O DCM suma a segunda vitoria
consecutiva e semella deixar atrás as malas sensacións que
produciron as dúas derrotas deste tramo inicial da segunda volta do
campionato.
O equipo afianza con catro puntos de vantaxe a terceira praza que
recuperou a semana pasada tras dous traspés de Tap.Ouxo. Ademáis, o BarLuadaII, nunha profunda crise de resultados cede o liderado a Pan.TravesíaDeVigo; os nósos quedan a 7 e 8 puntos respectivamente dos primeiros clasificados.
O encontro desta 18ª xornada
desputouse no pavillón de Bembrive baixo a arbitraxe de Arango. Os
seareiros Dcmistas aproveitaron o bo horario (17:30horas do domingo)
e encheron os graderíos firmando unha das mellores entradas da
tempada.
Os nósos, saíron ben ao terreo de
xogo e ao igual que no encontro de ida aproveitaron os espazos para
trenzar boas xogadas e anotar tres goles antes do descanso. Serían
obra de Emi tras loitar con ímpetu un balón en área rival e con
asistencia de Xmon 0-1, de Davo tras boa acción personal 0-2 e Selu
tras fermosa acción combinativa con parede entre Vare e Emi e
asistencia do defensor dcmista para que anotase o outro compañeiro
de zaga 0-3.
No ámbito defensivo, o equipo estivo
correcto e a destacar unha gran parada de Jorge coa faciana xogándose
o físico.
Tralo descanso o partido semellaba
sentenciado, pois o rival, xusto de efectivos, acusaba o cansazo.
Pero nunha acción fortuita con rexeite do gardamallas dcmista que
petaba no brazo de Xmon, chegaría unha pena máxima que Endulco
transformaba 1-3. E instantes despois, erro de concentración e
segundo gol dos locais que soñaban coa remontada. 2-3.
Pero o DCM recuperou a calma e as
sensacións e impúxose de novo en xogo e no marcador, con algo de
fortuna, xa que anotou en dúas accións desafortunadas para o
gardamallas e a defensa do Endulco. Ambos tantos correron a cargo de
Emi.2-4 e 2-5.
Nos intres finais e co DCM xa relaxado os locais maquillaron o resultado co 3-5 definitivo.
Na vindeira semana o equipo enfrontarase a Explanada, un equipo que aínda que se atopa situado na metade da táboa, é o conxunto menos goleado da categoría, polo que será un difícil exame para os Dcmistas.
Ata entón reciban un cordial saúdo!
Nos vindeiros días poderán disfrutar das fotografías do encontro no enlace que lles será facilitado a través do chat deste blog; desta vez, instantáneas que temos que agradecer a CarGil.