martes, 25 de septiembre de 2012

Conta atrás para o inicio da competición



A pouco máis dunha semana para que o balón comece a rodar, o DCM ultima a súa posta a punto.

O clube tenta pechar un último partido amigábel para esta semana, pero a escaseza de ocos libres nos pavillóns dificulta o trámite.
Con ese encontro quedaría completado o planning realizado pola parcela deportiva do equipo para esta pretempada. A vindeira semana (previa ó inicio da liga), quedaría libre de compromisos para os nósos xogadores, evitando riscos de lesións e facendo que os nósos céntrense xa de cheo no encontro da fin de semana.

Estes encontros de preparación deixaron luces e sombras. O equipo cosechou moi bos resultados (rematou invicto), pero mostrou grandes carencias físicas, o que impedíu poder traballar en aspectos tácticos e técnicos, servindo tan só os partidos para coller ritmo de xogo.

Así pois, a poucos días do comezo da competición, descoñecemos se o nivel do equipo será suficiente para loitar polo ambicioso obxectivo que manexa a directiva e a afección; estar loitando preto dos cinco mellores da liga.
Para iso, o equipo necesita principiar moi enchufado nas primeiras xornadas, e engancharse xa ó vagón de cabeza da táboa. En caso contrario, de chegar varios resultados negativos, os nósos corren o risco de perder aspiracións e comezar a deixarse levar, situación que sería moi perigosa.
Por iso, debemos comezar a mentalizar xa ós nósos xogadores do preto que está o inicio da competición, e da importancia de que cheguen concentrados, concienciados da importancia de acadar bos resultados no inicio da liga e con moitas, moitísimas gañas de traballar por e para o equipo. Só con esas gañas podemos asegurar que o noso plantel terá o nivel suficiente para acadar resultados.

Tamén sinalan dende o clube a necesidade de recordar que calqueira obxectivo deportivo debe acadarse dende a defensa do título de campións da deportividade, algo innegociable na historia deste equipo.

Agardamos ter novas dende a organización nos vindeiros días. Recollida de fichas, calendarios, rivais e horario… estaremos atentos para informarvos dende este blog e dende o noso twitter @dcmvigo.

Quecendo motores! Isto está a piques de principiar!

No hay comentarios: