domingo, 31 de enero de 2010

"O intento de xogo alegre converte ó DCM nun equipo fráxil" DCM 3-5 LaCasita

O DCM sufre a segunda derrota consecutiva (4º da tempada) ante un equipo serio e ordenado que pelexará polos postos de ascenso á máxima categoría.

As verbas dunha afeccionada do equipo ó remate do encontro de hoxe resumen claramente a situación actual do equipo: "nos gusta que ganéis, pero hoy me fui contenta que al final lo hicisteis muy bien, se os vio con ganas y aun encimas marcais goles!!!, otros años era más aburrido; pero tenéis mala suerte, parecéis el Celta".

Son as sensacións dunha afección moi crítica durante todos os anos de historia do clube, que falaba de sopor e aburrimento cando o seu equipo estaba líder e loitando polo ascenso na 3ªC, cando sumaba victoria tras victoria, e agora que o seu equipo perde, desfruta nos encontros e premia ós xogadores con boas palabras ó remate dos mesmos.

É a mesma sensación que os siareiros do celta teñen cando ven ó equipo de Eusebio en Balaídos, o Celta perde, pero moitos quedan con este celta e non co celta gañador de Fernando Vázquez... o fútbol é así.
Certo é que se o DCM conseguíu un ascenso e foi campión foi grazas a súa implicación defensiva, o seu xogo serio, con poucas florituras e escaso de vistosidade, pero moi efectivo e moi adecuado para o seus xogadores. Pero a sensación da afección tamén era a sensación de boa parte do plantel e da directiva, o equipo gañaba, pero buscábase algo máis. Este ano o equipo principiou temeroso, pero iso durou unha xornada, un primeiro partido que foron derrotados polo ParquetsEloy pola mínima tras estar a piques de conseguir un empate; perdeuse e recibíronse moitas críticas. A partires de ahí, o equipo decidíu soltar (en certa medida) a melena. Sae a xogar ós encontros de ti a ti, sen importarlles quen está enfronte. O primeiro clasificado ou o último...

Haberá opinións para todos os gustos. Semella o ano ideal para desfrutar, para saír sen presión, para xogar de ti a ti, o descenso está relativamente lonxe, o ascenso non era o obxectivo... "desfrutemos", pareceron pensar dende o clube.

Pero estas dúas derrotas cicáis fagan replantexar esta idea. O adestrador xa dubidou con pechar o equipo atrás para este partido trala derrota do Hannover. Ó final non se fixo, e non só iso, senón que as circunstancias leváronlle a xogar cun só defensa puro (na vindeira semana, a baixa de Vare pode provocar a mesma situación). Non sabemos que pasará no futuro... qué DCM veremos... agora toca gañar na seguinte xornada sexa como sexa e despois xa se verá.
Consecuencia de ese plantexamento atrevido, foi o encontro de hoxe. O DCM dominou, creou moitas ocasións, pero unha vez máis recibíu 3 goles antes do descanso. A defensa en toda a pista os converte nun equipo fráxil en defensa, pero máis alegre en ataque; pero iso conleva un gran risco, e o equipo o está a pagar nos últimos encontros. Comezar perdendo por 0-3 é unha losa moi pesada. Aínda así non se baixan os brazos... é o que ten xogar de ti a ti... en calquera momento podes atopar o gol. Hoxe non se conseguíu marcar nos primeiros 25 minutos, e con 3 ou 4 achegamentos LaCasita mandaba cun claro 0-3.

Mesma idea na segunda metade, pero cun rival tan ben prantado e coas ideas tan claras, só servíu para maquillar o resultado. Marcaron Vare, Quique de penalti e Yago. Errouse un dobre penalti e moitas ocasións claras. Non puido ser. Nova derrota e a pensar no seguinte partido. E a pensar tamén en qué DCM queremos ver, o serio pero efectivo, ou o alegre pero arriscado.

A resposta nos vindeiros encontros.

A vindeira semana remata unha primeira volta que sen dúbida hai que calificar como "moi boa" para os nósos, que agardaban estar pasando moitos máis apuros a estas alturas, e sen embargo, con pouco que se sume na 2ªvolta, o obxectivo da permanencia estará conseguido. Mais agora súmase o obxectivo de mellorar, para poder dar un salto cualitativo de cara o futuro.

Reciban un cordial saúdo.

Grazas unha vez máis á nosa afección, e a os seareiros esporádicos do Hannover que apoiaron hoxe ós nósos.

viernes, 29 de enero de 2010

Oportunidade para non Afastarse dos Postos Sobranceiros

Ola, estamos aquí de novo tras un par de semanas de ausencia debido ós exames propios destas datas que nos deixaron sen tempo para a análise previa que soemos facer de case tódolos partidos. Volvemos esta semana para intentar analizar o que vai dar de si, o partido que nos agarda o domingo 31 de xaneiro, ás 11:00 no Monte da Mina, que non é outro que o Deportes Carlos Miguel Vs La Casita FS, un partido entre dous equipos que están a firmar unha gran primeira volta, e que non queren que estes dous últimos partidos que lle restan a mesma poidan escurecer tan bo rendemento.

O DCM debe gañar se non quere afastarse moito dos postos de arriba, e se quere deixar case pechada a permanencia antes de comezar a segunda volta, equipos como o Bar Kuvi que fai unhas semanas atopábanse moi afastados dos nosos xa están a tan só 6 puntos na táboa clasificatoria, e é que nos 3 últimos partidos disputados o DCM tan so conseguiu acadar 4 puntos de 9, puntos que son en principio suficientes para acadala salvación, pero que complican manterse nos postos sobranceiros da táboa clasificatoria. Porén nesta semana os nosos teñen unha gran oportunidade de recortar puntos coa terceira praza xa que xogan fronte ó terceiro clasificado, un equipo que está a render a un gran nivel e que pode afastarse até 7 puntos se son quen de superar ós nosos.

La Casita ó igual que o DCM foi quen de sobreporse a un inicio de liga moi irregular, xa que nas 4 primeiras xornadas firmou un discreto comezo con 1 vitoria, 1 empate e dúas derrotas, xa que comezou a liga perdendo contra o todopoderoso Hannover, gañándolle ó Parquets Corcoba, perdendo contra o Parquets Eloy e empatando fronte ó Pers United. Nembargantes dende ese intre La Casita está a firmar unha xeira espectacular de resultados, xa que das seguintes 8 xornadas gañou 7 partidos e tan so tropezou cun Bar Kuvi que está a remontar a pasos axigantados na táboa clasificatoria. Nos dous últimos partidos La Casita foi quen de gañar os seus compromisos marcando 4 goles en ámbolos dous partidos, xa que lle gañou ó Birraleal por 0-4, e ó Decoraciones Costas pro 4 a 1. Por tanto chegan a este partido coa moral polas nubes e coa intención de sumar os tres puntos para desta maneira intentar aproveitar o enfrontamento directo entre ACP Sport e Ponte a Pintar, o que lle permitiría distanciarse do ACP en caso de que gañase o Ponte a Pintar, ou acadala segunda praza se é o ACP quen se fai coa vitoria. Se a semana pasada o DCM enfrontábase ó equipo máis goleador da categoría, esta semana enfrontarase ó segundo, La Casita conta con 56 goles a favor (11 goles máis que o DCM, que é o terceiro equipo máis anotador do campionato). Todo fai indicar por tanto que este será un partido de goles, aínda que La Casita é o cuarto equipo menos goleado (o DCM é o máis goleado dos equipos da zona alta da clasificación, se ben é certo que moi influenciado este dato pola última derrota ante o Hannover, xa que até ese partido o DCM encaixara de media 2,7 goles por partido, o que é unha cifra aceptábel, pero agora a media elevouse ós 3,00 goles por partido)

O DCM pola súa banda chega a este partido con ganas de non deixar escapar o sono dos postos altos da táboa clasificatoria, sabedor de que unha vitoria permitiralle recortar puntos a lo menos con La Casita, e tamén co o ACP ou o Ponte a Pintar, dependendo do resultado dese partido (ou incluso recortarlle puntos ós dous se firman táboas no seu partido). Ademais o Pers United ten un complicado compromiso co Bar Kuvi, polo que unha vitoria podería permitirlle ó DCM meterse de novo na zona alta da táboa a tan so unha xornada do final da primeira volta. Pero se o DCM quere gañar este partido terá que estar ó 100%, e tratar de evitar que aconteza o do pasado fin de semana, onde nos primeiros minutos de xogo o DCM encaixou 3 goles, e cando quixo espertarse xa tiña moi complicado remontar o partido, se ben é certo que a base de paciencia conseguiu pórse 3-2 no marcador, aínda que na segunda parte o Hannover mataría o partido. A pesar da derrota parece que o equipo non chega baixo de moral a este partido, quizais porque a derrota entraba dentro do previsíbel, e porque a pesar do avultado do resultado, en moitos compases do partido (en todo o partido agás ó principio e ó final cando o partido xa estaba decidido) o equipo mostrou unha boa imaxe, a dun equipo que no seu primeiro ano en segunda división ten moito que gañar e pouco que perder, unha vez que (de momento) ten os postos de descenso bastante lonxe (13 puntos por debaixo).

Para este partido o Míster do DCM poderá contar cos habituais das últimas semanas, para a portería contará con Jorge, para a zona defensiva con Pali e Vare (Chap segue cos seus problemas co seguro de Vide, e Xmon está en Santiago por mor dos exames) e na zona ofensiva do equipo atoparanse tódolos efectivos, isto é: Pani, Emi, Quique e Yago. O equipo intentará dala sorpresa na Mina e acadar os 3 puntos, aínda que o papel de favorito recae neste partido para La Casita, que como xa dixemos ten unha gran oportunidade de deixar moi lonxe ó DCM e tratar de non deixar escapar o Hannover, tendo en conta que o líder terá que descansar a vindeira xornada. Agardemos que o equipo azul non bote en falta os adestramentos das dúas últimas xornadas, que se anularon por mor dos partidos do Real Club Celta de Vigo, quen onte non puido pasar de rolda a pesares da imaxe mostrada, e a quen lle desexamos a mellor das sortes nesta segunda volta que comeza na liga "Adelante" que é a competición que vai determinar o futuro do club buque insignia da cidade.

Polo tanto xa o saben, interesante partido no Monte da Mina, o Domingo ás 11:00 un horario que agardemos que permita a asistencia de máis espectadores que a pasada fin de semana no Calvario, onde tan só dúas fieis puideron seguir o partido do DCM alentando ós nosos.


Aliñación probábel:

---------Jorge----------

----Vare--------Pali----

-----------Emi----------

----------Quique--------

Banco: Pani e Yago

miércoles, 27 de enero de 2010

O DCM Perde Dúas Prazas Trala Derrota desta Fin de Semana. O Hannover Campión de Inverno. Escándalo no Europeo de FS


Trala disputa da 13ª Xornada da segunda división “B” de fútbol sala de Vigo En Xogo, a clasificación segue estando igual de apertada, se ben é certo que déixanos un par de novidades.
En primeiro lugar cabe salientar que a vitoria acadada polo Hannover permítelle conseguir a falta de dúas xornadas para o final da primeira volta (aínda que terán que descansar na derradeira xornada) o campionato de inverno, xa que supera en 6 puntos ó segundo clasificado o Ponte a Pintar, quen aínda ten opcións de empatar a puntos co Hannover ó fin da primeira volta sempre que gañen os seus dous partidos e o Hannover perda o que lle falta por disputar. Aínda así o Hannover estaría por diante xa que ten unha golaveraxe moito máis positiva que o Ponte a Pintar (+ 43, por +7).

Seguindo de preto a estes dous equipos atópanse La Casita, ACP Sport (que parece ter superada a súa crise de resultados) e Pers United, estes 3 equipos están a tan só un partido de poder abordar a segunda praza clasificatoria. Tan só un chanzo por debaixo atópanse o DCM e o Parquets Eloy que tralos resultados das derradeiras xornadas perden un pouco de forza (no caso de DCM nas últimas 4 xornadas tan so conseguiu 4 puntos, 1 vitoria, 1 empate, 1 derrota e máis a xornada de descanso) pero seguen a estar moi cerca do vagón perseguidor e están a dous partidos da segunda praza, polo que as dúas xornadas que quedan serán determinantes para ver en que zona pelexarán na segunda volta, xa que ademais o DCM ten un partido contra La Casita, rival que nestes intres ocupa a terceira posición na táboa clasificatoria).

Pola zona morna aparece o Bar Kuvi que está a finalizar con moita forza a primeira volta e grazas ós bos resultados estase afastando dos postos baixos nos que se tiña instalado por mor dun mal comezo de liga, xa son 10º e están 7 puntos por riba dos postos de descenso e ademais veñen nunha dinámica moi positiva, xa que das súas 4 vitorias 3 conseguiunas nas 3 últimas xornadas onde venceu a equipos tan complicados como o vindeiro rival do DCM (La Casita).

Xa nos postos de descenso atópase o Aceron que na vindeira xornada terá unha oportunidade moi importante de acercarse ós postos de salvación, xa que terán que xogar fronte ó Pizarro F.S. rival que lle avantaxa na táboa clasificatoria con 5 puntos máis. Xusto por debaixo do Aceron prodúcese unha tripla empate a 7 puntos, e o Parquets Corcoba grazas a súa vitoria fronte ó Birraleal consigue saír por primeira vez na temporada do faroliño vermello, posto que agora ocupa o Vinoteca a Laxe quen está a atravesar unha dinámica oposta ó do Bar Kuvi, xa que non puntúan dende a 4ª xornada de liga, cando lle gañaron ó Decoraciones Costas por 4-0 (no derradeiro fin de semana de Outubro) e que lles colocaba na quinta posición da táboa clasificatoria. Porén a seguinte xornada comezaría esa xeira de derrotas precisamente fronte ó DCM nun partido no que estiveron a punto de obter un empate, e xa van 9 derrotas consecutivas. Porén grazas a igualdade desta liga aínda teñen moitas posibilidades de remontar o voo.
Por último adxuntamos este vídeo, do acontecido onte na tanda de penaltis do Rusia - España (Europeo de Fútbol Sala), despois de ver isto pouco podemos protestar porque nos piten un gol pantasma en Vigo En Xogo...


domingo, 24 de enero de 2010

"O DCM non pode coa pegada do líder" Hannover 6-2 DCM

O Hannover impuso a súa pegada nun encontro entretido e moi reñido ata os intres finais. Os nósos o intentaron, pero desta vez non puido ser. O peor as dúas tarxetas amarelas recibidas que complican o premio á deportividade.


Sabían os dcmistas que tiñan un dos partidos máis complicados da tempada este domingo 24 de enero de 2010, pero trala boa victoria da xornada pasada ante FrutasNieves, existía a ilusión de sacar algo positivo para poder soñar cos dous primeiros postos da clasificación.Pero case sen tempo para pensalo, o Hannover xa estaba por diante. O inicio do líder foi fulgurante e con tres zapatazos dende a nosa banda esquerda puñan unha enorme distancia no marcador; 3-0 ós 10 minutos. O partido podía ter rematado ahí, pero o DCM non o quiso así e cos trocos resucitou o equipo, e dende ese minuto 10 ata o final da primeira metade, dominou ó Hannover (que tiña vantaxe suficiente para permitirse defender e xogar a contra), e tras varias chegadas e ocasións os branquiazuis recurtarían distancias e marcharían ó descanso co 3-2 no marcador e moi metidos no encontro (os goleadores Quique e Emi).


O DCM saíu coa mesma intención na segunda metade pero tras errar un par de ataques, o Hannover volvería abrir distancias co 4-2. Os nósos tentaron recurtar pero xa non serían quen de facelo.Nos intres finais, o colexiado De la Cruz que tivo unha pésima actuación para ambos equipos inventábase un gol, tras unha parada en dous tempos de Jorge que nin estivo preto de traspasar a liña de gol. E posteriormente nunha xogada con algo de fortuna na que Jorge chegou a sacar ata tres veces o esférico acabaría tamén en gol deixando o resultado en 6-2.


Quedámonos co traballo do equipo que tentou non perder a cara ó encontro en ningún intre. Como diciamos o peor, as dúas tarxetas por protestas ó colexiado que supoñen prácticamente o límite posible para alcanzar o premio de campións de campións da deportividade.
Felicidades ó Hannover porque con esta victoria e se non erran os cálculos acabarán campións de inverno.


Na vindeira xornada os nósos reciben ó outro principal candidato ó ascenso co Hannover, La Casita, un rival que de novo será moi difícil de vencer, pero os nósos de seguro que tentarán sacar un resultado positivo.Ánimo DCM!!
Ata a vindeira semana! Un cordial saúdo

martes, 19 de enero de 2010

O DCM o mellor equipo local da liga

Aínda que en Vigo en Xogo non hai apenas diferenzas entre xogar como local ou coma visitante, o DCM ten un rendemento moi dispar cando xoga como local que cando xoga coma visitante. O Equipo DCM'ista conseguiu 15 dos seus 21 puntos en partidos xogados como local, onde gañou tódolos partidos agás un no que perdeu, e que foi a primeira xornada de liga fronte ó Parquets Eloy, dende ese partido o DCM non sabe o que é perder coma local. Pola súa banda o rendemento diminúe moito cando actúa coma visitante onde colectou tan so unha vitoria e tres empates, se ben é certo que disputou un partido menos que como local (5 fronte a 6). O DCM leva practicamente unha media inglesa, xa que gaña os seus partidos de casa e empata os de fora, o que lle fai estar na zona nobre da táboa clasificatoria.

Anécdotas á parte, cómpre destacar que trala xornada de onte, o Hannover está moi preto de proclamarse como campión de inverno, xa que chegaralle con gañar un dos dous partidos que lle quedan por disputar nesta primeira volta (aínda non descansou), xa que desta forma aínda que o Ponte a Pintar gañase tódolos seus partidos, como moito acadaría o empate a puntos co Hannover, quen de momento ten unha golaveraxe moito máis favorable (+39, mentres que o Ponte a Pintar ten un +0).

A clasificación segue a estar moi igualada, e grazas a vitoria deste fin de semana o Pizarro e o Bar Kuvi abren unha fenda na táboa clasificatoria respecto ó descenso, do que se afastan 4 puntos. Por último destacar que entre o segundo clasificado (o Ponte a Pintar) e o sétimo (o Pers United) tan so median 3 puntos, polo que os resultados dunha xornada poden variar completamente a composición da táboa clasificatoria.

lunes, 18 de enero de 2010

"Bo regreso á competición" DCM 4-2 FrutasNieves

O DCM regresou á competición ligueira tras un longo parón polas vacacións de nadal e tras cumplir a súa xornada de descanso e o fixo cunha importante victoria ante un complicado rival e que prantou cara ós nósos durante todo o encontro. O 2010 comeza con victoria.

Os branquiazuis levarían a iniciativa durante a primeira metade pero un inconmensurable gardamallas rival, evitaría o merecido gol local e nos últimos instantes do primeiro tempo, Frutas Nieves sacaba unha rápida contra dun saque de esquina dos dcmistas e marcaban o 0-1 co que se chegaría ó descanso.

Nos segundos 25 minutos, o partido igualouse máis todavía en posesión e ocasión, pero desta vez o DCM tería máis sorte de cara a porta rival e conseguiría empatar. Frutas Nieves púñase de novo por diante, pero o DCM lograba a igualada a 2-2 e os posteriores 3-2 e 4-2 xa preto do final do encontro.

3 puntos moi importantes para os nósos, xa que sempre é difícil rendir a bo nivel tras un parón tan longo e trala mala actuación na copa loiola. Agora a afrontar as dúas seguintes xornadas contra os dos primeiros clasificados da división, coa intención de plantarlles cara e arañar tódolos puntos posibles para manterse nas posicións de privilexio.

Felicitar ós nosos polo partido e a afección por arropalos unha vez máis.
Desculpade a racanería desta crónica pero comeza o periodo de exames e os nósos xornalistas terán a axenda apertada.

Un cordial saúdo

sábado, 2 de enero de 2010

Pésimo inicio de ano 2010 na copa Loiola


O DCM, subcampión da copa Loiola 2009, non estivo a altura e caeu na primeira eliminatoria directa. A fase de grupos tampouco foi mellor, e é que o equipo clasificouse 4º e foi derrotado en tódolos partidos "serios" desta liguiña.



“2009; UN ANO DE ENSOÑO”
Rematou o 2009. Un ano de ensoño para os nosos.
Non somos conscientes. Aínda non. Será o tempo o que nos faga valorar o feito este pasado ano ano. Conseguiuse un soño que comezou un 22/10/2006, co debut do DCM na liga Vigo en Xogo. Un ano no que o equipo só perdeu 2 partidos oficial de liga dos 17 desputados, con 11 victorias e 3 empates.
Un ano no que foi campión da 3ªC e no que foi o equipo menos goleado. Un ano no que desputouse o torneo de campións de Vigo en Xogo, algo que moi poucos poden conseguir.
Un 2009 que comezou co subcampionato na Copa Loiola, o mellor resultado histórico para estes xogadores.
Un ano de ensoño pero que xa rematou.



"BENVIDO 2010"
O equipo coma ven sendo habitual, recibíu o ano con todo o plantel, seareiros, directivos e demáis empregados reunidos na noitevella no restaurante espectáculo Etnias.
E como tamén é costume, o regreso ós terreos de xogo producíuse na tradicional Copa Loiola. Un torneo de gran prestixio e do que os nosos hoxe saíron vapuleados e coa sensación de non ter estado á altura. E é que o DCM só foi quén de vencer a Abejitas e a San Rafa, caendo derrotado amplamente no resto de compromisos ante rivais de certa entidade.
Aínda así conseguíuse a clasificación para a rolda final co 4º posto.
Pero na primeira eliminatoria, o Business encabezado por un portentoso Orly, mandou ós nósos para casa.

En definitiva, serio toque de atención o que comeza dando este 2010 a un equipo que vén dun ano fantástico o que pode levar á relaxación. Por iso, os nósos deben sacar algo positivo desta Copa Loiola e é que sen estar ó 100% quedou demostrado que o equipo non é quén de vencer a ninguén.




Sen máis, reciban un cordial saúdo e feliz 2010!!!