Con tan só
5 xogadores (e dous deles tocados) desputou o DCM a penúltima xornada de liga
ante un dos mellores equipos da liga segundo os analistas.
Jorge,
David (que remataría mancado), Vare, Pablo e Emi que arrastraba problemas da
semana anterior, deixaron na pista todo o que tiñan. Fixeron un encontro
correcto en defensa e crearon ocasións de perigo en ataque. Pero a efectividade
rival e sobretodo a superioridade física do NovoVidal decantaron o encontro.
A primeira
parte foi bastante igualada en número de ocasións, pero os dcmistas erraron as
súas (creadas tras moito insistir, e é que a maioría de ataques quedaban en
nada ante a superioridade física dos defensas de NovoVidal que tirando de corpo
impedían os regates dos dianteiros Dcmistas) e NovoVidal aproveitou as que creou, todas
elas boas xogadas nas que tiraban paredes abrindo o esférico a un lado do campo
e servían o pase para empurrar dende o punto de penalti (o cansazo non permitía
ós dcmista seguir todos os desmarques). Así, chegábase cun 3-0 ó descanso.
Na segunda
metade seguíu a mesma tónica. O DCM non se rendeu e continuou traballando arreo
para chegar preto da área rival. Por desgraza, chegaba o 4-0 nunha acción
desafortunada, na que un centro dende a banda sen destinatario acababa nas
redes de Jorge. Nestes segundos 25 minutos, os defensas de NovoVidal comezaron
a chegar tarde ás anticipacións de esférico, e xa non roubaban o esférico
limpamente aproveitando o seu físico, senón que existiron múltiples contactos
(sempre dentro da deportividade) non asubiados por un Muñiz que permitíu demasiado. Aínda así, Emi fíxose forte
neses contactos e Pablo tirou de casta e desatascou algo ó DCM logrando marchar
por primeira vez e en máis dunha ocasión do seus defensores, creando
superioridades en ataque e boas ocasións.
Pablo faría
o 4-1 de falta directa e intres despois o 4-2 que daba algo de emoción ó
partido.
David caía
entón mancado e limitábase a defender como boamente podía.
Mereceu o
DCM algún dobre penaltie pero como diciamos o colexiado deixou xogar demasiado.
O cansazo
fixo mella e NovoVidal sentenciou o encontro con dous novos goles.
Gran
traballo destes 5 fantásticos e a pensar xa no derradeiro partido ante ParquetsEloy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario