, dificulta moito as cousas ós rivais con tan só a boa disposición dos nósos xogadores no campo, e tamén ó traballo e a entrega de todos eles neste inicio de campionato.
E así, o DCM conseguíu desesperar
ó Dec.Jesús Cao na primeira metade. O rival, favorito na teoría, non era quen
de dominar con claridade o encontro, e moito menos de crear ocasións de gol.
Os Dcmistas defendían con
comodidade e daban máis sensación de perigo cando se achegaban á porta rival.
E as cousas melloraron moito para
os nósos, cando Davo, recollía un balón en campo propio, avanzaba metros e ante
a falta de presión dos rivais, disparaba sen oposición un traiazo dende ¾ de
cancha que se coaba coma un mísil na porta rival. Golazo do xogador Dcmista que
está a firmar un inicio de campionato estelar. Atópase moito máis integrado na dinámica
de xogo do equipo, tras ter interiorizado a maior parte da idea de xogo, e está
a ser fundamental a súa aportación tanto defensiva como a nivel ofensivo con
goles cada xornada. 0-1.
Ese gol, propiciou os mellores
minutos do DCM e os peores dun Dec.JesúsCao que non era quén de reaccionar.
Emi, que entraba a última hora na
convocatoria e que volveu facilitar a saída de balón dende atrás e a posesión
dcmista, tería unha gran ocasión que remataba no poste da portería rival.
O 0-2 chegaría tras outro balón ó
longueiro, que Pani recollía e cun remate en escorzo enviaba ó fondo da portería.
Importantísimo gol para os Dcmistas e de novo gran aportación tamén de Pani ó
partido.
De ahí ó final do primeiro
periodo, o DCM limitouse a manter a renda acadada sen demasiados apuros e a saír
en contragolpes pero sen atopar porta.
Todo indicaba que na segunda
parte, Dec.JesúsCao tiña que reaccionar. Dunha ou doutra maneira, tiñan que
conseguir crear perigo sobre a meta de Jorge.
Non foron capaces de conseguilo nin
en xogada, nin con regates, nin paredes, nin colocando un pivote… e iso
levoulles a probar cun disparo lonxano, colocado, que sorprendía a Jorge, ó
estar moi tapado pola maraña de homes que tiña diante. Foi o 1-2.
Ese gol trocou a forma de xogo do
rival, quen vendo que non podían penetrar na defensa dcmista, observou que a única
maneira de atopar porta era con disparos lonxanos.
Así, o seu home máis defensivo,
un cierre con boa pegada, convertíuse na súa mellor arma, e tralo primeiro gol,
continuamente armaba disparos contra a meta Dcmista.
Jorge respostaba a todos eles con
sendas intervencións. Máis de media ducia de paradas realizou o cancerbeiro Dcmista,
nun par delas, cos paus da súa portería como aliados.
A defensa Dcmista seguía evitando
que o rival chegase preto de Jorge, pero cicáis o único erro dos nósos no
encontro de onte foi non tapar un pouco máis os disparos dende media distancia.
Os nósos, tiveron tamén opcións para sentenciar o encontro en alomenos tres bos contragolpes. O máis claro, foi
levado por Emi e que Pani a piques estivo de empurrar.
Pero a falta de 2 minutos para o
remate, de novo nun disparo lonxano e cruzado, o DecJesúsCao lograba o empate,
2-2.
Un empate que non deixaba de todo
contentos a ningún dos dous equipos, pero que tampouco ningún dos dous pode dar
por malo.
Remataba así un fermoso partido nun bo ambiente entre ambos
conxuntos.
Destacar de novo o traballo de cada un dos nosos xogadores.
Hoxe xa destacamos na crónica a actuación de Davo, Jorge, Pani e Emi, pero tamén
Vare e Xmon mostráronse, unha vez máis, moi firmes en defensa, e Pablo, que tivo
que asumir esta vez un papel secundario, ante un rival que apenas lle deixaba
entrar en contacto co balón, pero soubo facelo aportando desmarques, provocando
moitas faltas ó nóso favor, e traballando en defensa.
O equipo, alcanza cos resultados desta xornada, a 5ª posición da táboa clasificatoria da 1ª División. Novo posto histórico para o DCM.
Agora a descansar dúas fins de semana e a regresar con máis
forzas todavía. Noraboa equipo!