miércoles, 12 de septiembre de 2012

O Plantel 2012-2013


A imaxe corresponde a pasada tempada; Yago ausente na mesma




O DCM afrontará a súa segunda tempada na elite do futbol sala afeccionado vigués co obxectivo de situarse entre os mellores, co mesmo plantel que rematou a tempada pasada; é dicir, o clube renovou o contrato de tódolos seus xogadores (aínda que Quique non terá ficha ata o mercado invernal, á espera do seu regreso de terras austriacas), e exerceu a opción de compra sobre David Santos, xogador que chegaba no pasado mes de xaneiro.
Yago ó igual que no pasado ano, terá unha presenza moi testimonial, ó situar a súa residencia habitual en terras catalás.
A secretaría técnica manexou o nome dun xogador durante todo o verán, ó ser un home que encaixaría á perfección no equipo e vir recomendado polos irmáns Santos. Pero a continuidade de tódolos demáis membros do plantel e o alto grado de compromiso mostrado polos mesmos, fixo que non se chegasen a entablar negociacións directas co xogador. O clube agradece a súa boa predisposición e agarda que nun futuro próximo poida incorporarse ó proxecto dcmista.

Así pois:
- A portería quedará un ano máis en mans de Jorge; que cun ano máis de experiencia convírtese nun dos porteiros con máis historia na VigoEnXogo. Tentará rebaixar considerablemente a cifra de goles encaixada no debut do equipo na categoría (113). Titular indiscutible e sempre considerado dos xogadores máis destacados polos espectadores ós encontros; non lles pode defraudar.

- Na parcela defensiva, estarán de novo:
Vare (agárdase que sexa de novo unha das referencias defensivas do equipo. Debe asentarse na categoría e loitar por reducir, e moito, o número de goles encaixados polo equipo na tempada pasada. Tras moitas tempadas formando parella defensiva con Pali, a defensa acusou algo de descoordinación entre os seus xogadores (ante a falta de continuidade de Chape e Xmon e a incorporación a metade de tempada de David; algo que o noso 5 tentará paliar este ano formando unha defensa sólida e compenetrada.)

Chape (realizou durante o verán un plan de posta a punto para o inicio do campionato e amosou moitas gañas por facer un gran ano. Agárdase que poida desputar moitos máis encontros que nas últimas tempadas, tras pasar a un segundo plano os seus problemas nas costas. Sen dúbida podería ser a gran fichaxe do equipo para esta tempada, xa que é o outro xogador que mellor coñece a filosofía e os movementos defensivos do equipo, polo que deberá asumir tamén labores de colocación dos seus compañeiros e ser un dos referentes en defensa).

Xmon (é o outro xogador do que temos información de que levou un agresivo programa de posta en forma neste verán. Se consegue unir iso a un pouco de continuidade no equipo, poderemos ver unha gran versión deste sólido defensa que sempre cumpre nas súas actuacións. Pero de momento e como ocorre con él todos os veráns o seu protagonismo nesta tempada será unha incógnita por resolver.)

David (tralos seus primeiros meses de adaptación, con moi boas actuacións, agárdase todavía moito máis del nesta tempada. Ten moitas cualidades e un gran potencial, e se consegue coller ritmo de partidos e interiorizar algo máis o esquema de xogo do equipo (os seus dous puntos febles a pasada tempada), chegará a ser un dos mellores defensas da división. De momento, nesta pretempada xa deixou detalles das súas virtudes, pero acusou algo de falta de fondo físico.


- A parcela ofensiva será cousa do tridente formado por Pani, Pablo e Emi, con axudas esporádicas de Yago e á espera de que en xaneiro poida regresar Quique.
Emi (o xogador con máis técnica do equipo, será o encargado de volver a coller o timón do xogo do DCM. As súas ausencias no inicio da tempada pasada, obrigaron ó equipo a trocar o seu sistema de xogo, e cando regresou, custou retomar a súa filosofía de xogo. Este ano, coa súa presenza dende o principio, tentará de rematar o seu acoplamento con Pablo e marcará a liña de xogo do equipo dende o primeiro intre, asumindo a responsabilidad de crear as ocasións do equipo)

Pani (un traballador nato que tivo que adaptarse a moitas e moi distintas situacións na pasada tempada e do que requeriuse en moitas ocasións un tremendo esforzo físico. Esta tempada, tamén dende a tranquilidade de saber con qué sistema de xogo e con qué compañeiros terá que traballar, agárdase que teña un papel protagonista no equipo. Será o comodín que todo adestrador quere ter, asumindo responsabilidades goleadoras, de osixenación nas salidas de balón do equipo e aportando un traballo defensivo fundamental para o funcionamento do esquema do equipo.

Pablo (cun acoplamento en tempo record, aportou coas súas características e grazas ó entendemento con Quique, unha nova posibilidade táctica de xogo ó equipo, que nos sacou de moitos apretos en numerosos partidos. Agora, deberá compaxinar esa posibilidade de xogo rápido e vertical que será determinante en momentos puntuais dos encontros, co acoplamento con Pani e Emi para o xogo máis elaborado que se require noutros momentos. E sobretodo, deberá mellorar o seu posicionamento defensivo, para non provocar desaxustes na defensa e evitando sprints innecesarios. De todos xeitos, incluso nos seus peores días deberá ser e será un dos xogador máis determinantes da liga, como xa fixo a tempada pasada.)

Yago (nos escasos encontros que desputará, deberá aportar como é habitual nel, moita pegada e traballo defensivo. Será labor dos seus tres compañeiros ofensivos, integralo nas pequenas variantes que o habitual xogo do equipo sufre cada tempada.)

Quique (agardamos poder falar da súa incorporación no mercado invernal)

No hay comentarios: