
O DCM regresaba a competición trala pésima imaxe ofrecida ante Acerón e con gañas de voltar á senda de bos resultados.
O equipo, confiou para iso na súa mellor arma, o traballo defensivo en conxunto. E niso baseou todo o encontro ante un BarKubi que sen arriscar tentou non perderlle a cara ó partido en ningún intre.
Pani adiantaría ós locais cun disparo moi colocado e a partir de ahí o DCM centrouse en defender ó 100% buscando contras e ocasións esporádicas.
Na segunda metade máis do mesmo. Emi facía o 2-0 e o partido pintaba moi ben para os nósos, xa que ademáis tiñan boas ocasións para aumentar a conta, especialmente cando o rival introducíu no campo porteiro xogador, tendo o DCM dous disparos a porta vacía dende o seu campo que non atoparon porta.
A falta de dous minutos e medio, o colexiado, Oscar Mayo, asubiaba un penalti que existíu pero que él non víu, e BarKubi recurtaba distancias. E na seguinte xogada, nunha acción sen aparente perigo un disparo cruzado dende a banda atopaba as redes defendidas por Jorge.
Finalizaba así o encontro. Un puntiño máis para cada equipo. A pesares do duro golpe de deixar escapar unha victoria tan traballada en apenas dous minutos, cabe resaltar o bo traballo colectivo do DCM que recobrou a súa imaxe de equipo sólido que perdera na anterior xornada.
Agora a pensar en Birraleal.
un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario