O DCM
despide a tempada cunha reconfortante vitoria ante un P.Eloy intratable no
último tramo de campionato.
Os Dcmistas
aprenderon da derrota da 1ª volta e centráronse en non cometer erros defensivos,
agardando ata que o P.Eloy (non acostumado a rivais capaces de amoldarse ó seu
xogo) dese un paso en falso cara diante que os nósos aproveitaron á perfección.
Gran
vitoria para despedir unha grandísima tempada no ano do debut na 1ª división.
A
derradeira xornada da tempada 2011-2012 desputouse no pavillón de Coia entre
dous vellos coñecidos da competición. Con ambos equipos salvados e cos seus
obxectivos cumpridos (só o DCM xogábase o premio a deportividade), tan só
estaba en xogo o bo sabor da vitoria. A convocatoria dcmista a formaban Jorge, David,
Vare, Xmon, Emi e Pablo; Pani mancado vería o encontro dende a bancada.
Ambos
equipos saíron moi concentrados. O DCM sabía que non podía cometer os erros da
primeira volta e saíu moi expectante. Pronto puido comprobar por qué o P.Eloy
converteuse nun dos mellores equipos da liga nesta segunda volta. Os amarelos, perfeccionaron
o seu sistema de xogo. Agardan en área propia ó rival, e movéndose en bloque
con moita coordinación evitan todos os intentos de crear perigo por parte dos
rivais. Ademáis, cando recuperan o esférico, non cometen erros na saída. Erguen
a cabeza e buscan a contra. Cando non é posible miden moito os primeiros pases,
e pouco a pouco avanzan metros ata chegar a campo rival. Alí, buscan un cambio
de ritmo, un erro defensivo do rival ou unha xenialidade de Vasco.
Pero o DCM
onte, contrarrestou perfectamente ó Parquets xogando dun xeito similar a eles. Sen
perder a concentración atrás e con paciencia en ataque.
Tan só dous
erros dos equipos nesta primeira metade, permitirían que o electrónico variase.
Emi poría por diante ó DCM nunha contra e tras un doble remate (o segundo dende
o chan) facía o 1-0 que significaba tamén o gol 100 dos dcmistas na tempada.
Pero sen
tempo para que o partido trocase, Vasco facía o 1-1 no segundo pau e de tacón
aproveitando un dos poucos desaxustes defensivos dos dcmistas nesta primeira
metade.
Se na
primeira volta foi o DCM o que se trabucou na estratexia, na segunda parte do
encontro, sería o P.Eloy o que cometería os erros. Caeu na súa propia trampa, e
é que en lugar de ser o seu rival o que descoida a parcela defensiva, esta vez
serían eles os que avanzaban todos os metros que o DCM lles deixaba libres ata
o seu campo, e ahí os nósos agardaron un par de erros nos pases para saír en
contragolpes mortais. Pablo fixo un traballo incrible nesta faceta de
contragolpista que tanto lle gusta e tras unha gran xogada persoal servía un
pase da morte para que David convertese o 2-1.
Por diante
no marcador, o Parquets caeu de novo no mesmo erro, e de novo contra Dcmista, na
que desta vez Emi servía un asistencia fantástica para que Pablo fixese o 3-1.
Co 3-1, o
Parquets tentou meterse de novo no partido, pero hoxe, os defensas dcmistas
amosaron unha gran concentración. David, Xmon e Vare, pecharon cada intento de
regate ou disparo dos rivais, e nas poucas ocasións que o rival os superaba, Jorge
respostaba na porta con gran solvencia.
Pasaban os
minutos, pero finalmente recurtaría distancias o Parquets nunha xogada algo
embarullada na que os Dcmistas quedaban pedindo ó colexiado unha inexistente
infracción de saque de porta. 3-2.
Pero
daquela, Emi unírase a Pablo e xogaba a pracer cos espacios que deixaba a
defensa do Eloy. Así conseguiría facer o 4-2 e o 5-2 (non recollido na acta), alcanzando
a cifra dos 28 goles e igualando a Pablo como máximos anotadores do equipo na
tempada, noraboa a ambos!. Todavía tería algunha contra máis o DCM e incluso un
gol anulado, pero gustouse demasiado e acabou errando.
O Parquets
maquillaría o resultado cun gol do seu atacante Jorge precedido dunha man do
dianteiro amarelo que o colexiado non apreciou, 5-3.
Finalizaba
así o partido e a tempada, unha vez máis nun gran ambiente entre ambos
conxuntos.
Felicitar
dende aquí o ParquetsEloy pola súa gran tempada (remata na 5ª posición). De
seguro que para o ano estarán loitando entre os mellores. E agradecerlles tamén
as boas palabras adicadas ó nosos equipo na súa crónica.
O DCM
sumaba unha nova vitoria (que non lle permitíu mellorar o 10º posto
clasificatorio) e non recibíu cartóns amarelos, a espera que os só 4 vistos
durante esta tempada, sexan os xustos para gañar a deportividade tanto nesta
división como nas demáis. Agardaremos a unha posible chamada da organización
convidando ó equipo á entrega de trofeos.
Manterémosvos
informados!
Noraboa
pola tempada rapaces! Grazas a afección que achegouse neste último partido a
despedir ó equipo! (Pani, Lúa, Ale e Fidel)
AS FOTOS DO PARTIDO NO SEGUINTE ENLACE:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120603DCMParquetsEloy?authuser=0&authkey=Gv1sRgCOS177-v_YOMUA&feat=directlink
No hay comentarios:
Publicar un comentario