Cambio de líder trala xornada 9, na que Migui grazas ós seus 3 puntos e a mala racha de Jorge, consigue facerse coa primeira praza da táboa con 30 puntos superando en un punto ó segundo clasificado. Na terceira praza mantense Chap, pero ve minorada a súa distancia con Lafuente que grazas a acertalo resulado do Bar Kubi Vs Frutas Nieves, sitúase a tan so 2 puntos dos postos de privilexio. O participante que máis puntuou esta semana foi DCM#8 quen ademais de acertar o resultado do Bar Kubi Vs Frutas Nieves foi quen de adiviñar o signo do ACP Vs Hannover. Estes seis puntos lle permiten elevarse cara a sétima posición da táboa clasificatoria.
Pouco a pouco se vai comprimindo a parte alta da táboa. Esta semana aínda que non xogue o DCM tamén haberá Vai-a Porra
No hay comentarios:
Publicar un comentario