domingo, 7 de octubre de 2012

DCM 2-2 SihoFs



O DCM inicia a tempada cun empate nun encontro sen dono, con moitísimas ocasións de gol e que calqueira puido vencer.

Os nósos cometeron erros tanto na finalización na porta rival como na defensa dos goles encaixados, pero amosaron unha grandísima actitude e esforzáronse ó máximo en cada acción, o que permitíu sumar este primeiro punto.

Na primeira metade a pesares das moitas ocasións, o primeiro gol non chegaría ata os intres finais do periodo. Pablo retorcíase nun vistoso escorzo para chegar a un balón dividido e dende o chan sacaba unha asistencia de ouro cara o desmarque de Pani que estirábase para tocar o xustiño coa punteira o esférico para superar a saída do porteiro por baixo das súas pernas. 1-0 e descanso.

As sensacións eran boas, por diante no marcador e a pesares do igualado do encontro, a primeira metade tivo un pouco máis de control por parte dos dcmistas.
Pero o segundo tempo isto trocou, e o peso das ocasións desequilibrouse un pouco cara o lado do SihoFs (antigo Mazda), que semellaba aguantar mellor físicamente o paso dos minutos cos Dcmistas (ambos equipos cun só troco).
Pronto empataban o encontro tras un saque de esquina e un barullo na área de Jorge, que tivo hoxe moito traballo e resolveuno con grandes intervencións e algo de fortuna cos paus da súa porta. 1-1.
Respostou moi pronto o DCM cun fermosísimo gol. Roubo de Vare en campo contrario na saída do rival, magnífica asistencia de Emi cara o bigoleador Pani que cun acrobático remate empurraba o fondo das redes. Golazo. 2-1.
E mediada a segunda parte e tras varios balóns á madeira empataría o SihoFs. 2-2.

De ahí ó final ocasións claras para ambos conxuntos que chegaron ós intres finais coa amenaza de dobre penalti por parte dun disctudo Muñiz e non lles quedou máis remedio que conformarse co resultado.

Primeiro punto Dcmista que mellora o inicio do ano pasado e ante un dos rivais que lle venceu nos dous encontros da tempada anterior.

Noraboa polo esforzo Jorge, Chape, Vare, Emi, Pablo e Pani, a seguir así! 

No hay comentarios: