Ó igual que ocorrera na semana pasada, o DCM desperdicia unha vantaxa de dous goles e permite que o equipo rival empate na última xogada do partido deixando escapar así dous novos puntos. A catedral do fútbol vigués da que falaba Xaime, quédase en capela de pobo polas súas escasas dimensións ás que ó DCM non soubo adaptarse. Esta pésima xeira de resultados empañan a boa tempada que os nósos realizaran ata o de agora codeándose coa parte alta da táboa, e fai que todavía non esté selada a permanencia matemática.
Máis do mesmo, o DCM chegaba con gañas de recuperar a senda da victoria tralo empate ante BarKubi na última xornada, tras facer un gran traballo colectivo pero que tan só servíu para conseguer un punto tras dous despistes ó final do partido.
Desta vez o rival era Birraleal, un equipo que viña de 14 xornadas sen coñecer a victoria pero poñendo sempre en dificultades ós seus rivais. O DCM contaba coa novidade de Xmon na convocatoria.
O terreo de xogo convertiríase en protagonista, e é que os de Ratkovic Varela sabían que tratábase dun campo de reducidas dimensións xa que tiñan xogado algún amigábel no mesmo, mais onte, ó tratarse dun partido oficial, e ó xogar contra un rival serio, comprobouse que era todavía máis difícil xogar do que se pensaba. Moitos rexeites, moitos barullos, moitas imprecisión e poucos, moi poucos ocos para crear ocasións. Ante isto, o DCM perdeu as súas fortalezas, e é que o seu orde defensivo que o diferencia de moitos rivais, onte quedou en nada, xa que con tan poucos espacios apenas é necesario manter un orden, deféndese só con estar no campo.
De todas maneiras, nunca pode ser excusa algo que afecta ós dous equipos por igual, e o certo é que os nósos non souberon xogar nesta situación e incluso pódese dicir que Birraleal estivo máis cómodo no campo durante todo o partido.
Aínda así, o DCM traballou e buscou a porta rival sen moita fortuna, ata que Emi nun disparo tras varios barullos conseguía o 0-1. O partido pintaba ben, xa que marcar con tanta acumulación de homes non era fácil, mais preto xa do descanso, o gardamallas do Birraleal que sumouse continuamente ó ataque do seu equipo sería quen de bater a Jorge cun disparo lonxano que pasaba rozando a perna de Xmon. 1-1 e chegaba o descanso.
Na segunda parte máis do mesmo. Poucas ideas de cómo atacar esta situación por parte do DCM, mais aínda así, ían conseguer rachar o partido.
De novo Emi tras pase de Pali e despois dun gran control e boa finalización facía o 1-2, e pouco despois Quique aproveitaba a ousadía do porteiro rival de xogar moito tempo fóra da súa área para facer o 1-3 dende medio campo cun disparo rasiño ante unha portería sen gardamallas.
O partido semellaba sentenciado, o DCM pedía un tempo morto para colocar a defensa e procurar que o porteiro xogador non lles creas máis problemas, pero de nada servíu. Mala sorte, despistes, falta de intensidade... un cúmulo de circunstancias que permitían ó rival marcar dous novos goles e empatar o encontro nas últimas xogadas do mesmo. 3-3 e final do partido.
Dous puntos nos últimos catro partidos preocupan no seo dcmista, aínda que o traballo da permanencia parece feito e que a situación non preocupa porque o equipo segue traballando en boa liña e único que fallan son os resultados, a verdade e que quérese curtar esta xeira canto antes para finalizar a tempada nunha posición clasificatoria decente que non enturbie tan bo ano que estaban a realizar os nósos.
Agora semana de descanso e despois ponte festiva, así que haberá que agardar 20 días para voltar a ver ós nósos nos terreos de xogo.
O regreso será ante Frutas Nieves que está a loitar por non compricarse a súa permanencia na división. Unha victoria nese encontro podería significar a permanencia case matemática, pero unha derrota incluso podería facer saltar tódalas alarmas se os resultados non acompañan de aquí a final de tempada.
Agardemos que todo mellore.
Reciban un cordial saúdo!

No hay comentarios:
Publicar un comentario