Debido ó parón ligueiro que vai sufrir Vigo En Xogo esta semana, consideramos axeitado facer unha pequena análise do que está dando de si esta segunda volta. Para iso é necesario analizar a clasificación da segunda volta, que é a que podedes observar nesta noticia, e na que se pode observar que salvo os dous primeiros clasificados, no resto (do 3º ó 10º) existe moitísima igualdade. Aquí van os datos, que ó noso parecer son os de maior relevancia:
- O Mellor equipo: Sen dúbida se hai que falar dun equipo fortísimo nesta segunda volta é La Casita que conta por vitorias tódolos seus partidos xogados. Supera en 3 puntos ó Hannover e iso tendo en conta que o Hannover xogou un partido máis que o "líder" desta segunda volta.
- O que menos puntuou: ese equipo non é outro que o Parquets Corcoba, o equipo Corcobense que rematou a primeira volta gañando ó DCM non foi quen de sumar ningunha vitoria no que vai de segunda volta, o que sumado a sanción que lle foi imposta dende o comité de competición, fai que o seu equipo atópese no fondo da táboa clasificatoria.
-A Rebelación: Non cabe dúbida que o equipo rebelación desta segunda volta é o Acerón. Ó equipo amarelo custoulle adaptarse ó ritmo desta categoría, o que custoulle situarse nos postos de descenso unha vez concluída a primeira volta. Porén unha segunda volta de altísimo nivel na que suma 5 vitorias e 3 derrotas (dúas de elas contra os dous primeiros), fixeron que o equipo saíra dos postos de descenso, e hoxe por hoxe atópese con moitas opcións de garantir a salvación.
-Baixaron o Nivel: Varios equipos baixaron o seu nivel, pero destacan dous. O primeiro de eles é o Ponte a Pintar, un equipo que loitaba polo liderado na primeira volta atópase agora a 11 puntos dos postos de ascenso, e é que se na primeira volta tan so perderon 2 partidos, no que vai desta segunda volta xa perderon 5. O segundo equipo que baixou de nivel foi o Frutas Nieves que non foi quen de acadar unha vitoria nesta segunda volta e iso que xa disputaron 10 encontros que se resumen en 4 empates (3 de eles consecutivos no comezo desta segunda parte do campionato) e 6 derrotas. O equipo fruteiro está a acusar as numerosas baixas coas que está a afrontar os seus partidos.
- O Máis Goleado: O Equipo máis goleado é o Ponte a Pintar, un equipo que durante toda a liga está a manter unha golaveraxe moi axustada, e ó que esta perda de nivel defensivo estalle a custar perder moitos puntos
- O Máis Goleador: De momento esa honra lle corresponde ó Hannover, quen confirma a súa boa puntería de cara a porta contraria a pesar de contar con numerosas baixas nos seus partidos. O Hannover segue a ser o equipo máis letal en ataque da liga, porén La Casita o segue moi de cerca e podería quitarlle o posto de privilexio, xa que ten un partido menos xogado.

- O Menos Goleado: Este privilexio tamén lle corresponde a La Casita, o que confirma o seu gran momento de forma. Leva 10 goles encaixados en 9 partidos, é decir, case que so un gol por partido.
- O Deportes Carlos Miguel: O Equipo azulón está a firmar uns números máis discretos que na primeira volta, pero que lle permiten seguir habitando na zona morna - alta da táboa clasificatoria. Porén se analizamos esta clasificación vemos que o Pizarro, Bar Kubi e ACP están preto dos nosos e teñen un partido menos, co que se gañasen a vindeira xornada, farían que o DCM fose o 8º equipo do que vai de segunda volta. As 4 vitorias que se obtiveron de forma consecutiva fan que o DCM mantéñase na medianía da liga, o que unido a boa primeira volta firmada polos homes de Ractkovic Varela fagan que o equipo este a conseguir uns números máis que aceptables para o seu primeiro ano na categoría, porén hai que salientar que é unha lástima que o equipo non fose quen de aguantar o marcador nos seus dous últimos partidos, xa que de telos gañados sumaría 18 puntos nesta segunda volta o que lle colocaría como o terceiro mellor equipo nesta parte de campionato.
Agardo que a análise fora do seu gusto, a clasificación de Vai-á porra actuarilarase a vindeira semana.

No hay comentarios:
Publicar un comentario